Noticias

Galicia celebra en Cuba el centenario del Himno interpretado por primera vez en La Habana en 1907

Un acto institucional en el Teatro García Lorca de La Habana, el mismo escenario en el que fue interpretado por primera vez en 1907, sirvió para conmemorar el centenario del Himno gallego: la versión del poema de Eduardo Pondal musicado por Pascual Veiga y convertido en uno de los símbolos de la identidad de Galicia. Cien años después fue interpretado por Rosa Cedrón, el Coro del Teatro Lírico de la Habana y la Sinfónica de Cuba en un evento calificado como fiesta mundial de la galleguidad.

El acto solemne del centenario del Himno Galego, motivo central de la visita oficial a Cuba del jefe del Gobierno autonómico, Emilio Pérez Touriño, acompañado con representantes de los tres grupos parlamentarios gallegos y de la presidenta de la Cámara, Dolores Villarino, tuvo lugar en el Teatro García Lorca de La Habana, por su canal internacional. Precisamente, es el mismo escenario en que fue interpretado por primera vez en diciembre de 1907, la versión del poema de Eduardo Pondal musicado por Pascual Veiga y convertido en símbolo de la identidad gallega. Cien años después, fue la Orquesta Sinfónica Nacional de Cuba, el Coro Teatro Lírico de la Habana y la cantante Rosa Cedrón los encargados de interpretar el Himno Galego.

El gran acto institucional de conmemoración del centenario del Himno Galego fue transmitido por la TVG con conexiones con La Habana, donde se realizó la celebración central, que fue completada con las conexiones con Buenos Aires, Montevideo, Salvador de Bahía y Barcelona, donde se organizaron actuaciones musicales de forma paralela y simultánea en un intento de reunir y hacer partícipes de esta "fiesta mundial de la galleguidad" a las distintas colectividades gallegas en el exterior.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, remarcou que o Himno Galego posibilitou que Galicia cobrase unha maior conciencia de si mesma e das súas posibilidades, ao tempo, aseverou “que fixo do país un lugar máis aberto ao mundo e con mellores capacidades para entender o seu entorno e para moverse nel”. Así o subliñou durante o acto de celebración do centenario do Himno Galego, que tivo lugar este mediodía no Teatro Federico García Lorca, en La Habana, o espazo onde o 20 de decembro de 1907 soou por primeira vez a composición poético-musical que, “un ano máis tarde e por acordo do Centro Gallego desta cidade sería declarada Himno Galego”.

No acto, o presidente da Xunta estivo acompañado polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández; polo Vicepresidente do Consello de Estado e do Comité Executivo do Consello de Ministros, Carlos Lage; e polo embaixador de España en Cuba, Carlos Alonso Zaldívar, ademais de distintas autoridades e representacións galegas, entre elas, a presidenta da Cámara galega, Dolores Villarino e os representantes dos tres grupos parlamentarios.

Na súa intervención, o titular do Goberno autonómico fixo un repaso pola historia da composición que aúna a música de Pascual Veiga e os versos do poema Os Pinos, de Eduardo Pondal, que, indicou, “pouco o pouco facéndose patrimonio común de todos os galegos” e que no ano 1984 acadou a condición xurídica e política “plenamente oficial” ao ser recoñecida como representación musical da comunidade galega, mediante a aprobación unánime no Parlamento galego da Lei de Símbolos de Galicia.

Emilio Pérez Touriño cualificou o Himno como “emblema de toda a galeguidade e da Galicia universal”, motivo polo que, asegurou, “o cantamos con cariño e convición”. “Ao facérmolo –engadiu-, estamos invocando a casa común das galegas e os galegos, estamos facendo un exercicio de identificación emocional que logra que nos sintamos máis unidos e máis fortes arredor dunhas imaxes que todos facemos nosas”.

“O Himno Galego é un canto que simboliza a unión de todos os cidadáns galegos sexa cal sexa a súa forma de pensar, as súas opcións políticas, as súas crenzas en calquera materia”, abondou Pérez Touriño, subliñando que é, á vez, un canto de “reivindicación e chamamento”, pero de “reivindicación á paz e de chamamento á concordia, de reivindicación da solidariedade e da harmonía entre os pobos, de chamamento á convivencia e á irmandade”. “Un himno –engadiu-, que chama a loitar por unha Galicia mellor e a non pelexar contra ninguén”, insistiu.

Na súa intervención ante máis de 1.300 persoas no Teatro García Lorca de La Habana, o presidente da Xunta remarcou, ademais, que o Himno Galego forma parte inescusable do mellor legado galeguista e democrático, “da herdanza de dignidade e fe transmitida por miles de homes e mulleres que arrostraron dificultades e sacrificios para que en Galicia e no conxunto de España reinasen a liberdade, a democracia e o autogoberno”.

Por iso, aseverou, o Himno creado por Eduardo Pondal e Pascual Veiga “é unha chamada a seguir afondando na edificación dun gran soño colectivo, que hoxe se traduce no traballo diario por unha Galicia máis libre, máis xusta, máis culta e máis solidaria”.

[FOTO]Na celebración do centenario o presidente galego tamén recibiu a primeira partitura para orquestra do Himno que se conserva, xesto que Pérez Touriño agradeceu ao pobo cubano, “que –indicou-, soubo custodiar algún dos nosos máis apreciados tesouros simbólicos, porque forman parte dos nosos sinais de identidade, como estas históricas partituras que veño de recibir”, aseverou.

A celebración do centenario foi retransmitida simultaneamente en varios países e desde distintos lugares como Buenos Aires, Montevideo, Salvador de Bahía, Barcelona e Galicia e nela participaron distintos artistas, políticos e intelectuais galegos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

Cando se van cumprir cen anos dende que o himno galego fose interpretado por vez primeira na Habana, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quixo renderlle a súa homenaxe ao himno, “o canto da Galiza que se sente responsable do seu porvir e o son dun país que está certo de ter un futuro de benestar se confía na capacidade das súas xentes”.

Quintana botou a vista atrás para lembrar que hai un século a sociedade galega comezou a recoñecerse como suxeito de dereitos políticos, “desexosa de dotarse de institucións propias para gobernarse, decidida a destacarse como nazón botando man de símbolos de identidade”. Tamén lembrou o importante papel dos galegos da diáspora que naquel entón perseguían o soño común de que “a nazón de Breogán tivese voz propia, que puidese decidir e construírse libremente como unha nazón próspera, igualitaria e máis xusta”, destacou. Por iso, quixo recoñecer a labor das comunidades galegas de América, ás que cualificou de “retagarda cultural e política dun pobo que comezaba a expresarse”.

Tamén explicou o vicepresidente como arredor da bandeira e do himno de Pondal e de Pascual Veiga se reuniu o pobo galego para reclamar a súa personalidade nacional e reclamar un futuro de felicidade. “A bandeira e o himno son os símbolos que representan a Galiza no mundo, representan oficialmente ás galegas e aos galegos”, especificou.

Quintana afirmou que neste comezo do século XXI, Galiza conta xa con institucións nacionais de goberno e que “procuramos ampliar as súas capacidades soberanas para construír un novo espazo de cidadanía que nos permita o exercicio real dos nosos dereitos; así asegurar a normalización da nosa cultura e da lingua galega, para desenvolver o potencial da nosa economía como garante de benestar, igualdade e solidariedade”.

O vicepresidente concluíu dicindo que, un século despois da súa primeira interpretación, o himno segue a cantar a Galiza que quere ser “dona de si mesma” e fai un chamamento para que todos “os bos e xenerosos poidamos exercer as nosas liberdades como nazón”.

R., 2007-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES