
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:
Os días 3, 4 e 5 de outubro representantes da mocidade galega que reside en países europeos darase cita na cidade alemá de Frankfurt para participar no I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos que organiza a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia.
Ao redor duns 80 mozos e mozas acudirán a este congreso en representación da mocidade galega que aglutinan os centros galegos de Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Suíza e Andorra. Durante tres días os asistentes terán tempo para debater sobre as estratexias a seguir de cara a reforzar a súa participación nos temas de interese para Galicia en materia de xuventude e participar nas diferentes charlas-coloquio que se desenvolverán dentro do marco do congreso.
Así, o venres, despois do acto inaugural no que participarán o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores Rodríguez Amoroso, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, falará sobre a situación do sector audiovisual en Galicia. Posteriormente proxectarase a película galega Pradolongo, do director Ignacio Vilar, que recentemente foi galardoada co IV Premio Ciudad de San Sebastián Film Comission en recoñecemento ao interesante reflexo dos valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais de Galicia, onde foi rodada a película. Trala proxección terá lugar un coloquio no que participarán tanto o director como algúns dos actores do filme.
O sábado pola mañá o Director Xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca Díaz, e o Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez Vázquez, abrirán a quenda de charlas-coloquio programadas para a xornada falando sobre formación e emprego en Galicia, á que lle seguirá o coloquio asociacionismo e participación coa participación do Subdirector Xeral de Centros e Comunidades Galegas, Carlos Sixirei Paredes e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso. Xa pola tarde formaranse os grupos de traballo que debaterán sobre as liñas de actuación que se deben seguir para fortalecer a súa participación nos movementos asociativos da xuventude galega e pola noite será o momento para gozar da música dos grupos Mafia Gallega, Gran Purismo e Ialma que están formados por fillos de emigrantes.
O domingo, tralo encontro cos integrantes destes grupos presentaranse as conclusións do congreso, que será clausurado polo Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores Rodríguez Amoroso.
A celebración deste congreso é a culminación dun traballo que comezaba xa no pasado mes de abril cando se reunía en París un grupo de mozas e mozos galegos residentes fora de Galicia para tentar de comezar a sentar as bases para o aproveitamento recíproco entre a sociedade galega e a xuventude galega no exterior.
O encontro é un importante espazo para estimular a participación dos mozos e mozas galegas que residen fora de Galicia na toma das decisións que lles afectan de forma directa e por extensión ao futuro de toda Galicia segundo apunta o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez. Para o máximo responsable de emigración da Xunta de Galicia se a xuventude é o maior activo co que pode contar calquera país, a mocidade galega ten ademais un valor engadido que lle confire a súa importante presenza en tantos países do mundo, polo que as posibilidades recíprocas entre Galicia e a nosa xuventude do exterior son innumerables.
Datos do CERA a 1 de agosto de 2008 con respecto aos galegos residentes nos países de procedencia dos mozos e mozas participantes no congreso:
Alemaña: 13.148
Bélxica: 2.086
Francia: 15.942
Holanda: 2.421
Portugal: 2.862
Reino Unido: 10.043
Suíza: 29.018
Andorra: 2.405
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.