Noticias

Las primeras televisiones locales digitales quieren emitir en TDT antes del verano

Las primeras televisiones digitales locales han expresado su voluntad de comenzar a emitir antes del verano. Así lo trasladaron las concesionarias gallegas de la demarcación de Santiago (Santiago, Ames, Teo, Vedra, Padrón, Brión, Negreira y Rois) al director general de Comunicación Audiovisual en una reunión sobre la TDT local.

Las primeras televisiones digitales locales han expresado su voluntad de comenzar a emitir antes del verano. Así lo trasladaron las concesionarias gallegas de la demarcación de Santiago (Santiago, Ames, Teo, Vedra, Padrón, Brión, Negreira y Rois) al director general de Comunicación Audiovisual en una reunión sobre la TDT local en la que participó el subdirector general de Infraestructuras de la Secretaría de Estado de la Sociedad de la Información del Ministerio de Industria, Ricardo Alvariño.

En su intervención, Ricardo Alvariño destacó que la penetración de la TDT avanza «por encima de las previsiones», según informó hoy la Xunta en un comunicado. En este sentido, explicó que ya se han vendido cerca de 700.000 receptores en el conjunto del Estado sólo en el mes de diciembre, alcanzando un total de 8.130.000 en todo el año.

En la reunión, en la que también participó el director-gerente del operador público de telecomunicaciones Retegal, Jesús García Porto, trataron el estado del desarrollo de los distintos proyectos, al tiempo que se aclararon aspectos técnicos y administrativos vinculados al proceso de digitalización.

El director general de Comunicación Audiovisual aprovechó el encuentro para presentar los proyectos de promoción de contenidos audioviosualdegalicia y cine gallego en la red, de los que podrán beneficiarse las concesionarias gallegas. Ambos proyectos, desarrollados por la Secretaría Xeral de Comunicación, ponen a disposición de los canales locales la producción audiovisual gallega para que la incluyan en sus parrillas de programación.
Fernández Iglesias subrayó que el servicio de contenidos Cine Galego na Rede forma parte de un proyecto global del audiovisual puesto en marcha desde la Secretaría Xeral, a través de la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que integra la Rede de Telecentros de Comunicación o la televisión por Internet, entre otros.

Según los datos aportados por la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, la Televisión Digital Terrestre tiene en Galicia una cota de pantalla superior al 6% y una penetración en los hogares del 28%. La televisión analógica perdió 8 puntos porcentuales netos de cobertura durante el pasado año.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

As primeiras televisións dixitais locais expresan a súa vontade de comezar a emitir antes do verán. Así llo trasladaron as concesionarias galegas da demarcación de Santiago (Santiago, Ames, Teo, Vedra, Padrón, Brión, Negreira e Rois) ao director xeral de Comunicación Audiovisual nunha xuntanza sobre a TDT local na que participou o subdirector xeral de Infraestruturas da Secretaría de Estado da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Ricardo Alvariño.

Na súa intervención, Ricardo Alvariño destacou que a penetración da TDT avanza “por enriba das previsións”. Neste sentido, explicou que xa se venderon preto de 700.000 receptores no conxunto do estado só no mes de decembro, acadando un total de 8.130.000 en todo ano.

Na xuntanza, na que tamén participou o director-xerente do operador público de telecomunicacións Retegal, Jesús García Porto, trataron o estado do desenvolvemento dos distintos proxectos, ao tempo que se aclararon aspectos técnicos e administrativos vencellados ao proceso de despregamento dixital. Así mesmo, o director xeral de Comunicación Audiovisual aproveitou a xuntanza para presentar os proxectos de promoción de contidos audioviosualdegalicia e cine galego na rede, dos que poderán beneficiarse as concesionarias galegas.

Ambos os proxectos, desenvolvidos pola Secretaría Xeral de Comunicación, poñen a disposición das canles locais a produción audiovisual galega para que a inclúan nas súas grellas de programación.

Fernández Iglesias subliñou que o servizo de contidos Cine Galego na Rede forma parte dun proxecto global do audiovisual posto en marcha desde a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que integra a Rede de Telecentos de Comunicación ou a televisión por internet, entre outros.

Todo o investimento e esforzo que se está a realizar non ten outro sentido que o de incrementar as ventas do audiovisual galego, abrindo novas vías para facilitar a súa explotación comercial, tanto directa coma indirectamente, facendo fincapé nas posibilidades reais de exhibición tanto a nivel nacional coma internacional.

A Televisión Dixital Terrestre ten en Galicia unha cota de pantalla superior ao 6% e unha penetración nos fogares do 28%. Así, a televisión analóxica perdeu 8 puntos porcentuais netos de cobertura durante o pasado ano.

R., 2008-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Tivo lugar a V edición do Foro de Directores de Informática, que reuniu aos responsables de dixitalización das 17 Comunidades Autónomas, onde se debateu o papel das administracións públicas para garantir que a intelixencia artificial beneficie a toda a poboación, con independencia das condicións sociais ou económicas. Os responsables autonómicos compartiron experiencias e analizaron os retos para a aplicación de tecnoloxías como a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. Houbo, así mesmo, unha sesión de traballo para analizar o futuro dos fondos europeos para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.
Foto de la tercera plana (concertos-do-xacobeo.jpg) Desde o Xacobeo 21-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nas actividades impulsadas baixo esta marca, que se consolidou como un motor económico e social. Este ano, os Concertos do Xacobeo acollerán case 100 eventos en máis de 50 localidades de toda Galicia, reunindo a 700 artistas de primeira liña, tanto internacionais como nacionais e galegos. A programación combinará grandes nomes da escena musical global, como Kings of Leon, Lenny Kravitz ou Alanis Morisette, con recoñecidos artistas galegos como Tanxugueiras, Guadi Galego ou Xoel López. A diversidade da programación, tanto en estilos como en formatos, permitirá atraer a públicos variados e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural dinámico, onde tradición e modernidade conviven nos escenarios.

Notas

Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro científico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas científicas.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES