
El Producto Interior Bruto (PIB) generado por la economía gallega creció un 3,2% durante el primer trimestre de 2008, según el avance ofrecido por el Instituto Galego de Estatística (IGE).
Este porcentaje supone cinco décimas más que la media de la economía española que creció el 2,7% en el primer trimestre de este año, ocho décimas menos que entre octubre y diciembre de 2007, según el indicador adelantado difundido por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
La variación intertrimestral del PIB en el primer trimestre en Galicia se sitúa en el 0,4%. El próximo día 2 del Instituto Galego de Estatística (IGE) publicará los cuadros completos de la Contabilidad trimestral correspondientes al primer trimestre de 2008.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia:
Na rolda de prensa posterior ao encontro, o conselleiro realizou unha valoración do dato adiantado do PIB galego para o primeiro trimestre, publicado polo Instituto Galego de Estatística e que sitúa crecemento do PIB galego en termos interanuais no 3,2%, cinco décimas por riba do crecemento da media española, situado para o mesmo período no 2,7%. Segundo explicou Fernández Antonio, o dato reflicte o perda de dinamismo da economía galega no entorno mundial de desaceleración, aínda que cunha taxa de crecemento que incrementa o seu diferencial respecto da media española. Neste sentido, o conselleiro sinalou que a taxa de crecemento permite seguir creando emprego e impulsar o proceso de converxencia coa media española e europea.
O impulso da internacionalización da economía galega a través do apoio á proxección internacional das empresas no exterior e a captación de investimentos, constitúe un obxectivo fundamental da política económica do Goberno galego e unha prioridade da estratexia do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, no transcurso dunha reunión cos responsables do Centros de Promoción de Negocios (CPNs) do Igape en Alemaña, China, Estados Unidos, Polonia e Xapón. Fernández Antonio subliñou que nunha situación de moderación económica nos mercados internos, é o momento para que as empresas aproveiten as oportunidades de internacionalización existentes e incrementen a súa presenza nos mercados exteriores.
Impulsar a marca de Galicia no exterior; aproveitar o máximo potencial das empresas galegas nos países de maior dinamismo económico; e o apoio aos labores loxísticos e de transporte, son algúns das liñas estratéxicas que desenvolverá o Igape nos dous próximos anos. Ademais, promoverá a formación de técnicos en comercio internacional e o impulso de consorcios e asociacións entre empresas para accións de internacionalización.
Fernández Antonio destacou o potencial dos países de Europa do Leste, especialmente Polonia; China; Brasil e os Estados Unidos, para as iniciativas comerciais e de investimento galegas. Por sectores, o conselleiro salientou as oportunidades de crecemento no sector agroalimentario, do viño, téxtil-moda, turismo; construción, audiovisual, biotecnoloxías, automoción, naval e o sector loxístico. Segundo explicou, o Igape desenvolverá plans de acción con obxectivos específicos para os anos 2008 e 2009.
Fernández Antonio fixo referencia ao III Encontro de CPNs que tivo lugar entre o 12 e o 16 de maio en Santiago de Compostela, no que participaron 165 empresarios, case un 40% máis que o ano anterior. Neste encontro tiveron lugar máis de 370 entrevistas nas que se trataron temas como as canles de importación e exportación; os requisitos legais para a implantación e a importación; ou as ferramentas do Igape para o apoio en destino. Segundo lembrou o conselleiro, recentemente publicáronse axudas do Igape á internacionalización.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.