Noticias

Presentado en la Feria Internacional Broadcast de Madrid el Clúster Audiovisual Gallego

Esta organización empresarial, activa desde hace cuatro años, dio a conocer los proyectos desarrollados en el ámbito de las nuevas tecnologías, la creatividad, el fomento de los recursos humanos y la internacionalización del sector audiovisual gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da dirección xeral de Comunicación Audiovisual, participou en Madrid na presentación dos últimos avances galegos no eido audiovisual. O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias participou no Salón Profesional Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, Broadcast2007 no marco da Feira Internacional de Informática, Multimedia e Comunicación, SIMO 2007 que se celebra en Madrid ata mañá.

Fernández Iglesias participou na presentación do stand do Clúster Audiovisual Galego na que se exhibiron as últimas propostas das empresas da nosa comunidade integradas no Clúster. Na súa intervención, Fernández Iglesias salientou o compromiso do Goberno galego coa presenza exterior do sector audiovisual de Galicia. O director xeral de Comunicación Audiovisual prestou o seu apoio e o do departamento que dirixe ás empresas do clúster que presentaron no seu stand corporativo as últimas novidades tecnolóxicas en produtos e servizos.

Fernández Iglesias subliñou a “boa acollida entre o sector e os profesionais das propostas desenvolvidas en Galicia”. Así mesmo, destacou a relevante presenza das empresas audiovisuais galegas “nunha feira de referencia no eido audiovisual profesional como é o Broadcast20007”. No acto participaron seis empresas asociadas ao clúster, que deron a coñecer os seus proxectos en servizos interactivos. Estas empresas foron Spica, Grupo Vitelsa, Filmanova, Adivina Producciones, Ficción Producciones e Lambdastream.

Nos catro anos que leva traballando, o clúster ten posto en marcha numerosas iniciativas, tanto no ámbito do desenvolvemento das novas tecnoloxías como no creativo, fomentando os recursos humanos e a internacionalización, impulsando a expansión do sector galego. O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, foi o encargado de representar ao Goberno galego no Broadcast2007, que este ano celebra a súa edición décimo terceira. Dentro do programa deste ano, Fernández Iglesias asistiu a dúas xornadas técnicas sobre a TDT e a televisión móbil, así como a unha mesa redonda sobre o tema.

A Broadcast é a feira española de referencia para o sector audiovisual e unha das primeiras do mundo. Este ano contou cun total de 197 empresas expositoras que presentarán os seus servizos ata mañá. A industria audiovisual leva dous anos preparando unha convocatoria, que ten como obxectivo presentar a tecnoloxía audiovisual máis avanzada. Broadcast constitúe un fiel reflexo da favorable conxuntura que atravesa o sector, propiciada entre outros aspectos pola proliferación dos medios audiovisuais ou o vertixinoso desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre, ante o inminente apagón analóxico.

R., 2007-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES