No Gran Hotel Lugo, a COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA ven de ofrecer o primeiro dos seus xantares de degustación da presente tempada, no que participaron empresarios e persoeiros da vida social lucense. Entre outros, participaron o exalcalde de Lugo, Vicente Quiroga Rodríguez; o director do pazo de Feiras e congresos, Rubén López; o director do Balneario de Lugo, Antonio Garaloces; o construtor e presidente do Club Deportivo Lugo, José Bouso Alvite; o Director de Cettsa Seguridad, Eduardo Barreiro;o escritor Paulino García Seco, xunto con membros directivos da Confraría, sendo o anfitrión o Presidente desta agrupación, o avogado vilalbés con despacho en Madrid, Domingo Goás Chao.

Domingo Goás, tamén Presidente do Consello de administración de Interdix Galicia, empresa impulsora desta plataforma en Internet- agradeceu a todos a súa presencia, e lembrou que o fin primordial da Confraría e a súa decidida vontade é a difusión do coñecemento e posibilidades gastronómicas do producto máis senlleiro da capitalidade da Terra Chá.
En Lugo vanse celebrar alomenos outras tres degustación de capón, tendo logo continuación en outras cidades de Galicia e do resto de España
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.