Noticias

Una gran pantalla con una muestra de 3.000 gotas de agua de todos los ayuntamientos presidirá el pabellón gallego en la Expo de Zaragoza

Se presentó el pabellón de Galicia en la Expo de Zaragoza 2008 en el que se invirtió 1'6 millones de euros. La estructura, de 7x13 metros y formada por pequeños recipientes con agua procedente de fuentes, ríos, playas y pozos de todos los ayuntamientos gallegos, servirá también para promocionar el Xacobeo 2010.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Álvarez presentou na sala de prensa da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a proposta que Galicia trasladará á Exposición Internacional de Zaragoza, o gran evento que, centrado na auga e o desenvolvemento sostible, levarase a cabo na capital aragonesa entre o 14 de xuño e o 14 de setembro. No acto de hoxe, o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Turismo, Rubén C. Lois González mailo xerente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar.

Unha pantalla xigante de trece metros de lonxitude por sete de alto será o elemento central dun pavillón que contará cunha superficie total de 350 metros cadrados. Esta estrutura estará formada por 3.000 mostras de auga que serán recollidas, dende febreiro ata maio, por un equipo de especialistas que percorrerán os 315 concellos de Galiza. As mostras serán introducidas nuns recipientes transparentes que, envasados ao baleiro, conformarán unha orixinal malla. Este peculiar muro de auga formará unha pantalla interactiva sobre a que se irán proxectando imaxes do país. Cada un dos 3.000 envases serán só visibles cando o visitante se aproxime a eles e contarán con información precisa do lugar onde foi captada a auga.

A través deste escenario visual e emocional Galiza tentará transmitir neste magno evento, e dunha maneira nova, orixinal e interactiva, que é o país da auga, o elemento que a percorre por todos os seus recantos e a define e enriquece.

Fronte a esta pantalla desenvólvese un pavillón que está concibido como un espazo de relax. Unha atmosfera tipo chill-out onde repousar e captar as sensacións que transmite o lugar. No lateral esquerdo da sala ubicarase unha ringleira de pantallas a través das que o visitante poderá visualizar, entre outros recursos, o making of da captación das augas, é dicir, un audiovisual onde se mostrará como foi a recollida das augas para a gran pantalla nalgúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Esta fórmula permitirá percorrer os mellores recursos turísticos do país relacionados coa auga, e dun xeito diferente. Entre eles: Acantilados de Roncudo, Santo André de Teixido, Fragas do Eume, Fonte de Praterías, Pedregal de Irimia, Pedregal de Irimia, Devesa da Rogueira, San Miguel de Montefurado, Fonte da Fonsagrada, As Burgas, Ribeira Sacra, Pena Trevinca, Manantial de Riocaldo, Fervenza do Toxa, Esteiro do Miño, Balneario de Mondariz e praia da Lanzada.

NoticiaA través desas pantallas,o visitante poderá acceder tamén a toda a información relativa ás captacións de auga: nun mapa de Galicia aparecerán todos os puntos de recollida e a ubicación concreta no panel xigante.

Á entrada do pavillón, a exposición mostrará cinco grandes paneis informativos montados sobre caixas de luz, onde se desenvolverán os seguintes temas:

∑ Os Camiños de Santiago (Xacobeo 2010).
∑ Espazos Naturais (Parque Nacional, Parques Naturais, Humedais, Rede Natura, Reservas da Biosfera)
∑ Termalismo
∑ Praias
∑ Denominacións de Orixe
∑ Cascos históricos relacionados coa auga
∑ Industrias do mar

Finalmente, a fachada exterior do pavillón artellarase como un pórtico escenográfico, unha infinidade de luces que irán cambiando de cor como alegoría á Vía Láctea, á Galiza verde ou á propia auga.

A consellaría de Innovación e Industria está a investir no Pavillón de Galiza, a través da S.A. de Xestión do Xacobeo, 1,6 millóns de euros. Nas próximas semanas convocarase o concurso de execución da obra pois o deseño maila dirección dos traballos xa foi adxudicado, por concurso público, o pasado 18 de setembro, á empresa Expociencia S.A.

A semana de galiza na expo

NoticiaEntre os días 12 e 20 de xullo Galiza terá a súa semana grande dentro da Exposición Internacional. Unhas xornadas que contarán cun amplo programa de actividades socio-culturais onde se darán cita os referentes musicais e artísticos máis destacados do noso país. Nestes momentos estase a pechar o programa de actuacións.

Participación no foro científico
Galiza presentou vinte proxectos ao foro “Tribuna da Auga”, o gran encontro científico da Expo. As tres universidades, a Xunta de Galicia, diversas ONGs e organismos ou institucións medio ambientais galegas participarán cos seus traballos e investigacións coa finalidade de participar nesta cita. Con todos eles publicarase un volume científico sobre Galiza e a auga.

Unha selección da mellor gastronomía
Por último, o noso país levará a Zaragoza unha selección da súa mellor oferta gastronómica. O Centro Superior de Hostalería de Galicia será o encargado da súa xestión. O restaurante funcionará como un fast-food que Galiza compartirá nun mesmo recinto coas restantes Comunidades Autónomas.

Máis información sobre Galiza na Expo en //www.xacobeo.es//.

R., 2008-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaje.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Foto de la tercera plana (20261006-xunta.jpg) O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.

Notas

O físico Francis Halzen (Tienen–Bélxica, 1944) galardoado este martes co premio Nobel de Física 2026 mantén dende hai case 40 anos unha estreita colaboración co persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, e cuxo comité asesor actualmente preside. Halzen conseguiu o galardón polas contribucións decisivas ao observatorio de neutrinos IceCube e polo descubrimento de neutrinos de alta enerxía de orixe astrofísica
A pesca artesanal galega está a responder de forma máis activa aos impactos do cambio climático, mentres o marisqueo a pé presenta unha situación especialmente vulnerable e unha menor capacidade de resposta. Esta é unha das principais conclusións do proxecto Atac, Adaptación e Transformación da Pesca Artesanal ao Cambio Climático, liderado polo grupo de investigación Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES