
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Educación está a tramitar o decreto que permitirá a conxelación das taxas universitarias para o curso 2009-2010, tanto para a matrícula de graos e másters como para a expedición de títulos. Malia o plan de austeridade gobernamental aplicado a toda a Administración, a Consellería quere con esta medida mostrar o compromiso coa universidade galega nun momento especialmente delicado, debido á crise e á estar inmersa na adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
O Consello galego de Universidades xa dera a finais de maio o visto bo a esta proposta para a conxelación de taxas. Ademais, actúa conforme á proposta do Ministerio de Educación que durante a reunión da Conferencia Xeral de Política Universitaria solicitou deixar as taxas nun intervalo que vai do -0,2% ao +3,8%. De cumprirse o calendario esperado, a conxelación deberá ser aprobada polo Consello da Xunta a comezos de xullo antes de ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O mantemento de prezos de matrícula e expedición de títulos non será a única medida social encamiñada a mitigar os efectos da crise nun sector estratéxico para a sociedade galega. Para evitar que os estudantes teñan que abandonar os estudos por falta de recursos, habilitarase unha liña de axudas para persoas con escasos medios, problemas familiares, casos de maltrato e outras situacións de extrema desvantaxe.
Estas axudas serán complementarias co resto das bolsas para o curso 2009-2010 que a Consellería xa está tramitando e que se publicarán no DOG nas vindeiras semanas. Ademais, os estudantes poderán optar as bolsas-salarios anunciadas polo goberno central.
No curso 2009-2010, convivirán as titulacións tradicionais co novo esquema de graos introducido co Proceso de Boloña. A Consellería de Educación ve neste camiño un gran desafío para o Sistema Universitario Galego, preparado para superar as numerosas dificultades asociadas á integración no Espazo Europeo de Educación Superior.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.