
Galicia fue una de las seis comunidades en las que aumentó en septiembre el Indice General de Producción Industrial (IPI), en concreto un 0,4 por ciento en relación al mismo mes del año anterior, frente a una caída media en España del 4,5 por ciento. Sin embargo, el descenso en lo que va de año es mayor en la Comunidad gallega, un 4,5 por ciento, que en el resto del Estado, en el que se contabiliza una disminución media del 3,7 por ciento.
Según los datos facilitados por el Instituto Nacional de Estadística (INE), el IPI descendió en España un 4,5 por ciento en septiembre respecto al mismo mes del año anterior y un 8,8 por ciento al descontar los efectos de calendario, informó hoy el Instituto Nacional de Estadística (INE). La producción industrial experimenta así su quinta caída consecutiva, siendo el de septiembre el segundo mayor descenso en 15 años dentro de la serie corregida de calendario. El peor registro fue el del pasado mes de junio, cuando el IPI retrocedió un 9,2 por ciento.
Según el destino económico de los bienes, las tasas de variación respecto a septiembre del año anterior fueron del -2,7 por ciento para los bienes de consumo (-11,3 por ciento para los bienes de consumo duradero y -1,2 para los bienes de consumo no duraderos), del -0,8 por ciento para los bienes de equipo, del -9,5 para los bienes intermedios y del -0,6 por ciento para la energía. Descontando los efectos de calendario, las tasas interanuales fueron del -8,6 por ciento para los bienes de consumo (-18,8 para los bienes de consumo duradero y -6,4 para los bienes de consumo no duradero), un -5 por ciento para los bienes de equipo, un -14,1 para los bienes intermedios y un -2 para la energía.
La tasa media del IPI descendió un 3,7 por ciento en los nueve primeros meses del año respecto al mismo periodo del año anterior. Descontando los efectos de calendario, esta tasa media se situó en el -3,8 por ciento.
La evolución de la tasa media de la producción industrial atendiendo al destino económico de los bienes fue del -3,8 por ciento para los bienes de consumo (un -10,7 por ciento para los bienes de consumo duradero y un -2,6 para los bienes de consumo no duradero), del -1,4 para los bienes de equipo, del -7,3 para los bienes intermedios y del 2,8 por ciento para la energía. Descontando los efectos de calendario, estas tasas medias de los nueve primeros meses se situaron en un -4 por ciento para los bienes de consumo (un -11,2 para los bienes de consumo duradero y un -2,6 por ciento para los bienes de consumo no duradero), un -1,5 para los bienes de equipo, un -7,4 para los bienes intermedios y un 2,8 por ciento para la energía.
Las actividades que experimentaron las mayores subidas en la media durante el periodo enero-septiembre de 2008 fueron las de fabricación de material electrónico, de equipo y aparatos de radio, televisión y comunicaciones, con un 21,1 por ciento, y la fabricación de otro material de transporte, con un 12 por ciento. Por el contrario, las que experimentaron los mayores descensos fueron fabricación de otros productos minerales no metálicos, con un -18,1 por ciento, y la industria de la madera y del corcho, excepto muebles, cestería y espartería, con un -17,8 por ciento.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou que, no mes de outubro, o Goberno que preside ten ampliado as facilidades de financiamento das empresas cun total de 496 millóns de euros, o que ten producido un investimento asociado de 1.345 millóns de euros. Este investimento tense traducido en préstamos por valor de 356 millóns de euros (que permitiron investimentos de 577 millóns de euros); en subvencións a proxectos por valor de 70,2 millóns de euros (que permitiron realizar investimentos de 521 millóns de euros); en avais por importe de 21,2 millóns; e en financiamento a través das entidades de capital risco Xesgalicia e Sepides por importe de 39 millóns de euros (asociado a un investimento de 225 millóns de euros).
Así o subliñou o titular do Goberno galego, logo da reunión do Consello da Xunta, que analizou e avaliou en profundidade a marcha das medidas postas en marcha para paliar a actual situación de dificultade económica. Emilio Pérez Touriño enmarcou esta actuación no grupo de medidas de financiamento ás empresas, unhas actuacións que se complementan con outras como o compromiso do Banco Europeo de Investimento de ampliar ata 200 millóns de euros os apoios ao financiamento empresarial; e coa nova liña de avais por importe de 500 millóns de euros que a Xunta acaba de asinar coas entidades financeiras.
A este respecto, o presidente galego remarcou que o proxecto de Orzamentos de 2009 amplía ata 500 millóns de euros a liña de avais do Igape para aquelas empresas viables e existentes que poidan ter dificultade de financiamento de circulante, de financiamento a curto prazo derivadas do problema da falla de liquidez das restricións crediticias. Basicamente trátase de financiamento de circulante; de axudar a recapitalizar o balance das empresas cando este vai mal; ou de refinanciar pasivos, explicou Touriño, lembrando que se trata dunha actuación que foi moi ben recibida, cun compromiso activo e belixerante, por parte das entidades financeiras.
Respecto ao Programa de licitación de obra pública posto en marcha polo Executivo autonómico en xaneiro, o presidente da Xunta destacou que, ata finais de outubro se levan licitado 1.200 millóns de euros, o que representa un 27 por cento máis que o ano anterior e un 76 por cento do importe estimado para o conxunto do ano.
Emilio Pérez Touriño explicou que existen dúas áreas, a de infraestruturas do transporte e a de vivenda e solo, que son as que soportan o esforzo maior na licitación e que, segundo subliñou, xa rebasaron o obxectivo fixado para todo o ano.
En particular, explicou, o obxectivo previsto no Plan de dinamización que presentamos en xaneiro era de 631 millóns de euros para infraestruturas de transporte e levamos licitados 743, é dicir, un 118 por cento, indicou. En canto á vivenda e solo, engadiu, tiñamos a previsión de 226 millóns de euros e levamos 232, un 103 por cento.
Polo que respecta á execución orzamentaria, no capítulo VI, desde o punto de vista do importe disposto, subliñou que estamos nun nivel superior nun 11 por cento, que temos unha execución 11 puntos mellor que a do ano pasado; e que, desde o punto de vista de obra materialmente executada, levamos un importe un 16 por cento superior.
4.128 vivendas protexidas, superando un 3 por cento o obxectivo fixado
Na área de vivenda protexida, o máximo mandatario autonómico incidiu en que o Plan de dinamización de obra pública prevía poñer a disposición da iniciativa privada chan para 4.000 vivendas protexidas, mentres que neste momento xa se levan posto á súa disposición 4.128 vivendas, maioritariamente nas áreas próximas ás principais cidades. Isto argumentou Touriño-, quere dicir que superamos nun 3 por cento o obxectivo marcado en xaneiro.
Igualmente, o presidente da Xunta lembrou que existen outras medidas complementarias, como a reforma do imposto de sucesións e doazóns, en marcha desde o pasado 1 de setembro; ou medidas de protección social, como o complemento de pensións non contributivas no ámbito autonómico. Un complemento de 200 euros que, segundo indicou, se empezará a pagar a partir do 10 de novembro.
Xunto con isto, referiuse a que o Consello da Xunta de hoxe tamén analizou a marcha do Acordo pola Competitividade, que conta cun orzamento específico de máis de 7.800 euros para o marco cuadrienal 2008-2011. Agora o que facemos é levalo ao presuposto do ano 2009 engadiu-, onde hai un total de 2.289 millóns de euros, o que representa case un 30 por cento do orzamento total.
Emilio Pérez Touriño insistiu en que estamos a vivir momentos de dificultade pero que, ante isto, o importante é dar resposta e activar medidas que permitan paliar esta situación.
Neste sentido, subliñou que o Consello da Xunta vén dedicando e seguirá dedicando unha atención especial e cotiá ao seguimento, á marcha, á análise e á evolución das medidas que estamos a tomar.
Así mesmo, fixo un chamamento a traballar, máis que nunca, en positivo, dedicándose a construír e non a obstruír. Remarcou que, máis que nunca, o Goberno que preside está a traballar en positivo, desde a iniciativa, a concertación e o mantemento do diálogo social e expresou a súa confianza na capacidade de resposta do país.
A este respecto, considerou positivo o dato coñecido hoxe do Índice de prezos industriais, que reflicte que Galicia foi unha das comunidades nas que aumentou en setembro en relación ao mesmo mes do ano anterior. Pérez Touriño indicou que o crecemento foi dun 0,4 por cento, fronte á caída en España do 4,5. O presidente da Xunta considerou que Galicia volta á zona positiva no ámbito da produción industrial e considerou que existen síntomas de recuperación.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.