
Nota de prensa remitida por el Ayuntamiento de Cangas:
Un total de 14 formacións musicais participarán no programa Son de Cangas, que está a ultimar a Concellería de Xuventude. A iniciativa substitúe ó anterior Directo Xove cun proxecto renovado e ampliado que pretende impulsar a promoción dos grupos locais, calquera que sexa o seu estilo.
O Concelleiro de Xuventude de Cangas, Óscar Graña, explicou que o novo nome do programa está extraído das propostas que fixeron as propias bandas que participan nesta edición e sinalou o xogo de palabras entre o verbo ser, que identifica a pertenza ó municipio, e o substantivo que fai referencia ó sonido.
Unha das principais novidades que incorpora Son de Cangas é a apertura ós diversos estilos musicais que practican os mozos da vila, dende o pop e o heavy ata o folc ou as bandas de música. Deste xeito, terán cabida no programa as formacións Lavorda, A pedir de Milkhouse, Jit, Estado Puro, Crawl, Mechanix, Fíjado Korroído, Póstuma, Pan con pan, Kaixosama y L. César, Negra Sombra, Kalighula, FainoTi, e mais a sección xuvenil da banda de música Bellas Artes.
Óscar Graña indicou asemade que o novo proxecto pretende superar o localismo no que se atopaba sumido o Directo Xove, polo que o seu departamento vai traballar na promoción dos grupos co obxectivo de dalos a coñecer máis aló das fronteiras do municipio. Nesta liña, establecerase un calendario de concertos que lles permitirá ós participantes actuar en locais de Cangas ata o verán. Coincidindo coas vacacións estivais, no mes de xuño celebrarase un gran festival ó aire libre que non suporá o final do programa, senón unha paréntese ata mediados de setembro para que as bandas se dediquen a tocar fóra da vila, para o que a Concellería de Xuventude establecerá contactos cos organizadores de concertos.
Ademais de garantir polo menos unha actuación no municipio e abrir as portas á promoción exterior, Son de Cangas daralles ás formacións musicais a oportunidade de gravar un tema para a edición dun disco conxunto. Segundo sinalou Óscar Graña, este CD distribuirase entre a prensa especializada, produtores musicais, salas e promotores de concertos. Para que o resultado final da gravación sexa óptimo e tendo en conta que moitos grupos afrontan por primeira vez esta tarefa, os participantes contarán con máis tempo e asesoramento profesional, co fin de gañar en calidade.
O programa de dinamización musical da Concellería de Xuventude culminará a finais de ano cunha gala na que, ademais de contar con algunha actuación e extraer as conclusións finais do proxecto, se lles entregarán ós participantes as achegas de 300 euros coas que o Concello contribúe a fomentar a actividade das bandas locais.
Óscar Graña engadiu que será tamén un apoio importante para os grupos o novo local de ensaio e gravación promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta, que será unha realidade en 2009. O novo centro vai ser o máis grande de todo o país e disporá de instalacións tanto para ensaios como para gravación de imaxe e sonido, co que constituirá un novo impulso para Son de Cangas.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.