Noticias

Santiago de Compostela acogerá en 2010 una conferencia transnacional del programa AT Clusters

Coincidiendo con la celebración del Xacobeo 2010, la capital de Galicia, Santiago de Compostela, acogerá una conferencia transnacional del programa AT Clusters liderado por el Igape y destinado a favorecer la cooperación entre los clusters del Espacio Atlántico, interconectándolos para facilitar su desarrollo a nivel europeo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia:

A través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e das súas sociedades, a Consellería de Economía e Industria está a conectar o tecido empresarial galego co europeo, na procura de favorecer a mellora competitiva e a internacionalización das empresas galegas. Mediante proxectos como AT-Clusters, Bioemprende, AT-Venture ou Galactea Plus, o Igape e as súas sociedades participadas, BIC Galicia e Xesgalicia, están a impulsar o desenvolvemento competitivo das empresas e clusters galegos no exterior.

O proxecto AT-Clusters, aprobado na convocatoria do programa europeo Espazo Atlántico de Cooperación Transnacional, está destinado a promover a cooperación entre os clusters que están asentados ou en proceso de creación no Espazo Atlántico e interconectalos para facilitar o seu desenvolvemento a nivel europeo e internacional. Liderada polo Igape, esta iniciativa busca axudar aos clusters a seren mais dinámicos e apoiar o intercambio de boas prácticas, ademais de explorar a posibilidade de construción de meta-clusters capaces de asentar lazos de cooperación entre ás empresas mais dinámicas das distintas rexións participantes. Está previsto que remate en 2011.

Xunto co Igape, que exerce de xefe de fila, participan como socios neste proxecto a Sociedade para o Desenvolvemento Rexional de Cantabria (Sodercan); A South West Regional Authority de Cork (Irlanda); o Instituto de Desenvolvemento do Principado de Asturias (Idepa); a Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave (Portugal); e a sociedade Bretagne-Innovation, de Rennes (Francia). O proxecto, que celebrou o encontro de lanzamento en Santiago, no pasado mes de marzo, permitirá incrementar a capacidade dos clusters para ofrecer servizos eficientes aos seus integrantes e contribuír, así, ao seu desenvolvemento, modernización, innovación e internacionalización. AT Clusters contribuirá, do mesmo xeito, a fortalecer a cooperación entre clusters baseados no coñecemento no Espazo Atlántico, para incrementar a súa competitividade no mercado global.

Na reunión desenvolvida polos socios de AT Clusters en Santander, no pasado mes de xullo, constaouse a boa marcha do proxecto. Unha das decisións máis relevantes foi a referida á organización dunha Conferencia Transnacional en Santiago, en febreiro de 2010, coincidindo con Xacobeo, onde se poderá contar coa participación de diversos organismos internacionais que están a traballar na materia co mesmo fin que os socios de AT Clusters. Os socios quedaron emplazados para un novo Comité o próximo mes de outubro en Irlanda.

Outro exemplo significativo de cooperación trasnacional está no proxecto Bioemprende, orientado a promover o emprendemento biotecnolóxico no espazo transfronteirizo de Galicia e Norte de Portugal. Este proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal está impulsado e dirixido pola sociedade do Igape BIC Galicia. Ten como finalidades as de promover vínculos entre todos os axentes implicados no sector biotecnolóxico, mellorar a capacidade emprendedora, identificar oportunidades de negocio e xerar sinerxías que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico na eurorrexión. Participan entidades como a Fundación Universidade de Vigo, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Bic Minho, e o Instituto Empresarial do Minho. O primeiro foro transfronteirizo de biotecnoloxía organizado neste marco de cooperación xuntou en Vigo, no pasado mes de xuño, a máis de 250 emprendedores e investigadores.

No Igape estímase que a colaboración é o mellor instrumento para que as empresas galegas poidan sumarse a proxectos de innovación nun ámbito internacional e contando co apoio da Unión Europea. Por iso, o instituto apoia tamén iniciativas como o Proxecto de cooperación para a innovación empresarial internacional, financiado polo Igape e dirixido tamén por BIC Galicia, que ten por obxecto propiciar que as 13 empresas participantes, todas elas pemes galegas de carácter innovador, poidan unirse a consorcios internacionais para participar e beneficiarse de programas de cooperación tecnolóxica internacional, como o 7º Programa Marco de I+D da Unión Europea.

O Igape e Xesgalicia, a sociedade xestora de fondos de capital risco da Xunta, están tamén implicados actualmente no proxecto AT Venture, que ten como obxectivo principal facilitar o acceso das Pemes de cada Comunidade ou rexión europea participante ás sociedades de Capital Risco e aos programas de Emprendedores, así como atraer a novas empresas de Capital Risco que faciliten ás pemes o acceso a financiamento. Participan institucións e entidades de desenvolvemento de Portugal, España, Irlanda e Escocia.

Por outra banda, cómpre lembrar que o Igape dispón xa de diferentes apoios á internacionalización a través da cooperación. En concreto, dentro das axudas, son liñas de apoio á colaboración internacional dos diferentes sectores industriais as destinadas a proxectos de cooperación para a internacionalización, para proxectos cuxa finalidade sexa a análise das posibilidades de cooperación de forma estable no eido internacional; e as destinadas a apoiar a prospección e primeira implantación comercial conxunta no estranxeiro (PLAN PRIMEX). Este tipo de apoio xurde coa finalidade de promover que as empresas galegas colaboren nun obxectivo común: acceder a novos mercados no exterior con ofertas complementarias. Ademáis destas dúas axudas específicas para o apoio a colaboración internacional, o Igape concede axudas para organismos intermedios fomentando as accións de forma coordinada e conxunta en materias como a elaboración de estudos de mercado internacionais, a participación en eventos expositivos internacionais, as misións empresariais directas, inversas ou tecnolóxicas.

Ademais de impulsar a dinamizar a Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega, unha plataforma telemática para promover alianzas estratéxicas e colaboración entre empresarios de orixe galega asentados en calquera país do mundo, o Igape tamén está integrado no proxecto Galactea Plus (Enterprise Europe Network), o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países. Entre os seus servizos está a promoción da cooperación empresarial: xestión e difusión de ofertas e demandas comerciais, procura de socios, promoción de encontros empresariais e información sobre mercados europeos.

R., 2009-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES