Noticias

El presidente de la Xunta asegura que la negociación sobre la financiación autonómica empieza ahora

El presidente de la Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, ha afirmado que la negociación empieza ahora» para Galicia, después de la propuesta realizada ayer por el Gobierno central de elevar a más de 11.000 millones los recursos adicionales para la financiación autonómica. Nuñez Feijoo explica que el Gobierno gallego se encuentra «evaluando» la propuesta planteada por la ministra de Economía y matizó que «otras Comunidades ya celebraron» los fondos obtenidos porque conocieron antes el documento.

El presidente de la Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, ha afirmado que la negociación empieza ahora» para Galicia, después de la propuesta realizada ayer por el Gobierno central de elevar a más de 11.000 millones los recursos adicionales para la financiación autonómica. Nuñez Feijoo explica que el Gobierno gallego se encuentra actualmente «evaluando» la propuesta planteada ayer por la ministra de Economía, Elena Salgado, y matizó que «otras Comunidades ya celebraron» los fondos obtenidos, puesto que «ya tenían ese documento desde hace tiempo».

El presidente gallego añade que seguirá «trabajando en la negociación», hasta el momento en el que se cierra el plazo para presentar alegaciones, y prometió que informaría de esta negociación a los representantes de PSdeG y BNG antes del Consejo de Política Fiscal y Financiera.

Nuñez Feijóo asistió a una reunión con representantes de la Federación Gallega de Municipios y Provincias (Fegamp), tras la cual afirmó que a los Ayuntamientos gallegos «les interesa la dispersión y el envejecimiento» y no «los egoísmos de otros territorios».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Facenda de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Facenda asegura que a proposta de financiamento autonómico remitida polo Goberno central non ten en conta a variable emigración; non mellora a variable dispersión, a que máis peso ten en Galicia porque concentra a metade das entidades singulares de España; e a evolución do modelo compromete o financiamento da comunidade dos vindeiros anos.

Facenda estima que faltan máis de 150 millóns de euros para que o novo modelo cumpra o acordo parlamentario unánime de Galicia, pois segundo os cálculos deste departamento autonómico, Galicia contará cun 5,4% dos fondos adicionais, fronte ao 7,1% que demanda a Cámara para non perder posicións relativas.

Ademais, lamenta que por primeira vez en España a solidariedade interterritorial quede limitada, o que beneficia a aqueles territorios que teñen maior capacidade fiscal. Así, lembra que Galicia pedía que o Fondo de Garantía de Servizos Fundamentais contase co 85% dos recursos tributarios, mentres que o modelo establece só o 75%, quedando a disposición das comunidades autónomas o 25% restante.

A consellería critica que o abuso da variable poboación, tanto no modelo básico como nos fondos adicionais, prexudica a Galicia na posición de saída e, sobre todo na evolución do modelo. Ademais, engade que esta comunidade non se verá beneficiada polo fondo de baixa densidade poboacional e non participará no de competitividade.

Neste senso, Facenda apunta que o fondo de competitividade, ao repartirse por pobación axustada, beneficia a Cataluña; e o de cooperación, ao facerse por pobación real, favorece a Andalucía. O departamento autonómico engade que, pola contra, a Galicia, que vai participar no fondo de cooperación, convenlle a repartición por poboación axustada.

Asemade, o departamento que dirixe Marta Fernández Currás sinala que non está prevista ningunha garantía en servizos públicos fundamentais, mentres que si se prevé unha garantía na evolución do fondo de competitividade, o que beneficia ás comunidades máis ricas.

En canto aos fondos para dependencia, a consellería denuncia que se atende ao número de persoas recoñecidas como dependentes a 1 de abril de 2009, pois entende que o que se debera reflectir é a poboación potencialmente dependente. A Xunta subliña que este criterio prexudica claramente a Galicia e beneficia a Andalucía.

Facenda expresa o seu profundo rexeitamento á forma en que ten levado este proceso o Goberno central e critica que comunicase o borrador do modelo, que tardaron en elaborar máis de seis meses, un domingo ás cinco da tarde, sen cifras e practicamente sen prazo para facer alegacións.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

A oferta de financiamento feita polo Goberno do Estado á Xunta revela que “en termos políticos Galiza xa está en Segunda División”, afirmou en rolda de imprensa o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
“Pasamos de estar en Primeira División, como nacionalidade histórica, a estar agora onde estamos, relegados á Segunda División e cun financiamento totalmente inadecuado para as nosas necesidades”, avaliou o portavoz nacional.

Para retornar a Primeira División, Galiza debería dotarse dun Novo Estatuto que fixase un “teito competencial non menor ao de Catalunya” e debería ter tamén un modelo de financiamento adecuado ás súas necesidades. “O Café para todos non nos serve de nada. Co 50 por cento de cesión dos tributos estatais outras comunidades autónomas acceden á plena suficiencia financeira, pero Galiza non. Galiza precisa cando menos o 82 por cento de cesión. Iso é o que debería estar defendendo a Xunta de Galiza e en nengún caso fai”, engadiu.

“Mentres outras comunidades autónomas fixeron os seus deberes, o goberno galego, sen o respaldo dun Novo Estatuto que si aprobaron outros, estivo sempre á defensiva, sen facer nengunha proposta concreta e sen ter nengún protagonismo relevante”, aseverou o líder do nacionalismo galego.

“Dixemos desde o principio que Galiza sairía mal parada e que o Goberno Feijóo lle acabaría botando a culpa de todo a Catalunya. Así foi. Por certo, tamén lla podería botar a Madrid, Andalucía ou Valencia”, indicou. O problema non está nesas comunidades autónomas, “que se limitaron a facer os seus deberes e a reclamar o que consideraban xusto, senón en que “o Goberno galego non fixo propostas concretas nen tivo a capacidade de levar a iniciativa”.

A perguntas dos xornalistas nunha rolda de imprensa, o portavoz nacional cualificou de “inconcreta e oscurantista” a oferta do Goberno estatal. “En todo caso, se son certas as cifras que se barallan, sobre os 11.000 millóns de euros que pon o Goberno sobre a mesa Galiza obtería tan só o 5,4 por cento e, sobre o montante global, o noso país apenas alcanzaría o 6,5 por recursos totais”.

Reiterou que para que Galiza “non perda posicións” o noso país debe acceder ao 7,8 por cento dos recursos totais do sistema de financiamento. “Isto supón que deberíamos incrementar os recursos en arredor de 1.600 millóns de euros, unha cifra da que, por certo, se sitúa ben perto os 1.300 millóns de euros dos que ten falado en diversas entrevistas a conselleira de Facenda do Goberno aglego”, alegou.

Guillerme Vázquez quixo deixar claro que o BNG “votará en contra” desta reforma do financiamento no Congreso dos Deputados e fixo un chamamento á sociedade galega a que “se mobilice en defensa dun financiamento xusto”.

Reunión del presidente de la Xunta con la Fegamp: O presidente da Xunta anuncia que agora o Pacto Local terá na Xunta un interlocutor único

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que, de agora en diante, o Pacto Local terá un único órgano de interlocución co Goberno galego, e comprometeuse a consensuar cos concellos galegos as modificacións da Lei do Solo. O mandatario galego avanzou a mobilización dunha partida adicional de un millón de euros para o Fondo de Cooperación Local destinada a aliviar os problemas de gasto dos concellos con menos poboación. Estes foron os principais compromisos acadados polo titular da Xunta na xuntanza que esta mañá mantivo coa Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e que supón “o inicio dunha nova relación coa FEGAMP baseada na lealdade, na información e na transparencia”.

Feijóo, que compareceu ante os medios xunto co presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, subliñou que o “principio de lealdade mutua” presidirá as relacións entre a Xunta e a organización dos concellos nesta lexislatura. Nesa liña, Feijóo expresou o seu compromiso de “cumprir o Pacto Local que acabamos de herdar, e de cumprilo nun contexto de respecto, lealdade e transparencia coa Administración local”.

Nas súas declaracións, o xefe do Goberno galego detallou que na xuntanza se acordou acabar co anterior sistema, en que o Pacto Local contaba cunha comisión de seguimento por cada consellería, a unha nova etapa na que haberá unha “única interlocución”. Será, explicou, a través dunha comisión de seguimento que se reunirá con periodicidade bimensual e que presidirá o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa incorporación de distintos membros da Xunta. Isto permitirá e evitar que os concellos “teña que peregrinar polas distintas consellerías e ver se e capaz de chegar a acordos cos distintos conselleiros”.

Esta nova modalidade de relacións responde, segundo Feijóo, ao “principio de unidade política e de unidade de negociación”, algo que “queda blindado nesa única comisión permanente de negociación do Pacto Local e das cuestións derivadas”.

Destacou tamén o presidente galego ao decisión do Goberno galego de “facer un esforzo dentro do Plan de Austeridade da Xunta” para modificar o destino dunha partida inicialmente prevista para outro tipo de subvencións e dedicalas a incrementar o Fondo de Cooperación Local con un millón de euros. Trátase, dixo, dunha partida “modesta” pero que axudará a aos concellos máis cativos, con poboación escasa e dispersa, para que “poidan chegar a fin de mes e conten cunha contía que alixeire os seus problemas de gasto corrente”.

O titular da Xunta expresou a vontade do Goberno galego a “intentar consensuar, de común acordo coa FEGAMP, todo o bloque de lexislación urbanística” que se acometerá nos vindeiros meses. Nese marco, apuntou que a Xunta traballará conxuntamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias na modificación urxente da Lei do Solo de acordo co documento base que ese organismo lle remitira xa ao anterior Executivo autonómico.

Feijóo avanzou a previsión de que o Consello da Xunta do vindeiro 6 de agosto, o último antes do descanso estival, aprobe o proxecto de lei de modificación da Lei do Solo, co obxectivo de que entre no Parlamento galego e sexa aprobada no seguinte período de sesións. Deste xeito, a Xunta conseguirá que “no ano 2010 teñamos unha Lei do Solo que permita vivir no rural de forma ordenada, edificar no rural de forma transparente, e que permita concentrar a poboación no entorno das aldeas e núcleos evitando dispersión e evitando bloqueo de calquera tipo de construción no ámbito rural”.

Ademais, o presidente da Xunta comprometeuse coa FEGAMP a “modificar por consenso as normas do hábitat” e a “trasladar de forma permanente información aos concellos sobre a Lei do Litoral e sobre as Directrices de Ordenación do Territorio”.

Finalmente, o xefe do Executivo autonómico remarcou o compromiso da Xunta de “desbloquear” os traspasos pendentes da titularidade dos centros de saúde, ata acadar o obxectivo de 50 entre 2009 e 2010, así como avanzar na asunción dos gastos de limpeza dos centros educativos.

Fotografía: reunión con el Comité Ejecutivo de la Fegamp

R., 2009-07-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (educacion-infantil-.jpg) Galicia reforza por terceiro curso consecutivo o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e achégase ao 65 %, máis de 15 puntos por riba da media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar hoxe o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Deste xeito, Galicia segue sendo a comunidade autónoma onde máis familias poden acudir a unha escola infantil totalmente gratuíta. As cifras oficiais revelan que Galicia rexistrou no curso 2024-2025 unha taxa do 64,3 % de escolarización, máis de catro puntos por riba do 60,6 % acadado no período anterior. Esta porcentaxe mantén á comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) No marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vénse de activar o nivel 1 de alerta a diversas áreas da comunidade autónoma por episodio de calor. Meteogalicia informa que a partir da xornada do venres 27, as altas presións volverán localizarse ao norte da península Ibérica, achegando unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Isto fará que as temperaturas experimenten significativos ascensos, tanto nos valores mínimos como nos máximos. Este ascenso de temperaturas comezará a notarse desde ese mesmo día, cando en moitos puntos de Galicia se superarán os 30ºC, e mesmo os 35ºC, en puntos do interior.

Notas

A Universidade de Santiago acolleu o acto de constitución da Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial, que nace con vocación interdisciplinar e transversal ao integrar máis de cen investigadoras e investigadores de todo o Estado interesados nos aspectos ontolóxicos, conceptuais, epistemolóxicos, éticos, políticos e sociais da IA. A sesión constitutiva tivo lugar na propia Facultade, cuxo decano Xavier Donato é promotor desta iniciativa que fixará a súa sede en Compostela e que organizará o primeiro congreso nacional de filosofía da IA.
Do 26 ao 28 de setembro, o concello ourensán de Lobios acollerá o Xurés 2025, que aglutina a celebración do IV Seminario Internacional de Educación Social, a IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social e o festival musical Xurés Son. A cita, o maior encontro internacional de profesionais da educación social, está promovida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e coordinada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES