Noticias

Siniestralidad viaria en Galicia: se reduce un 40% el número de fallecidos en las carreteras

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, consideró hoy que los últimos datos sobre la sinestralidad viaria en Galicia muestran una "realidad esperanzadora" y destacó que entre el 1 de enero y el 23 de marzo de este año las carreteras de la comunidad registraron una reducción de fallecidos respecto al mismo período de 2007.

En respuesta a una pregunta en el pleno del Parlamento del portavoz del Grupo Socialista, Ismael Rego, el jefe del Ejecutivo gallego explicó que estos porcentajes representan 25 muertos menos y también resaltó que en la Semana Santa recientemente concluida hubo cinco víctimas mortales menos que el pasado año, una reducción del 60 por ciento.

Con estos datos, Touriño concluyó que "cabe la esperanza", aunque también abogó por la "prudencia" e indicó que el Gobierno gallego "nunca estará satisfecho mientras haya muertes" en las carreteras, por lo que continuará con su "lucha sin cuartel contra la siniestralidad viaria".

En ese sentido, subrayó la importancia de la puesta en marcha del Plan de Seguridad Vial y del incremento de los presupuestos destinados a seguridad viaria y conservación de carreteras, materia a la que la el actual Ejecutivo bipartito ha destinado desde que gobierna más de 300 millones de euros.

Asimismo, destacó la inversion destinada a la eliminación de tramos de alta siniestralidad y explicó que Galicia aspira a contar a final de este año con 1.050 agentes de la Guardia Civil de Tráfico vigilando las carreteras y 51 radares fijos desplegados.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, sostivo no Parlamento galego que o Goberno que preside está a librar “unha loita sen cuartel” para reducir a sinistralidade viaria nas estradas de Galicia e salientou o cambio de tendencia “esperanzador” neste sentido, ao reducirse en 2008 o número de vítimas mortais nas estradas. A este respecto, puxo como exemplo do compromiso do seu Executivo neste ámbito o Plan Galego de Seguridade Viaria que posúe “unha dotación económica extraordinariamente relevante e significativa” e aglutina políticas transversais dependentes de todos os departamentos da Xunta.

Segundo asegurou, unha das pezas angulares que sustentan este plan é a promoción do transporte público na Comunidade Autónoma, apartado ao que se dedican en 2008 “máis de 73 millóns de euros”. En concreto, Touriño referiuse a medidas novidosas como o Noitebús, da que xa se teñen beneficiado máis de 100.000 mozos galegos, e animou aos concellos galegos a participar nesta iniciativa e solicitar as subvencións autonómicas para a súa execución.

Para Pérez Touriño, a loita contra a sinistralidade viaria debe implicar a toda á sociedade, a todas as administracións competentes e as diferentes forzas políticas. “É un traballo de todos para lograr erradicar esa lacra que golpea vidas”, abondou. Así, expuxo ante a Cámara os datos de evolución en materia de sinistralidade viaria rexistrados ao longo de 2007 e do que vai de 2008. “Do 1 de xaneiro ao 23 de marzo de 2008, os datos que podemos ofrecer á Cámara revelan que na nosa Comunidade hai unha redución do número de mortos do 40 por cento con respecto ao mesmo período de tempo do ano pasado”, revelou Touriño. Segundo manifestou estase a producir un cambio de tendencia “esperanzador”.

O presidente galego afirmou, así mesmo, que este cambio de tendencia que se está a rexistrar en Galicia tamén se visibiliza no conxunto do Estado e para iso referiuse ás cifras de accidentalidade viaria rexistradas na pasada Semana Santa, que revelan unha redución significativa no número de falecidos nas estradas.

Aínda así, Touriño afirmou que o Goberno que preside nunca estará satisfeito “mentres existan mortos nas estradas da nosa Comunidade”. Paralelamente, asegurou que “quédanos un camiño de traballo que temos que proseguir, hai que falar en termos prudentes, ábrense datos esperanzadores que nos deben incentivar aínda máis para seguir traballando na dirección que temos”.

Pérez Touriño puxo en valor tamén as políticas postas en marcha polo Goberno Central para loitar contra a sinistralidade viaria e que están a beneficiar a Galicia. No decurso da súa intervención, o máximo mandatario galego destacou que se incrementou o número de Gardas Civís de Tráfico en Galicia en 55 e que a Comunidade Autónoma aspira a contar, en 2008, con 1.050 axentes despregados nas súas estradas. Paralelamente, afirmou que en Galicia aumentouse o número de radares fixos despregados ata 51. “Isto ten que ver coa actuación decidida e contundente das administracións que temos responsabilidade na materia”, indicou Touriño.

Por último, o presidente da Xunta asegurou que tan importante como reclamar novas competencias é “exercer responsablemente o autogoberno”. “Desde a Comunidade Autónoma o normal é que o Goberno e a Cámara, na súa totalidade, aspiren a máis autogoberno e niso estamos, reclamando e esixindo competencias que cremos que necesitamos e que defendemos unanimemente”, sostivo Touriño. Porén, “tan importante como a reclamación do autogoberno é a gobernación do país e o exercicio responsable daquelas competencias que temos atribuídas na Constitución e no Estatuto de Autonomía”, finalizou.

R., 2008-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaje.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Foto de la tercera plana (20261006-xunta.jpg) O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.

Notas

O físico Francis Halzen (Tienen–Bélxica, 1944) galardoado este martes co premio Nobel de Física 2026 mantén dende hai case 40 anos unha estreita colaboración co persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, e cuxo comité asesor actualmente preside. Halzen conseguiu o galardón polas contribucións decisivas ao observatorio de neutrinos IceCube e polo descubrimento de neutrinos de alta enerxía de orixe astrofísica
A pesca artesanal galega está a responder de forma máis activa aos impactos do cambio climático, mentres o marisqueo a pé presenta unha situación especialmente vulnerable e unha menor capacidade de resposta. Esta é unha das principais conclusións do proxecto Atac, Adaptación e Transformación da Pesca Artesanal ao Cambio Climático, liderado polo grupo de investigación Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES