
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, asistiuao acto literario de entrega da IV Edición do Premio PEN-VOZ de LIBERDADE no hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Na súa quenda de intervencións o conselleiro salientou as dotes de Marcos Valcárcel, o historiador ourensán galardoado este ano, como investigador, polígrafo, xornalista e ensinante ao que lle engadiu o seu factor humano, o seu carácter conciliador e amable así coma por ser rigoroso e fiel ás súas ideas. A súa galeguidade e moderación, ben poden constituír un referente. El é xa un persoeiro esencial na cultura galega.
Roberto Varela lembrou o seu compromiso a que o vindeiro ano 2.010 sexa declarado o Ano da Lectura en Galicia. Neste senso o conselleiro subliñou que un dos obxectivos prioritarios do seu departamento é conseguir que se adopten medidas tendentes a implementar políticas públicas para que os índices de lectura en Galicia converxan coas cifras do resto de España e de Europa.
Neste mesmo eido Varela Fariña comprometeuse a contribuír a desenvolver a lei do libro, recentemente aprobada no Parlamento de Galicia a máis de darlle contido e sentido, a poñela en valor.
O PEN-Club de Galicia é a sección galega do PEN Internacional, a organización que leva varias décadas traballando pola liberdade de expresión e recoñecendo o labor literario de escritores de todo o mundo. O seu principal obxectivo é fortalecer os vínculos entre sociedades e comunidades de diferentes culturas e idiomas mediante a lectura e a escritura cun apoio a liberdade de expresión, a promoción e a difusión da literatura.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.