Noticias

Crisis económica: el Gobierno gallego anuncia ante sindicatos y entidades financieras que creará 40.000 empleos licitando obra pública por 2.000 millones

El presidente del Ejecutivo gallego mantuvo dos reuniones con los representantes de las entidades financieras de Galicia y con las fuerzas sindicales ante los que analizó la situación económica y planteó nuevas medidas contra la crisis. Touriño insistió en el compromiso de la Xunta de licitar obra pública por importe de 2.000 millones de euros -un 30% más que en 2008- para crear 40.000 empleos. Más del 70% de la licitación será para empresas gallegas.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunció que este año prevé que "la licitación de obra pública movilice este año 2.000 millones de euros", un 30% más que en 2008, lo que calcula que se traducirá "en la creación de 40.000 empleos". Así lo adelantó tras reunirse en su residencia de Monte Pío, en Santiago de Compostela, acompañado del conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, con responsables de Caixa Galicia, Caixanova y de las sociedades de garantía recíproca Afigal y Sogarpo. El representante del Banco Pastor no pudo acudir por problemas de agenda.

Touriño subrayó que "más del 70%" de esta licitación la copan empresas radicadas en Galicia, por lo que reiteró que esta movilización de recursos debe contribuir a generar empleo en la comunidad autónoma. El titular del Ejecutivo autonómico repasó con entidades financieras y sociedades de garantía recíprocas las medidas de reactivación empresarial puestas en marcha en noviembre y subrayó que coincidieron en realizar un análisis "positivo", pues se formalizaron préstamos por casi 50 millones de euros para un total de 293 operaciones, por un importe medio de 170.000 euros.

Pérez Touriño resaltó "el papel proactivo y comprometido" de las dos grandes cajas gallegas, pues precisó que Caixa Galicia y Caixanova absorbieron "el 93% de estas operaciones". Añadió que del total, el 51% fueron para el apoyo de capital circulante, el 33 para refinanciación de pasivo y el 12% para ampliación de capital.

El mandatario gallego subrayó el "importante nivel de ejecución" en algo más de dos meses y reiteró que la previsión de la Xunta es que este año se llegue a los 2.000 millones de euros de apoyo a las empresas, casi el triple que en 2008, cuando se rozaron los 750 millones. Emilio Pérez Touriño admitió que en este momento "la demanda es la que es", pero indicó que "hay margen para el consumo" que es preciso "ser capaces de activar", pues recordó que aunque se elevó la tasa del paro hasta el 9,7%, es inferior a la media.

Por otra parte, adelantó que se pondrá en marcha el seguro de pagos concertado por riesgo de desempleo y que se firmará con el Banco Europeo de Inversiones (BEI) una línea de ayudas por un importe de 200 millones de euros.

NoticiaEl presidente de la Xunta se reunió también con la mesa de diálogo social, compuesta por empresarios y sindicatos, para analizar la actual situación económica y cómo contribuir a su reactivación.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou que o programa de licitación de obra pública, posto en marcha polo Executivo galego, permitirá mobilizar neste ano 2009 un total de 2.000 millóns de euros e crear 40.000 empregos. “O obxectivo que me plantexo é, neste ano 2009 -e cremos que imos cumprir, ao igual que o do ano pasado-, chegar a un volume de licitación de obra pública de 2.000 millóns de euros”, aseverou, explicando que, “se mobilizamos 2.000 millóns de euros de licitación e contratación de obra pública iso nos debe permitir xerar con ese programa de actuación 40.000 empregos a través da contratación polas empresas que accederán a esa licitación, a esa contratación e a esa mobilización de recursos”, engadiu. “Pódolles confirmar que o noso obxectivo é superar amplamente a cifra histórica do ano 2008, nun 30 por cento, e elevar a licitación a 2.000 millóns de euros”, aseverou ao respecto, destacando que máis do 70 por cento desta licitación o acapararán empresas galegas ou radicadas en Galicia, o que permitirá xerar emprego na comunidade.

Durante a xuntanza que o titular da Xunta mantivo cos responsables das entidades financeiras e das sociedades de garantía recíproca, na que participaron o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio; o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López; o presidente de Afigal, Antonio Fontenla Ramil; e o conselleiro de Sogarpo, José María Hidalgo González, Emilio Pérez Touriño transmitiulle os resultados deste programa de licitación pública acadados no pasado exercicio 2008. Así, o presidente galego explicou que mentres que o obxectivo que se marcou o Executivo autonómico para o 2008 se cifraba en 1.500 millóns de euros, o volume final de licitación de obra pública situouse en preto de 1.600 millóns, “o maior nivel de licitación de obra na historia da comunidade autónoma”, asegurou.

En 2009, triplicar o apoio financeiro con case 2.000 millóns de euros
Durante o encontro desta mañá, o titular do Goberno galego tamén lle trasladou ás entidades financeiras a vontade da Xunta de Galicia e do propio presidente de que, neste ano 2009, se mobilicen apoios financeiros por valor de 2.000 millóns de euros, practicamente triplicando o apoio as axudas financeiras que as pemes galegas recibiron ao longo do ano 2008, cun total de 750 millóns de euros.

“Os datos do ano pasado foron 750 millóns de euros”, insistiu Touriño explicando que en préstamos se concederon un total de 508 millóns de euros; 105 en concepto de subvencións; 62 en avais; e 75 en operacións de capital risco.

“Este é o balance de 2008. En 2009 pretendemos chegar en préstamos a 1.200 millóns de euros (en particular, en canto ás operacións de circulante serían 500, pero en total de préstamos 1.200); en avais 500 millóns; en capital de risco 118; e en subvencións 131 millóns de euros, aseverou remarcando que o obxectivo “é case triplicar a cifra do 2008”, de acordo a esta distribución de obxectivos.

Importe concedido de 50 millóns en 293 operacións
Así mesmo, na xuntanza desta mañá cos responsables das entidades financeiras e das sociedades recíprocas, tamén se avaliou o avance e o desenvolvemento das medidas específicas e “novidosas en España”, postas en marcha polo Goberno galego, en relación co apoio ao capital circulante, ao refinanciamento de pasivos e á ampliación de capital ás pemes.

En concreto, Emilio Pérez Touriño avanzou que o importe de axudas financeiras recollidas neste programa e “xa concedidas e executadas” é “altamente positivo”, xa que ascende a 50 millóns de euros (49.569.000 euros) en tan só dous meses da posta en marcha do programa. O presidente galego explicou que con estas axudas se impulsaron un total de 293 proxectos, cun importe medio de 170.000 euros por operación.

O desglose por liñas de actuación correspóndese, algo máis da metade, o 51 por cento, con medidas de apoio ao capital circulante e de apoio directo á liquidez; un 36 por cento para o refinanciamento de pasivos e en torno ao 12 por cento en ampliación de capital.

Segundo resaltou o titular do Goberno galego, o 93 por cento das axudas concedidas, co apoio do Igape e da Xunta, foi realizado a través das entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia, a quen Pérez Touriño lles agradeceu o seu papel “especialmente proactivo e comprometido”.

Así mesmo, o máximo mandatario autonómico incidiu en que estas operacións foron avaladas por un importe total de 10 millóns de euros por parte das sociedades de garantía recíproca, “practicamente en partes equivalentes, por parte de Afigal e Sogarpo”.

“A avaliación que hoxe faciamos desta xuntanza ao longo da mañá é que o programa de medidas é un programa positivo, que está tendo un importante nivel de execución e de desenvolvemento, con 50 millóns de euros a estas alturas e que, polo tanto, debe contribuír activamente á recuperación da actividade e a que ningún proxecto empresarial na nosa comunidade que teña viabilidade, que ten futuro, quede cortocircuitado, xugulado e mutilado por falta de liquidez e por falta de apoio”, concluíu ao respecto.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, logo da xuntanza, o presidente da Xunta avanzou, ademais, que neste mes de xaneiro “entra en acción” o seguro de pagos protexidos para activar o consumo para as persoas “que entran nunha situación ou en risco de desemprego”.

Así mesmo, avanzou que o “asinaremos co Banco Europeo de Investimentos, unha nova liña de apoio financeiro, de préstamos por valor de 200 millóns de euros; e que tamén, de maneira inmediata, co instituto de Crédito Oficial, asumiremos créditos, novas liñas do ICO, tamén de maneira importante, tanto en relación coas novas liñas de crédito, como en relación co capital circulante”, concluíu.

R., 2009-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES