
O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na presentación desta proposta cultural enmarcada nos Concertos do Xacobeo. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos.
Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia lembrou como o ciclo é unha mostra máis da aposta estratéxica da Xunta pola programación de eventos musicais singulares que poñen en valor o territorio, a paisaxe, o patrimonio, a música e a cultura galegas.
Salientou o feito de que a iniciativa estea aberta a públicos de todas as idades, coa parte que ten de poñer en valor a cultura galega. Máis ca un festival, é un encontro cultural deseñado para conectar os asistentes coas tradicións galegas a través da música en directo, a gastronomía autóctona e a artesanía local, filosofía que se engloba á perfección na liña de actuación dos Concertos do Xacobeo. Merelles tamén incidiu no potencial da proposta como motor de dinamización cultural para os concellos de toda Galicia.
O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade, en liña co traballo da Axencia. Todos os eventos terán carácter gratuíto.
Concertos do Xacobeo
En 2025, máis de 700 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros formarán parte da programación dos Concertos do Xacobeo, a aposta da Xunta de Galicia por situar á comunidade como referencia de grandes eventos musicais. A citas xa consolidadas, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o PortAmérica, o Resurrection ou o Caudal Fest únense outras novas, como o Festival Jaleo!, que levan distintas opcións musicais a preto dun centenar de festivais, ciclos e concertos en máis de 50 localidades de toda Galicia. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.