Noticias

Galicia celebra el Día das Letras Galegas con un acto institucional de la Real Academia Galega en honor a Ramón Piñeiro

La localidad natal de Ramón Piñeiro acogió los actos conmemorativos del Día das Letras Galegas. Hasta Láncara se desplazaron el Gobierno gallego y los miembros de la RAG, promotora del acto institucional de esta celebración. El presidente de la Xunta, Núñez Feijóo, manifestó su voluntad de tender la mano a los gallegos para hacer del gallego "lo que siempre fue, un tesoro común".

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, manifestó, con motivo del Día das Letras Galegas, su voluntad de tender la mano a los gallegos para hacer del gallego "lo que siempre fue, un tesoro común". Feijóo, que acudió acompañado por todo el Gobierno gallego y por el presidente de la Real Academia Gallega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, depositó una ofrenda floral ante el busto del Ramón Piñeiro y deseó que el espíritu del autor lacarao "no desaparezca nunca.

El presidente gallego consideró que el mensaje de Piñeiro llega "tan hondo" porque, dijo, "no hiere". "Piñeiro fue quien asoció el idioma a la libertad y al entendimiento" e hizo de la lengua "una red espiritual", señaló. En su discurso, Feijóo elogió la figura de este escritor y filósofo lancarao del que señaló, "nos habló como un padre más que como un líder". "No persiguió la gloria, pero construyó una comunidad", sintetizó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo reafirmou o seu compromiso de Goberno de defender e promocionar o idioma galego desde valores irrenunciables como a liberdade, para así, dixo, “sentirnos orgullosos” de escoller a nosa lingua “no exercicio desa liberdade, querendo protexela e afastándoa de apropiacións e imposicións”, recalcou.

Núñez Feijóo visitou o Concello de Láncara, a vila natal de Ramón Piñeiro a quen hoxe se homenaxea no Día das Letras Galegas. Acompañado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, polo titular de Cultura e Turismo, Roberto Varela e tamén, en presenza do alcalde da localidade, Darío Piñeiro, o presidente da Xunta asegurou que gobernará “co espírito de entendemento e cordialidade” que defendeu o recoñecido galeguista.

Logo de asinar no Libro de Honra do Concello, o xefe do Executivo galego resaltou na súa intervención o seu desexo de gobernar “como se Ramón Piñeiro tivera a oportunidade de facelo. É o meu compromiso”, aseverou.

Así, avogou por celebrar este día festivo para Galicia “con tranquilidade e normalidade” porque iso, continuou, “forma parte do legado de Ramón Piñeiro no que todos, por enriba de filiacións, somos galegos e compartimos máis do que diverxemos”. Neste sentido, sinalou que el mesmo forma parte dun partido “adversario político” do que representa o alcalde de Láncara, e lembrou que o propio pensador e escritor lancarao foi deputado do partido co que pugna politicamente desde o seu escano de deputado.

NoticiaPor iso, apelou novamente a que o Día das Letras Galegas sexa o escollido para “poñer en valor o que nos une” e para que sexa un día “de unidade e desde a unidade”. “Debemos traballar xuntos ante as dificultades ao longo dos próximos anos”, apostilou.

O mandatario galego aproveitou o seu discurso para facer pública a homenaxe que o Goberno galego lle brinda a Ramón Piñeiro, na súa vila natal, “no seu berce”, e amosar o recoñecemento de todos os galegos ao seu “galeguismo cordial”, exemplo, apuntou, “de orgullo de pertenza e de convivencia en liberdade”.

Este autor, segundo relatou, “é a mostra desa Galicia capaz de, desde unha pequena aldea, abrirse ao mundo sen complexos e trascender cara a historia soamente con intelixencia e traballo”, admitiu. “Hoxe, Día das Letras Galegas, a Galicia tolerante se compromete coa súa lingua no berce de Ramón Piñeiro. Hoxe Ramón Piñeiro tamén estaría aquí”, concluíu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo manifestou, cando se conmemora o Día das Letras Galegas, a súa vontade de tender a man a todos os galegos “para facer da nosa lingua o que sempre foi: un tesouro común” co desexo de que o espírito de Ramón Piñeiro “non esmoreza nunca”. Así o proclamou esta tarde en Láncara, ante o busto deste célebre escritor, pensador e filósofo onde depositou unha ofrenda floral acompañado por todo o Goberno galego, polo presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro e o alcalde da vila natal deste autor, Darío Piñeiro.

“Xa se sabe que a nosa terra é abondosa en tesouros que son sempre comunais e, case nunca, materiais –observou Feijóo-, e teño para min, que nese caudal espallado por Galicia enteira está a nosa lingua”. Amosou, así, o seu convencemento de que este tesouro que representa o galego “non está soterrado, senón vivo”; unha convicción, proseguiu, que se fai “máis forte” cando “se esquecen as polémicas e os berros e cada un pensa que o idioma tamén forma parte da memoria dos nosos pais e avós”.

“Creo no futuro da lingua galega, teño confianza no impulso institucional e no labor académico, pero sei que a súa forza fundamental está nos falantes que fixeron dela algo natural e cordial”, remarcou. “As dúbidas esmorecen cando se pensa en todas as Láncaras do país galego, e a certeza aumenta cando lembramos aos veciños anónimos que recibiron o tesouro, que o souberon coidar e que llo dan enriquecido ás xeracións novas”, abondou.

O mandatario galego considerou que a mensaxe de Ramón Piñeiro chega “tan fondo” porque, dixo, “non fire”. En palabras do presidente, Piñeiro “foi quen de asociar idioma, liberdade e entendemento” e axudou a facer da lingua “un vencello, unha rede espiritual”. “Grazas a iso –engadiu-, achegou o idioma a xentes que tiñan esquecido ese ser aldeano que latexa en todos os homes desta terra”.

No seu discurso, Núñez Feijóo eloxiou a figura deste escritor e filósofo lancarao do que salientou que nos falou “coma un pai máis que coma un líder”, que transmitiu “tolerancia, non xenreira”, e que “non falou a masas indiferenciadas, senón a persoas nas que vía a un veciño máis do seu rueiro”. En síntese, “non procurou a gloria, pero construíu unha comunidade”, recalcou o presidente.

O xefe do Executivo galego, lembrou cómo a vila natal deste escritor foi protagonista na súa obra, na que reflexiona sobre Galicia “como fogar europeo e universal”. Evocou unhas verbas deste galeguista nas que se pregunta se unha das tarefas dos galegos é mostrar a Europa a liberdade espiritual, a arte como ideal humano e o humor como sabedoría suprema; para concluír que Piñeiro “estaba recuperando a misión que Galicia emprendera moito tempo atrás co Camiño de Santiago”.

“A obra que Piñeiro deixou en persoas, máis que en libros, non se entende sen Láncara, a gran historia do pensamento galego non se entende sen outras Láncaras que serven de sustento espiritual aos seus autores”, considerou o titular da Xunta. “Todos temos, e eu desde logo tamén, unha Láncara onde gardamos os aloumiños dos nosos pais e as primeiras palabras oídas nunha lingua galega que temos asociada ao cariño”, enfatizou. Igual que Ramón Piñeiro, agregou, “necesitamos volver sempre a ese espazo primixenio para orientarnos no complexo mundo no que vivimos”.

R., 2009-05-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana. O dúo compostelán Boyanka Kostova pechará o festival Acento 2025 coa súa proposta retranqueira, na que o urbano e os sons máis contemporáneos conviven co tradicional.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Entre os anos 2016 e 2018, o experimento ANITA (Antarctic Impulsive Transient Antenna), unha rede de antenas montada en globo sobre a estratosfera da Antártida, detectou dous misteriosos sinais de emisión de radio que espertaron un grande interese na comunidade científica. Parecían proceder do interior da Terra, coma se a partícula que as producise tivese atravesado miles de quilómetros do subsolo sen interactuar con ningunha outra partícula.
O International Space Science Institute-ISSI acaba de prolongar dous anos máis o proxecto que desde o ano 2022 desenvolve un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel que estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES