
A mediados dos anos 1980, Enrique Zas Arregui, hoxe catedrático de Física Teórica da USC e membro do IGFAE, era investigador posdoutoral con Halzen na Universidade de Wisconsin. Nas conversas co investigador galego foi, segundo narrou o agora Nobel de Física en diversas entrevistas, onde xurdiu a idea de construír un observatorio para detectar neutrinos no xeo, grazas á resolución dun problema que o investigador galego resolveu de forma brillante, di Halzen. Aquel foi o xermolo de IceCube, o proxecto situado no xeo da Antártida que lle acaba de valer o Nobel a Halzen. A contribución de Enrique Zas aparece tamén mencionada no propio documento científico que acompaña o fallo do Nobel.
Outro dos colaboradores do físico belga no IGFAE foi Ricardo Vázquez López, finado a finais de 2022, a quen dirixiu as súas dúas teses de doutoramento, unha delas co supervisada xunto a Enrique Zas. As contribucións de Vázquez foron relevantes para o desenvolvemento de IceCube. Co gallo da visita a Santiago para a defensa da tese de Ricardo Vázquez, Halzen presentou na Facultade de Física da USC as bases da proposta para a construción do observatorio antártico.
Do mesmo xeito, algúns dos artigos máis citados de Halzen sobre a detección de neutrinos e raios cósmicos están asinados, xunto a Zas e Vázquez, co físico do IGFAE Jaime Álvarez-Muñiz, que tamén foi investigador posdoutoral co Nobel de Física. Recentemente, Álvarez-Muñiz obtivo unha ERC Synergy Grant para o proxecto HERON, baseado na detección de neutrinos de moi alta enerxía, o tema no que traballara con Halzen.
IceCube: un observatorio no xeo da Antártica para detectar neutrinos
O obxectivo principal de IceCube é a detección de neutrinos, partículas subatómicas cunha masa moi pequena, que apenas interaccionan co resto da materia e poden atravesar toda a Terra sen seren detectadas. Neste contexto, o xeo do Polo Sur, onde se sitúa o observatorio, está libre de interferencias e movementos sísmicos que poden complicar a detección dos neutrinos, facéndoo un emprazamento ideal para este tipo de experimentos.
Logo de dúas décadas de deseño e construción, IceCube entrou en funcionamento no ano 2011. Pronto comezaron as deteccións dos primeiros neutrinos de alta enerxía procedentes de fóra do sistema solar. Estas fontes están chamadas a revelar información moi valiosa sobre os fenómenos máis violentos do universo.
A vinculación do líder do experimento IceCube con Galicia esténdese ao Comité Científico Asesor do IGFAE que preside na actualidade. Halzen visitou Santiago de Compostela en varias ocasións. A última delas, en 2024, na última reunión deste comité, celebrada xa nas novas instalacións do instituto.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.