Noticias

El Museo de Arte Contemporáneo de Vigo presenta el programa de actividades infantiles Tempo de Nadal

Se trata de una apuesta por las actividades familiares promovidas para disfrutar de la cultura en el periodo de vacaciones escolares de Navidad. El departamento didáctico del MARCO propone un Laboratorio de Artes en el que se incluyen actividades como los espectáculos Marquiño no Nadal y los talleres Obxectos de Nadal.

Nota de prensa remitida por el Departamento de Comunicación del Marco de Vigo:

Cara ao período de vacacións escolares vacacións escolares de Nadal, o departamento didáctico do MARCO de Vigo, co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, pon en marcha un programa de actividades para familias que leva por título TEMPO DE NADAL.

Dende o 21 de decembro ata o 5 de xaneiro, as sesións de títeres e os obradoiros para nenos e adultos no Laboratorio das Artes ofrecerán ao público familiar a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer dun xeito creativo e participativo. Neste programa, unha das claves é a participación e interacción de público infantil e adulto, potenciando a idea do museo como punto de encontro social entre educadores, nenos e adultos acompañantes.

ACTIVIDADES

O programa inclúe dous tipos de actividades:
- ‘MARQUIÑO NO NADAL’: espectáculos de títeres seguidos de talleres no Laboratorio das Artes, en horario de mañá.
- ‘OBXECTOS DE NADAL’: actividades e talleres relacionados coa creación e deseño de obxectos contemporáneos, en horario de tarde (e tamén en horario de mañá os días que non hai funcións de títeres).

OBXECTIVOS

- Achegarse ao coñecemento da historia da arte dunha forma didáctica, amena e divertida
- Fomentar a participación e interacción nenos-adultos en actividades conxuntas
- Familiarizar a público infantil e adulto coa contorna do museo, fomentando hábitos de consumo cultural
- Contribuír á educación da mirada; potenciar a percepción visual e sensorial
- Mellorar habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación
- Potenciar a creatividade e a imaxinación
- Mellorar o entendemento e disfrute de artistas e obras de arte contemporánea
- Contribuír a unha mellor comprensión das manifestacións artísticas contemporáneas, a través da interacción entre elementos visuais e sonoros.

DESTINATARIOS

- O proxecto ‘TEMPO DE NADAL’ está dirixido a todo tipo de públicos, pero especialmente destinado a nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas.

MARQUIÑO NO NADAL. Títeres e talleres

Polas mañás, os espectáculos de títeres consisten nunha serie de pezas teatrais independentes entre si —cunha duración aproximada de 30 minutos cada unha— con argumentos centrados en diferentes artistas e movementos artísticos dos séculos XX e XXI, que teñen como protagonista a ‘Marquiño’, que percorre o mundo na busca das súas orixes. As sesións de títeres están seguidas de talleres no Laboratorio das Artes (o espazo de didáctica no 1º andar) nos que se realizan actividades relacionadas con cada representación. O obxectivo é achegar a arte contemporánea ao público infantil, asimilando os conceptos implícitos en cada sesión a través dos espectáculos e das actividades posteriores no taller.

Marquiño, Colorina e Colorado, Van Gogh, Chof ‘a pinga viaxeira’, Picasso, Lady Minimal, o Burato Cibernético, a Voz e outros personaxes volven ao MARCO da man da Compañía TÍTERES EN ACCIÓN. A través de encontros, situacións, diálogos, metáforas, poesía visual, instalacións, música, luces e imaxinación, iremos percorrendo distintas obras e etapas da arte contemporánea: dende o expresionismo, o cubismo, o fauvismo e o surrealismo, ata as propostas máis actuais en arte dixital e vídeo.

Tanto os guións como os personaxes, os obxectos e o espazo escénico —guiñol, decorados, atrezzo— están inspirados nos fundamentos da arte contemporánea e as súas propostas. Pero estamos no tempo de Nadal, e por iso, os personaxes que acompañan a Marquiño ocuparanse de que o ambiente, o decorado, a música e as cancións estean relacionados con esta especial época do ano. Durante a primeira sesión do 22 de decembro, e a última do 5 de xaneiro, os personaxes farán a súa particular versión das panxoliñas, cancións e melodías que están tamén presentes nos argumentos das outras sesións.

OBXECTOS DE NADAL. Talleres e actividades

Polas tardes (e tamén en horario de mañá os días que non hai funcións de títeres) o Laboratorio das Artes acolle un programa de actividades e talleres relacionados coa creación e deseño de obxectos contemporáneos a partir de motivos tradicionais. Tomando como base as formas, motivos, cores e historias relacionadas coa época navideña en diferentes tempos e lugares, construiremos e crearemos pezas que serán a nosa particular interpretación do Nadal en clave contemporánea.

Unha árbore de Nadal que funciona como escultura, a casa de Papá Noel para un obradoiro de arquitectura, a estrela de Oriente como punto de partida para o ensaio de formas xeométricas... As historias reinterpretadas e o deseño de novos motivos de decoración combínanse nestes talleres de creación de obxectos que servirán como especiais agasallos para amigos e familiares.

R., 2007-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifícase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá do 10 ao 14 de agosto dous congresos internacionais, o Third Solar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology, coincidindo co fenómeno da eclipse. Dúas citas para especialistas na materia que contan coa colaboración da Universidade da Coruña.
Financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa, o proxecto HYP-Hypothesis You Preserve, ten entre os seus obxectivos a creación dunha 'enciclopedia dixital colaborativa de historia alternativa', unha disciplina que propón reflexionar sobre que tería acontecido se determinados feitos históricos se tivesen desenvolvido dunha forma diferente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES