Noticias

La música y la danza, protagonistas de la agenda cultural de la I Muestra de Artesanía de Galicia

La I Muestra de Artesanía de Galicia (MOA), que se celebra en A Coruña entre el 27 de febrero y el 1 de marzo, apuesta por la promoción integral del sector artístico y se complementa con una agenda cultural en la que participan la compañía Nova Galega de Danza, el grupo Nordestinas y la gaiteira Susana Seivane, entre otros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A compañía Nova Galega de Danza será a encargada de abrir os actos da axenda cultural na primeira edición da Mostra de Artesanía de Galiza (MOA), que se completará coas actuacións musicais dos grupos Nordestinas, Susana Seivane e Bonovo. MOA é unha feira profesional especializada na artesanía que se celebra na Coruña entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo, e que está impulsada pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

A programación da axenda cultural, xunto coa habilitación dun espazo de 3.000 m2 dedicado á exposición de pezas, complementan os 3.500 m2 do mercado profesional de MOA e contribúen a converter esta iniciativa pioneira da Consellaría nun evento de promoción integral do sector artístico galego. A programación desta axenda cultural fíxose en base á selección de grupos nos que a artesanía galega tivese unha presenza destacada ben na elaboración de instrumentos musicais tradicionais – como é o caso de Susana Seivane, de Bonovo ou de Nova Galega de Danza - ben na elaboración do vestiario e das zocas, no caso de Nova Galega de Danza.

O venres 27 a partir das 20.30 horas a compañía Nova Galega de Danza presentará o seu terceiro espectáculo “Tradicción”, coproducido polo Centro Coreográfico Galego e dirixido por Xaime Díaz e Vicente Colomer, unha interpretación sorprendente da danza tradicional galega dende a perspectiva da danza contemporánea. A nova proposta da compañía inclúe música en directo, a cargo de Pedro Lamas e de Jacobo de Miguel que actúan cunha banda de sete músicos.

Ás 22.00 horas, noutro escenario dentro do recinto de Expocoruña, está prevista a actuación do grupo musical Nordestinas formado polas vocalistas Guadi Galego (Espido) e Ugia Pedreira (Marful) e mais por un dos músicos galegos de jazz de maior prestixio, o pianista Abe Rábade.

O sábado 28 ás 20.30 horas, a gaiteira Susana Seivane será a encargada de abrir as actividades da axenda cultural da feira, tras o peche dos stands. Filla e neta de artesáns e de gaiteiros, artista de recoñecido prestixio internacional, o seu traballo para divulgar a música tradicional galega e para adaptala ás novas tendencias, a través de composicións propias e de arranxos, Susana Seivane representa a heteroxeneidade cultural que se dará cita na Mostra de Artesanía de Galiza.

O peche dos actos culturais, correrá a cargo de Bonovo, o sábado 28 de febreiro a partir das 22.00 horas. No seu primeiro disco no mercado, o grupo combina instrumentos tan tradicionais como a zanfona ou o acordeón con batería electrónica e efectos sonoros que ofrecen unha nova sonoridade no panorama musical galego.

A I edición da Mostra de Artesanía de Galiza (MOA) é unha das apostas máis fortes da Consellaría de Innovación e Industria para o sector artesanal neste ano 2009 e agárdase que se convirta nunha plataforma de mercado e nun escaparate de promoción que proxecte a imaxe de Artesanía de Galicia como marca comercial de prestixio e de calidade en todo o mundo.

R., 2009-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES