Noticias

La exposición Unha mirada ao traballo repasa la historia de las relaciones laborales

Conmemorativa del centenario de la Inspección de Trabajo y Seguridad Social, la muestra Unha mirada ao traballo, inaugurada en la Escola de Relacións Laborais de Santiago, articula en textos y fotografías un repaso a las condiciones de empleo, seguridad en el trabajo, movimientos migratorios y protección social.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

A Escola de Relacións Laborais de Santiago acubilla ata o 20 de xuño a exposición ‘Unha mirada ao traballo. Centenario da Inspección de Traballo e Seguridade Social’ mostra que tenta dar un repaso á historia das relacións laborais en España. A inauguración oficial celebrouse o luns 19 de maio coa presenza do conselleiro de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, do vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló, e do director do centro, Juan Ares. Ao acto tamén asistiron a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela, e o director territorial de Inspección de Traballo, Carlos Domenech.

Trátase dunha exposición, articulada en textos e imaxes fotográficas, que está a percorrer toda España e que agora chega á universidade compostelá procedente de Cataluña e Andalucía, primeiras escalas do seu periplo. A mostra permite botar unha ollada á evolución das condicións de emprego, a seguridade no traballo, as migracións, a protección social, a lexislación, as relacións laborais e outros aspectos relacionados.

Para abranguer o período temporal proposto, a exposición divídese en catro etapas cronolóxicas, arrancando no período comprendido entre 1906 e 1931, coincidindo coa creación da Inspección de Traballo e coa Restauración e a Ditadura de Primo de Rivera, que da paso ao intervalo de 1931 a 1939, durante a Segunda República. As dúas últimas etapas expostas son as transcorren entre 1939 e 1975, no período da Ditadura de Franco, e a última etapa dende 1975 ata 2006.

Esta panorámica dos últimos cen anos das Relacións Laborais en España permiten ademais un achegamento á sociedade española ofrecendo tamén unha análise da súa evolución. Así, a principios do século XX, España era un país maioritariamente agrícola e rural, xa que dunha poboación de 19 millóns, o 75 por centro vivía en núcleos de menos de vinte mil habitantes. A poboación activa ascendía a cinco millóns e medio de homes e algo máis dun millón de mulleres que na súa maioría, o 66 por cento, dedicábase a tarefas agrícolas. A dureza das condicións de vida, especialmente, no campo, impulsan a emigración a ultramar, especialmente cara a Arxentina, Brasil e Cuba.

Ao longo do primeiro terzo do século XX, inícianse unha serie de cambios que van transformar o país a través da incipiente industrialización de cidades como Barcelona, Madrid e Bilbao, que atraen tamén a unha parte da poboación rural. As terribles condicións de vida da clase traballadora e o desenvolvemento do movemento obreiro provocan un debate sobre as reformas sociais, contexto no que se inicia, en 1906, o labor da Inspección de Traballo. En 1931, a coalición entre republicanos e socialistas intenta orientar os problemas sociais mediante unha reforma agraria que transforme a situación do campo xunto cunha política de relacións laborais canalizada mediante os xurados mixtos.

O proxecto republicano-socialista sofre a oposición da patronal e do sindicato CNT, ata que o PSOE e a UGT abandonan as posicións reformistas e toman posturas abertamente revolucionarias. Xa no período franquista, a perda demográfica supera o millón de persoas, entre as vítimas da guerra e a poboación que abandonou o país camiño do exilio.

A construción do ‘Novo Estado’, segundo se recolle na mostra, inspírase no modelo fascista italiano controlado de preto pola omnipresenza en todos os ámbitos do xeneral Franco. Dende o punto de vista laboral, toda a poboación traballadora queda encadrada no réxime a través da organización sindical vertical que integra a patróns e “produtores” segundo a nova terminoloxía oficial.

A partir de 1959, iníciase un lento período de reformas económicas que impulsan unha tardía industrialización. Segundo se reflicte na mostra, a emigración supón unha válvula de escape para “as duras condicións de vida e unha importante entrada de remesas que contribúen ao desenvolvemento”. Nesta época desenvólvese o sistema de seguridade social e prodúcese unha estabilización do emprego favorecida pola lexislación laboral.

En 1975, coa acceso á xefatura do estado de Juan Carlos I, a poboación activa é de trece millóns, dos que tres millóns ocúpanse no sector público, tres millóns e medio na industria e o resto na construción e servizos. Ademais, máis do 95 por cento dos asalariados teñen un contrato estable, e o paro rexistrado é de medio millón de persoas.

Xa na década do 80 impleméntanse importantes avances sociais como a universalización da asistencia médica ou a mellora dos servizos públicos. Paralelamente, o desemprego supera o 20 por centro da poboación activa e as políticas de flexibilización do mercado de traballo, da reforma da Seguridade Social e de reconversión industrial provocan fortes tensións cos sindicatos. Ao final do período histórico abranguido por esta mostra, España ten unha poboación de máis de 44 millóns de habitantes dos que dezanove están ocupados. Deles o 5,2 traballa agricultura, o 17 por cento na industria, o 12,5 na construcións e o 65,2 no sector servizos.

R., 2008-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES