Noticias

Un Pasaporte Xacobeo para o Ano Santo

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, traballa na edición dun pasaporte Xacobeo co que obter descontos nos establecementos situados nas vilas e cidades polas que discorren as rutas a Santiago de Compostela. Este documento, dirixido aos peregrinos, permitirá que os establecementos adheridos á promoción ofrezan descontos nos seus produtos e servizos susceptibles de ser adquiridos ou consumidos polos camiñantes. Poderán sumarse a esta iniciativa todo tipo de negocios, servizos dirixidos aos peregrinos relacionados ou non co sector hostaleiro ou de transportes.

Cada establecemento será o encargado de fixar o desconto que quere facer. Neste caso, a Consellería de Cultura e Turismo actúa como coordinadora e animadora da iniciativa para que todos os sectores interesados participen na mesma. O pasaporte poderá recollerse nos albergues, cadeas hoteleiras, e establecementos dos axentes que colaboren co Xacobeo 2010.

A Secretaría Xeral para o Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xa ten iniciados contactos coas asociacións de empresarios e máis do sector para pór en marcha a iniciativa e agárdase que dinamice a demanda turística fóra da tempada alta. O obxectivo é desestacionalizar o turismo no Ano Santo 2010, por iso se pretende que o pasaporte Xacobeo estea activo entre xaneiro e marzo e mais entre outubro e decembro do vindeiro ano. Así mesmo, como a iniciativa afecta a todos os Camiños de Santiago que discorren polas catro provincias galegas, o pasaporte contribuirá a deslocalizar o turismo e fomentar o consumo nas localidades galegas polas que pasan os Camiños a Santiago.

R., 2009-08-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES