Noticias

Investigadores de la USC diseñan una aplicación informática pionera en España que permite realizar predicciones en Bolsa a corto plazo

El grupo de investigación de Sistemas Inteligentes de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) diseña un software libre que detecta asociaciones entre el contenido de noticias financieras y las variaciones significativas de la cotización de acciones en el IBEX 35 posibilitando predicciones a corto plazo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Investigadores da USC deseñan unha aplicación, denominada Forecasting e desenvolta en software libre, que detecta asociacións entre o contido de noticias financeiras e as variacións significativas da cotización de accións no IBEX35. Aínda que actualmente é un prototipo, a ferramenta servirá para facer predicións a curto prazo sobre o movemento das accións en Bolsa e poderá adaptarse ao eido internacional, ampliando así a súa utilidade.

A iniciativa é unha novidade total no ámbito financeiro español e senta as bases tecnolóxicas e de modelado dunha aplicación capaz de competir con éxito neste eido.

Seguindo unha orde temática, Forecasting organiza as noticias financeiras recuperadas das versións en liña dos principais xornais do eido e analiza o seu contido mediante técnicas de intelixencia artificial de filtrado semántico. Isto permite recoñecer a información máis relevante que poda afectar ao valor dunha determinada acción en Bolsa.

O uso de técnicas intelixentes, coma son os conxuntos borrosos ou a computación lingüística, fanse necesarias para filtrar o volume inxente de información dispoñible (ata 300 noticias por hora) e para facer unha selección fiable. Cando se identifican os datos importantes sobre unha acción, outro módulo do sistema cruza esta información en tempo real coa cotización da mesma no IBEX35.

NoticiaRealizado pola estudante de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas María Dolores Corzón Leises, o estudo é o seu proxecto fin de carreira que leva o título ‘Recuperación temática de noticias financeiras e a predición de tendencias a curto prazo en mercados de accións’. O traballo dirixírono os investigadores Félix Díaz Hemida e Ronald Teijeira Fernández, do Grupo de Sistemas Intelixentes da USC, no que xa se está a pór en marcha unha nova liña de investigación sobre a cuestión.

R., 2008-08-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES