Noticias

La Xunta de Galicia reorientará unos 1.300 millones de euros de los presupuestos para afrontar la crisis y crear 20.000 nuevos empleos

La Xunta reorientará un total de 1.224 millones de euros de las cuentas aprobadas por el bipartito -un 11% del presupuesto autonómico- con el objetivo de "dinamizar" la economía gallega y "abrir el camino" para superar la crisis. Así lo confirmó tras el Consello semanal de la Xunta el jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, quien avanzó, además, que esta "reordenación" de créditos permitirá la creación de 20.000 nuevos empleos en Galicia.

La Xunta "reorientará" un total de 1.224 millones de euros de las cuentas aprobadas por el bipartito -un 11% del presupuesto autonómico- con el objetivo de "dinamizar" la economía gallega y "abrir el camino" para superar la crisis. Así lo confirmó este jueves el jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, quien avanzó, además, que esta "reordenación" de créditos permitirá la creación de 20.000 nuevos empleos en Galicia.

En la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, el máximo mandatario gallego explicó que éste será el importe con el que estará dotado el comprometido plan de choque contra la crisis, que la conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, presentó al conjunto del Gobierno gallego y cuyo contenido se pondrá a disposición de los sindicatos y de la patronal gallega. En concreto, este plan incluye 40 medidas de dinamización económica en torno a cuatro líneas de actuación, que son el fomento de empleo, la promoción de la productividad y del tejido industrial, el apoyo a las familias y otras medidas sociales y operaciones de finaciación para "mejorar" la liquidez de las empresas.

En esta cantidad estarán incluidos los 144 millones resultantes del plan de austeridad que el Gobierno gallego puso en marcha cuando tomó posesión hace algo menos de cien días. Con esta medida, el presidente de la Xunta indicó que se trata de dinamizar la economía gallega tratando de impedir la disminución de la actividad productiva, apoyar la liquidez de las empresa, «apuntalar» el empleo, y asegurar liquidez para aquellas personas que han agotado ya las prestaciones que tenían por desempleo.

Núñez Feijoo explicó que el plan incidirá principalmente en el fomento del empleo, apoyando la contratación directa trabajadores con la prestación por desempleo agotada, activando planes de formación y recolocación.
El presidente a estas medidas se destinarán 178 millones de euros y que incidirá sobre unos 44.500 trabajadores actualmente sin trabajo. Otro de los propósitos de la medida del Ejecutivo gallego será fomentar la productividad industrial, para lo que se reorientarán 938 millones de euros. Núñez Feijoo explicó que esta cantidad podría incentivar la creación de 20.000 puestos de trabajo. Para inversiones en infraestructuras el plan de reordenación prevé dedicar 644 millones de euros, principalmente en obras hidráulicas, carreteras y puertos

El plan contempla también 113 millones para la dinamización del medio rural, 172 millones para'otras actividades sectoriales de fomento industrial y 8,2 millones para competitividad. Otro de los apartados del plan de choque atenderá a la liquidez de las empresas y a apoyar a las familias reduciendo impuestos. Sobre estos aspectos, explicó el máximo mandatario gallego que se destinarán recursos adicionales para pagas de cuidador en el marco de la Ley de Dependencia por importe de 27,7 millones de euros, que se sumarán a otra cantidad similar que aportará el Gobierno central. Asimismo, indicó que se destinarán 7 millones de euros para hacer efectiva la reducción del impuestos de transmisiones patrimoniales y actos jurídicos de documentados para la adquisición de una vivienda por personas menores de 36 años y familias numerosas, y 0,7 millones para apoyar la movilidad geográfica de los trabajadores.

Como planes complementarios, el presidente gallego explicó que se dedicarán 72 millones de euros para facilitar la liquidez de las empresas y para apoyar los sectores de la automoción y financiación de las pymes.
Núñez Feijoo afirmó que este plan de choque «no va a solucionar la crisis, pero ayudará» a luchar contra ella. El Gobierno autonómico presentará a la patronal y a las centrales sindicales las medidas adoptadas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha dun plan de choque para loitar contra a crise e dinamizar a economía galega dotado con 1.300 millóns de euros para este segundo semestre do ano. Deste xeito, explicou o titular do Goberno galego, cúmprese cun compromiso adquirido para os 100 primeiros días de mandato, activado cunha “tripla hélice: loitar contra o desemprego, impulsar a economía produtiva e apoiar ás familias e achegar liquidez ás empresas”.

O máximo mandatario autonómico fixo este anuncio na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que hoxe lle deu luz verde ao borrador do Plan, documento que o Goberno galego lle trasladará mañá á patronal e aos sindicatos para que, cumpridos “contactos e os contrastes”, volva ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva. Deste xeito, engadiu, cumprirase con que “o Goberno non se vaia de vacacións sen pechar o Plan de choque fronte á crise económica nos 100 primeiros días do seu mandato”.

Na súa comparecencia ante os medios, o presidente galego explicou que se trata de buscar “instrumentos para loitar contra esta situación”, logo de coñecer onte os avisos de que ”España, de seguir por esta senda económica, pode ser o último país en saír da crise económica”. Polo tanto, para Feijóo, “se este plan é necesario, hoxe é máis urxente que nunca”.

O xefe do Executivo autonómico detallou que o Plan de choque é resultado da “reordenación dos créditos da Xunta de Galicia que afectan a máis do 11% dos Orzamentos da Comunidade”, e que, na súa contía de 1.300 millóns inclúe os 144 millóns de euros do Plan de austeridade aprobado en anteriores Consellos de Goberno. Como dato ilustrativo, Feijóo informou de que o Plan E da Administración do Estado supuxo “reordenar créditos por un valor do 2% do presuposto”.

Tripla hélice: emprego, economía produtiva, e apoio a familia e empresas
O fomento do emprego, e, especialmente, a atención a aqueles parados aos que se lles esgotou a prestación, é un dos obxectivos prioritarios do Plan de choque, salientou o máximo mandatario galego, quen concretou medidas en catro eidos: contratación directa de traballadores que teñen esgotada a prestación por desemprego, fomentar o emprego de persoas que remataron esta prestación, plans de formación e recolocación de traballadores desempregados. “En total trátase dun investimento de178 millóns de euros que están destinados a 44.500 traballadores en paro”, subliñou.

No tocante ao fomento da produtividade do tecido industrial, o presidente da Xunta remarcou que se suporá un investimento de 938 millóns de euros, que se repartirán entre infraestruturas (644 millóns de euros), na dinamización do medio rural (113 millóns de euros) e noutras actuacións sectoriais de fomento industrial (por 172 millóns de euros), e o fondo de competitividade (8,2 millóns de euros).

Feijóo apuntou que, “seguindo a estatística dos economistas, segundo a cal de cada 9.000 euros se dinamiza un posto de traballo”, os 938 millóns que investirá a Xunta suporán “dinamizar ou inducir 20.000 postos de traballo”.

O titular da Xunta remarcou tamén a importancia dos fondos destinados ao apoio ás familias e a achegar liquidez ás empresas, e indicou que se cumprirá o compromiso de destinar fondos adicionais para cubrir as pagas do coidador establecidas pola Lei da dependencia. O Plan de choque do Goberno investirá 27,7 millóns de euros neste fin, o que supón “achegar máis de 50 millóns de euros á aplicación da Lei da dependencia”, porque o 50% o asumirá o Estado.

Neste capítulo está recollida tamén a medida xa adoptada de reducir os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para vivendas de menores de 36 e familias numerosas, o que supón unha inxección real de 7 millóns de euros. O presidente do Goberno galego avanzou tamén a existencia de iniciativas para facilitar “a mobilidade xeográfica dos traballadores, dotadas con 0,7 millóns de euros”, xunto “cunha serie de plans complementarios” , como son “o despregamento de recursos para facilitar liquidez das empresas, por 72 millóns de euros”. Engadiu que investir 72 millóns de euros supón “inducir un investimento de 144 millóns de euros”, segundo as estimacións habituais.

“Estes 1.300 millóns de euros non van solucionar a crise, pero son unha ferramenta para loitar contra a crise”, afirmou o titular da Xunta, remarcando que ese debe ser o principal obxectivo de todos os gobernos, xa que “a crise é sinónimo de paro, de desemprego e de desmoronamento da economía”.

Na xuntanza, o Consello da Xunta tamén abordou o proxecto de lei de modificacións puntuais da lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a coñecida como Lei do solo. Trátase, indicou Feijóo, “dun borrador da modificación parcial e urxente da Lei do Solo” que será entregado á Federación Galega de Municipios e Provincias o vindeiro luns.

O presidente indicou que esta medida nace “do documento remitido por unanimidade da Fegamp á Xunta de Galicia” co obxectivo, abondou, “de desbloquear determinadas construcións no ámbito rural evitando, ao mesmo tempo, dispersións e concentrando as edificacións nos núcleos rurais”. Polo tanto, apostilou, “avanzamos nese dobre compromiso de buscar o equilibrio, de diminuír a dispersión e facilitar a construción no ámbito rural. Ese equilibrio é o que se persegue con este proxecto e ese proxecto está claramente orientado e claramente imbuído das propostas unánimes dos concellos de Galicia, trasladadas xa na anterior lexislatura á Administración autonómica”, agregou.

Para acadar este obxectivo, a Xunta crea dúas novas tipoloxías de “núcleo rural” co fin de “achegarse ao territorio e á tradición da construción ben feita, da arquitectura tradicional galega e para buscar desbloquear algúns problemas onde xa hai bastantes problemas como é o ámbito rural”, en palabras de Feijóo. Así, amplíanse a catro os tipos de “núcleos rurais”: ademais do núcleo rural histórico tradicional e do núcleo rural consolidado, establécese o núcleo rural non consolidado e o núcleo rural complexo. Trátase, segundo relatou o presidente da Xunta, de “facilitar as denominacións e as ampliacións dos núcleos rurais co compromiso de que esa facilidade supón que as edificacións se farán nos contornos dos núcleos rurais”.

Segundo explicou o mandatario galego, a modificación analizada hoxe no Consello da Xunta tamén pretende ofrecer unha tramitación “áxil” e pasar de “posturas paternalistas á colaboración leal cos concellos”. Así, a Administración autonómica comprométese a rebaixar nun terzo o tempo para emitir informes. “A administración autonómica rebaixa de tres meses a dous o prazo máximo para emitir informes de planeamento salvo informes de aprobación definitiva dun plan xeral de ordenación urbana”, subliñou o mandatario galego engadindo que a Xunta tamén asume o compromiso de que a avaliación ambiental e a avaliación urbanística se fagan nun único informe.

De igual xeito, con esta modificación da Lei do Solo, a Xunta “fai un acto de recoñecemento aos concellos galegos, delegando nas administracións locais determinadas concesións de licenzas para ampliar naves e estabulacións”. Porque, aseverou Feijóo, neste momento de crise do sector lácteo e de crise no sector agrario, no sector primario, o mínimo que se pode facer é axudar e o mínimo que se pode facer é substituír certas parálises que se estiveron dando nestes sectores por unha axilidade e unha confianza no desenvolvemento rural, delegando nos concellos as licenzas para ampliación de naves e de estabulacións”, aseverou.

Por último, Feijóo indicou que, unha vez que sexa pactado coa Fegamp, o proxecto de lei de medidas urxentes da Lei do Solo será remitido ao Parlamento galego. O mandatario autonómico lembrou que esta medida “era un compromiso dos 100 primeiros días, que hoxe o Consello da Xunta aproba para iniciar a negociación coa Fegamp, cos concellos galegos no mes de xullo co obxectivo de que en setembro poidamos pechar o texto, remitilo ao CES e posteriormente que poida entrar no Parlamento”, algo que o presidente da Xunta espera que suceda no mes de outubro ou de novembro.

Polo tanto, “imos axeitar a normativa á realidade do rural galego; imos facilitar o asentamento poboacional no rural; imos tentar que diminúa o abandono poboacional do rural; imos evitar a dispersión, concentrando a poboación no contorno dos núcleos rurais; e imos a facilitar a construción rural, pero nos núcleos rurais. E todo isto feito en base a principios urbanísticos e de calidade urbanística”, concluíu o mandatario autonómico ao respecto.

Ademais, o Consello da Xunta autorizou na súa sesión a redacción dun Plan de actuación sociosanitario. Este proxecto, que buscará unha coordinación efectiva entre a atención sanitaria e a social, será elaborado por un equipo de traballo que integrará a tres representantes da Consellería de Sanidade, tres da Consellería de Traballo e Benestar e dous expertos de recoñecido prestixio. O grupo encargarase de definir aos destinatarios do programa, elaborar un mapa de recursos sociosanitarios da comunidade e marcar os obxectivos a acadar.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o plan é necesario porque “no Goberno somos conscientes de que hai moitas camas hospitalarias que poden ser camas sociosanitarias e tamén de que podemos mellorar as listas de espera se distribuímos correctamente as patoloxías”. As actuacións que recollerá o proxecto permitirán mobilizar con maior eficiencia os recursos sanitarios e sociais, o que conducirá a un maior aproveitamento das camas hospitalarias e á redución das listas de espera. Con esta mellor distribución, un paciente que se defina como sociosanitario deixaría a súa cama libre para os enfermos que realmente teñan unha patoloxía aguda, para aqueles que realmente necesiten unha intervención ou unha proba diagnóstica médica.

En palabras de Núñez Feijóo, con este Plan de Actuación Sociosanitaria “agora xa as políticas de benestar e as políticas de sanidade teñen o mesmo liderado”.

O presidente da Xunta destacou a aprobación hoxe polo Consello dun Plan de medidas urxentes en materia de tecnoloxías da información e das comunicacións, o coñecido “Plan de medidas urxentes das TIC”. Feijóo lembrou que as tecnoloxías da información e da comunicación son unha competencia directa do presidente da Xunta, polo que este Plan deseña “unha estratexia única para todas as dependencias e todas as entidades que conforman a Administración autonómica”.

O obxectivo deste Plan, dotado con 8 millóns de euros para o que queda de ano 2009, é, segundo o presidente, “centralizar as compras, tanto de máquinas como de programas informáticos”, así como unificar “estratexias de crecemento e estratexias sobre tecnoloxías da información”. Todo isto desde a “aspiración real de que a Administración, ao final da lexislatura funcione on line, que sexa unha administración á que se poida achegar desde calquera casa a través dun ordenador”, afirmou o xefe do Goberno galego, quen se referiu ademais ao obxectivo de que “haxa realmente unha ventanilla única”.

Para o xefe do Executivo autonómico, este Plan é “un complemento perfecto a un plan de austeridade, o non mover papeis, non utilizar gastos innecesarios, e poder dirixir o Goberno internamente, pero sobre todo poder dirixirnos aos cidadáns, sen papeis, a través da tecnoloxía”.

Ao mesmo tempo referiuse á necesidade de solucionar “problemas críticos” na Administración de Xustiza, e avanzou que nas próximas semanas o Consello aprobará un plan de medidas urxentes en materia de tecnoloxía nese campo, ao tempo que anunciou a configuración dun “plan de telecomunicacións único para todas as dependencias e todas as administracións que conforman a Administración autonómica”.

Finalmente, Alberto Núñez Feijóo remarcou que o Goberno galego deseñará unha “estratexia global” que dará a coñecer no ano 2010 e que será “a guía permanente en materia de tecnoloxías, cun único criterio por parte de toda a Xunta”. O obxectivo, resaltou, é “conseguir realmente que a Administración autonómica sexa a administración máis informatizada e máis tecnolóxica de todas as administracións autonómicas”.

R., 2009-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (educacion-infantil-.jpg) Galicia reforza por terceiro curso consecutivo o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e achégase ao 65 %, máis de 15 puntos por riba da media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar hoxe o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Deste xeito, Galicia segue sendo a comunidade autónoma onde máis familias poden acudir a unha escola infantil totalmente gratuíta. As cifras oficiais revelan que Galicia rexistrou no curso 2024-2025 unha taxa do 64,3 % de escolarización, máis de catro puntos por riba do 60,6 % acadado no período anterior. Esta porcentaxe mantén á comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) No marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vénse de activar o nivel 1 de alerta a diversas áreas da comunidade autónoma por episodio de calor. Meteogalicia informa que a partir da xornada do venres 27, as altas presións volverán localizarse ao norte da península Ibérica, achegando unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Isto fará que as temperaturas experimenten significativos ascensos, tanto nos valores mínimos como nos máximos. Este ascenso de temperaturas comezará a notarse desde ese mesmo día, cando en moitos puntos de Galicia se superarán os 30ºC, e mesmo os 35ºC, en puntos do interior.

Notas

A Universidade de Santiago acolleu o acto de constitución da Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial, que nace con vocación interdisciplinar e transversal ao integrar máis de cen investigadoras e investigadores de todo o Estado interesados nos aspectos ontolóxicos, conceptuais, epistemolóxicos, éticos, políticos e sociais da IA. A sesión constitutiva tivo lugar na propia Facultade, cuxo decano Xavier Donato é promotor desta iniciativa que fixará a súa sede en Compostela e que organizará o primeiro congreso nacional de filosofía da IA.
Do 26 ao 28 de setembro, o concello ourensán de Lobios acollerá o Xurés 2025, que aglutina a celebración do IV Seminario Internacional de Educación Social, a IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social e o festival musical Xurés Son. A cita, o maior encontro internacional de profesionais da educación social, está promovida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e coordinada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES