Notas de prensa

A UDC presenta os resultados do proxecto europeo 'A Welcome Kit to Europe'

AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.

O vindeiro mércores, 21 de maio, a profesora Pilar Couto Cantero, docente da Área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade da Coruña, presentará no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña) a Conferencia Final do proxecto europeo Erasmus+ “A Welcome Kit to Europe” (AWKE), que lidera a UDC.

Este proxecto internacional, cofinanciado pola Unión Europea cun orzamento de 250.000 euros, reuniu a 11 entidades de 6 países distintos —colexios, asociacións e universidades— para traballar arredor da inclusión social e educativa de persoas inmigrantes e con necesidades específicas de aprendizaxe. Os socios da UDC no proxecto son: 2nd Gymnasium of Nafpaktos e Fthia in Action, en Grecia; Agrupamento de Escolas de Monserrate, en Portugal; a Asociación de Empresarios Polígono Sabón – Arteixo, o IES Urbano Lugrís da Coruña e a asociación PICE (Profesores para la Innovación y la Calidad Educativa) da Coruña, en España; a Eurasia Innovative Society Association, en Turquía; o Instituto Borsellino – Ajello, e o Liceo delle Scienze Humane Albertina Sanvitale, en Italia; e a University of Cyprus, Software Engineering and Internet Technologies Lab, de Chipre.

Durante o acto, exporanse os principais resultados desta iniciativa, entre os que destaca a creación dun “Kit de Benvida” a Europa, deseñado para facilitar a integración efectiva deste colectivo no contexto europeo, que inclúe diverso material de aprendizaxe de linguas. Desenvolverase tamén un obradoiro para elaborar un plan de negocios, e terán lugar catro International European Meetings coa participación dos socios e persoal experto no tema a debater.

O Proxecto AWKE

AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural.

Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais. Así mesmo, inclúe o desenvolvemento das habilidades e competencias dixitais de toda a poboación a través de programas e iniciativas axeitados.

A estratexia, actividades e resultados deste proxecto contribuirán a solucionar o problema dos inmigrantes e estudantado con dificultades de aprendizaxe; tamén ao profesorado con alumnado inmigrante nas súas clases, e en xeral a calquera alumno interesado en aprender idiomas.

Este proxecto reflicte o compromiso da Universidade da Coruña coa inclusión educativa e social, promovendo unha Europa máis accesible e equitativa.

Universidade da Coruña (UDC), 2025-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES