Noticias

Constituido el Comité de Seguimiento del Programa Operativo Feder de Galicia 2007-2013

Santiago de Compostela, en el marco del Seminario de lazamiento del Programa Operativo Feder, acogió la constitución del Comité de Seguimiento de dicho programa para el periodo 2007-2013, con el fin de optimizar la gestión de los fondos europeos. Entre las modificaciones presentadas, la Xunta apuesta por la promoción de fórmulas público-privadas primando, además, actuaciones relacionadas con la sociedad del conocimiento, el medio ambiente, las redes de transporte, la formación, el empleo y el I+D.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía de la Xunta de Galicia:

Os fondos estruturais da Unión Europea supoñen un reto e unha oportunidade que Galicia debe aproveitar. Por iso, é necesario o compromiso dos responsables na xestión dos fondos para a optimización do seu uso pola trascendencia que teñen no proceso de modernización e converxencia con España e con Europa. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, na clausura do Seminario de Lanzamento do Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, celebrado en Santiago. Este seminario -con case 200 inscritos entre directivos e empregados públicos con responsabilidade de xestión de fondos comunitarios- contou coa participación do Xefe da Unidade de España da Dirección Xeral de Política Rexional, Eric Dufeil; e co Director Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía y Hacienda, José Antonio Zamora Rodríguez.

O conselleiro destacou na súa intervención as posibilidades de multiplicar os efectos da axuda comunitaria promovendo fórmulas de partenariado público-privado con outras instancias e lembrou, neste sentido, as iniciativas postas en marcha en colaboración co Fondo Europeo de Investimentos –para activar o programa Jeremie- e co Banco Europeo de Investimentos, para a diversificación das fontes de financiamento das empresas galegas. Ademais, Fernández Antonio animou aos xestores dos fondos a optimizar a eficacia e a eficiencia na selección, xestión e execución dos proxectos co obxectivo de optimizar o impacto da axuda comunitaria.

O conselleiro explicou que a profunda reorientación dos fondos realizada polo Goberno galego para o novo período 2007-2013, está orientada ás prioridades da Axenda de Lisboa impulsada pola Comisión Europea e persegue como obxectivo “renovar as bases da competitividade, aumentar o potencial crecemento e produtividade, e reforzar a cohesión social, a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano”. Neste sentido, engadiu, “resulta fundamental unha intervención priorizada e focalizada que responda ás necesidades actuais de Galicia, co obxectivo de impulsar o seu desenvolvemento no contexto de crecemento e emprego fixado pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa”.

Galicia recibirá fondos comunitarios por valor de 5.674 millóns de euros con cargo ao marco orzamentario 2007-2013, o que a sitúa como a comunidade autónoma con máis recursos comunitarios tras Andalucía. Engadindo as achegas do cofinanciamento procedentes da Administración central e da propia Galicia, o total de recursos para o conxunto do período ascende a 8.226 millóns de euros. Pola súa banda, o conxunto dos programas operativos Feder para ese período contará con 3.452 millóns de euros que, xunto coas achegas estatal e autonómica, mobilizarán un investimento de 4.859 millóns de euros. Pola súa parte, o Programa Operativo Feder, conta con 3.172 millóns de euros, dos que 2.192 millóns corresponden a axuda comunitaria.

Segundo expuxo o conselleiro, Galicia dedicará máis fondos a educación e a I+D+i –en definitiva, ao coñecemento- que a infraestruturas, co obxectivo de impulsar unha economía competitiva que permita avanzar na converxencia coas rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. No seu conxunto, a comunidade dedicará preto o 42% dos fondos procedentes do Feder á mellora do capital tecnolóxico ao través do desenvolvemento da economía do coñecemento e da innovación empresarial; o 31% ás infraestruturas de transporte e enerxía; e o 27% aos aspectos relacionados co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Esta nova orientación foi valorada positivamente polo Xefe da Unidade de España da Dirección Xeral de Política Rexional, Eric Dufeil, que participou no Seminario onde explicou a “alta satisfacción” da Comisión pola “alta calidade do programa operativo de Galicia”. O membro da Comisión Europea, que cualificou de “xiro estratéxico” a nova orientación de Galicia no uso dos fondos en liña coa Axenda de Lisboa, animou a identificar novas ideas e proxectos, e a impulsar os partenariados público-privados que permitan unha mellor utilización dos recursos europeos.

Xunto coa celebración do Seminario, constituíuse o Comité de Seguimento do Programa Operativo de Galicia 2007-2013, órgano encargado de asegurar a eficacia, a calidade e o correcto desenvolvemento do programa. Dito comité está presidido pola Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía y Hacienda e integra, como membros permanentes por parte da Xunta de Galicia, a representantes da Dirección Xeral de Planificación e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda; da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, e da Secretaría Xeral da Igualdade, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. Ademais, son membros a título consultivo un representante da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, e outro da Dirección Xeral de Estruturas Pesqueiras, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

R., 2008-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES