Noticias

Caixanova colabora en el desarollo del programa Uniemprende y la actividad cultural de la USC

Caixanova financia con 180.000 euros las acciones enmarcadas en el programa Uniemprende, a la incubadora de empresas Uninova y a la organización conjunta de actividades de ámbito cultural destinadas a la comunidad universitaria desarrollada por la USC en los campus de Santiago de Compostela y de Lugo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Caixanova achegaralle á USC un total de 180.000 euros destinados tanto a accións enmarcadas en Uniemprende como á incubadora de empresas da USC Uninova e ao financiamento daquelas actividades de índole cultural que conxuntamente se acorden executar dentro da programación cultural universitaria. Para establecer as bases desta colaboración, o reitor Senén Barro e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron un convenio en San Xerome.

A creación de Empresas Innovadoras de Base Tecnolóxica xurdidas da actividade investigadora universitaria constitúe unha alternativa necesaria para a transferencia de tecnoloxía do entorno científico e tecnolóxico ao empresarial. Neste sentido, o Programa de Creación de Empresas da USC (Uniemprende) ten como principal obxectivo o incremento a medio e longo prazo do número de vocacións empresariais fomentando a denominada predisposición psicolóxica a emprender, especialmente entre os estudantes e a comunidade investigadora.

Ademais, Unirisco diríxese á identificación, dentro das capacidades de produción científica e de prestación de servizos da USC, de liñas de traballo susceptibles de ser explotadas desde a óptica empresarial; á prestación de servizos de apoio á creación de empresas que faciliten a análise da viabilidade dos proxectos; e á creación e potenciación dunha infraestrutura estable de colaboradores que permita difundir e desenvolver amplamente as diferentes medidas do programa referido.

A Universidade de Santiago de Compostela e Caixanova, que xa veñen desenvolvendo nos últimos anos unha forte colaboración cultural fundamentalmente no eido das exposicións, recoñecen unha confluencia de intereses entre ambas as dúas institucións na procura de obxectivos sociais e culturais e consideran positivo o establecemento dunha máis estreita participación e cooperación nos proxectos e programas culturais que promoven, en consideración a significación e transcendencia que os mesmos teñen para a sociedade galega.

A selección dos proxectos e actividades que rexen este convenio así como, no seu caso, o control e seguimento da súa realización ata a súa finalización, serán encomendadas a unha comisión de carácter paritario integrada por dúas persoas nomeadas pola USC e outras tantas por Caixanova.

r., 2008-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES