
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta subliñou hoxe que os 75 anos da Cadena Ser en Galicia conforman unha historia de logros informativos e profesionais xustamente premiados pola audiencia. Así o manifestou en Santiago o máximo mandatario autonómico, durante o acto conmemorativo dos 75 anos de creación de Radio Galicia, onde sinalou que todo ese período pode resumirse en bo facer, en profesionalidade e nese elemento indispensable que é o amor a este medio de comunicación tan antigo e á vez tan moderno que é a radio.
Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño salientou o difícil que resulta para un medio de comunicación chegar á idade de 75 anos, tendo en conta sobre todo os turbulentos avatares que marcan o camiñar deste país durante unha boa parte deste período de tempo. Nese sentido, cualificou a traxectoria da Cadena Ser e de Radio Galicia como unha historia de resistencia empresarial e profesional durante un longo treito de secuestro informativo e intervención gubernamental nos medios de comunicación.
O titular da Xunta felicitou á cadea por facer radio e por conseguir que a radio siga sendo un medio de comunicación vivo, así como porque durante moito tempo falar de radio equivalía a falar da Cadena Ser, única fenda pola que se filtraban as novidades que non tiñan cabida no mundo pechado da radio oficial.
Radio Galicia de Santiago de Compostela, primeiro baixo a rúbrica empresarial de Unión Radio e, despois da Guerra Civil, como emisora integrante da Sociedade Española de Radiodifusión, foi durante os 75 anos que hoxe conmemoramos a máis inmediata referencia para moitos composteláns e galegos que procuraban información e entretemento.
Pérez Touriño chamou a atención sobre o fenómeno ben singular a a extraordinaria estabilidade do universo ser, tanto na súa programación como na fidelidade da súa audiencia, xa que, indicou, a Cadena Ser ostenta un incansable e indiscutido liderado desde hai xa moitos anos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.