
Nota de prensa remitida por Galiciadigital.com:
Na plataforma en Internet GaliciaDigital (www.galiciadigital.com), pódese obter información ampla sobre a Semana Santa Galicia a través da web www.galiciadigital.com/semanasanta
Juan Gabriel Pérez Martín coordina este apartado informativo dentro desta Plataforma, dedicado á Semana Santa de hoxe e de sempre, a esta celebración que en Galicia ten un significado moi acendrado de espiritualidade e recollemento se ben nos últimos tempos ten tamén cobrado unha vertente pública, de manifestación popular xeralizada.
A información que contén comprende desde a Semana Santa con perspectiva histórica ata os actos do presente ano, cunha axenda dos actos da Semana nas cidades e pobos de Galicia, información de procesións, cofradías, colaboracións diversas, pregóns e unha galería fotográfica que admite a colaboración dos internautas que poden facernos chegar as fotografías das actividades máis importantes celebradas na súa localidade.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.