Noticias

Lugo regresa a sus orígenes romanos durante tres días con la fiesta Arde Lucus

Entre el 20 y el 22 de junio la ciudad de Lugo rememora sus orígenes romanos a través de la fiesta Arde Lucus que arranca con la inauguración del Macellum y del campamento romano y que finaliza con la despedida triunfal de las legiones, después de más de 250 actos entre los que se incluye un mercado, un circo y el Comillonum.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Lugo

O Arde Lucus MMVIII da comezo oficialmente coa inauguración do macellum e do campamento ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.

Máis de 250 actividades, actuacións e espectáculos conforman esta nova edición da festa Arde Lucus, que se celebrará desde o venres á tarde ata o domingo á noite e que está organizada pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.

O campamento abrirá as súas portas tamén a tarde do venres, ás cinco e media, no carril dás Estantigas. Tanto o campamento como o macellum terán as súas propias actividades con animación de humor, acróbatas, malabares e música, realizarase tamén instrución militar polas rúas do centro e paseos de bigas e cuádrigas.

Outro dos actos novos deste ano é o Pugilatum “In memoriam” Tori jul que se celebrará na praza de Santa María ás sete da tarde e que recreará os combates de boxeo ao máis puro estilo do Imperio.

Ás oito da tarde comezarán tamén os xogos romanos e exibiciones de tiro con arco.

Ás dez comezarán as representacións, como o Nasciturus e as lecturas de runas a cargo da asociación Ilusión e Arte, na praza de Anxo Fernández Gómez. Esta mesma agrupación celebrará as tradicionais vodas celtas neste mesmo emprazamento ás 23:30 horas.

A gran batalla final entre celtas e romanos a cargo de Legend, Cohors III Lucensium, Legio Nova Invicta e Cohors I Galicia terá lugar coa chegada da media noite na zona peonil da Rolda da Muralla.

A outra gran cita da noite será a bacanal, que estará a cargo, como é tradicional, da asociación Alas, e que se celebrará a partir da unha da noite na praza de Anxo Fernández Gómez.

Durante a noite, a cidade contará con animación continuada de rúa, coa presenza de zancudos, desfiles, gardas romanas, tambores, etc...

Resto do programa

No programa xeral do Arde Lucus MMVII mantéñense as actividades estrela doutras edicións, como o pregón, o nomeamento dos personaxes da festa, o premio Civis Honoris, queima da muralla, o circo, a venda de escravos, o concerto de arpas ou a exhibición de bigas e cuádrigas.

Ademais, celebrarase a tradicional queimada na noite do sábado. Terá lugar na praza Maior, diante do Concello.

A noite do sábado contará coa actuación de Mutenrohi na praza de Santa María a partir das 2:00 horas da madrugada.

O domingo a cidade continuará vivindo a festa. Seguirán abertos os campamentos romanos, o mercado, haberá máis actividades deportivas e paseos de bigas pola cidade.

O centro histórico contará coa actuación dos percusionistas de Braga e con outros grupos de animación de rúa, así como de instrución militar.

O acto central do domingo será o Comilonum. O gran banquete romano que se celebrará ao redor da Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade e que conta co apoio dos hostaleiros da cidade.

A despedida triunfal das lexións que parten á conquista de novas terras porá o broche final aos tres días de festa que permiten a lucenses e visitantes viaxar no tempo ata as orixes romanas de Lugo.

R., 2008-06-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaje.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Foto de la tercera plana (20261006-xunta.jpg) O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.

Notas

O físico Francis Halzen (Tienen–Bélxica, 1944) galardoado este martes co premio Nobel de Física 2026 mantén dende hai case 40 anos unha estreita colaboración co persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, e cuxo comité asesor actualmente preside. Halzen conseguiu o galardón polas contribucións decisivas ao observatorio de neutrinos IceCube e polo descubrimento de neutrinos de alta enerxía de orixe astrofísica
A pesca artesanal galega está a responder de forma máis activa aos impactos do cambio climático, mentres o marisqueo a pé presenta unha situación especialmente vulnerable e unha menor capacidade de resposta. Esta é unha das principais conclusións do proxecto Atac, Adaptación e Transformación da Pesca Artesanal ao Cambio Climático, liderado polo grupo de investigación Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES