
Los Reyes y los Príncipes de Asturias presidieron, en la factoría de Navantia en Ferrol, la botadura del Buque de Proyección Estratégica (BPE) Juan Carlos I, el mayor buque de guerra de la historia naval española. La Reina procedió al acto simbólico que marcó la salida del buque a la mar con un golpe de maza que impulsó la botella de champán contra el casco de este navío multipropósito.
Segundos después, el Buque de Proyección Estratégica, con sus más de 230 metros de eslora y que puede participar en misiones de ayuda humanitaria, se deslizó hacia el mar hasta quedar fondeado en la ría del Ferrol, frente al Arsenal militar. El acto congregó a los Príncipes de Asturias, Doña Letizia y Don Felipe, que vestía el uniforme de capitán de corveta de la Armada, altos mandos militares de la Armada, los ministros de Defensa y Cultura y autoridades locales y regionales, como el presidente de la Xunta de Galicia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asistiu en Ferrol á botadura do buque de proxección estratéxica Juan Carlos I. Este acto estivo presidido por El-Rei don Juan Carlos, e a Raíña dona Sofía actuou como madriña. As Súas Altezas Reais Os Príncipes de Asturias participaron nun acto que contou ademais coa presenza dos ministros de Defensa e de Cultura en funcións, da presidenta do Parlamento de Galicia e do delegado do Goberno en Galicia, entre outras autoridades.
Construído en Navantia, o buque de proxección estratéxica Juan Carlos I, conta con capacidade para desprazar máis de 27.000 toneladas de carga, 1.500 militares e 18 aeronaves. O buque posúe máis de 230 metros de eslora, 7 de calado e 32 de manga, e é o maior buque militar deseñado e construído por Navantia.
De seguido, Os Reis e Os Príncipes, acompañados pola comitiva de autoridades entre as que se atopaba o presidente da Xunta, desprazáronse ao edificio de Herrerías do Arsenal Militar de Ferrol para inaugurar a Exposición Permanente da Construción Naval de España, EXPONAV. Trátase dun museo que formará parte do amplo centro cultural que a Armada posúe en Ferrol, e conta con cinco áreas temáticas que combinan elementos históricos con outros de carácter bibliográfico e documental. Asímesmo, a exposición amosa a evolución histórica dos buques, desde os que contaban con mecanismos de vela ata os que posúen complexos sistemas propios da época actual. O obxecto último deste museo é achegar aos cidadáns todos os elementos propios da ciencia e da tecnoloxía propios da construción naval.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.