
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, anunciou que os Orzamentos de Galicia para o próximo ano destinarán preto de 500 millóns de euros ao impulso da actividade económica e da competitividade. En concreto, a dotación desta liña estratéxica acada os 497 millóns de euros que inclúen os programas do Igape e Xesgalicia (210 millóns de euros), e as actuacións sectoriais das distintas consellerías. O obxectivo final, segundo explicou, é reforzar as políticas que permiten impulsar o crecemento económico, a creación de emprego estable e de calidade, e a mellora da competitividade da economía galega. O conselleiro presidiu hoxe o consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), onde informou das liñas prioritarias da política empresarial e orzamentaria.
En relación aos instrumentos de apoio empresarial dependentes da Consellería de Economía e Facenda Igape e Xesgalicia- Fernández Antonio sinalou como elemento central da estratexia a concentración de esforzos en tres áreas: a internacionalización; a ampliación e mellora dos instrumentos de financiamento empresarial; e o potenciación dos servizos de apoio ás empresas. Así, no ámbito do apoio á proxección exterior das empresas, o conselleiro subliñou accións como a potenciación dos Centros de Promoción de Negocios no Exterior; a intensificación dos vínculos empresarias con Latinoamérica; e a cooperación con institucións estatais e internacionais para aproveitar as sinerxias e complementariedades.
En segundo lugar, no ámbito do financiamento de proxectos empresariais, Fernández Antonio salientou a importancia das fórmulas baseadas en axudas reintegrables baseadas nun enfoque de compartir riscos cos empresarios. Ademais, lembrou as iniciativas xa en marcha con organismos internacionais como o Banco Europeo de Investimentos (BEI) e o Fondo Europeo de Investimentos (FEI), nos que Galicia é pioneira. Neste sentido, lembrou a colaboración co BEI no marco do Programa Jeremie, orientado a aumentar a eficacia na utilización de fondos comunitarios ao través de programas de financiamento empresarial que multipliquen os efectos dos recursos empregados; así como o convenio asinado co FEI para a análise da cooperación no impulso do capital risco.
Por último, no ámbito dos servizos ás empresas, o conselleiro destacou a importancia do apoio aos clústers empresariais, así como o reforzo da actividade de BIC Galicia en asesoramento e formación de emprendedores.
Por outro lado, na rolda de prensa posterior ao consello de dirección, Fernández Antonio valorou os resultados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre no que Galicia é a comunidade autónoma cunha maior caída no desemprego con 10.400 parados menos que no trimestre anterior. Segundo subliñou o conselleiro, a diminución da taxa de paro en 4,4 puntos porcentuais sitúa este rexistro no 6.7% o máis baixo dende o último trimestre de 1981. Neste sentido, engadiu, tense invertido a relación con España de tal xeito que a taxa de paro galega sitúase 1.3 puntos por debaixo da media estatal. Respecto do segundo trimestre de 2005, a poboación parada descendeu nun 37%.
A análise dos datos da enquisa revelan tamén máximos históricos en ratios como o da poboación activa feminina (un 44%), ou o de ocupación con 1.250.000 persoas, o que supón un incremento de cen mil ocupados respecto do segundo trimestre de 2005. Tamén nese período, acádanse bos resultados en canto á estabilidade no emprego cun aumento de 98.000 asalariados con contrato indefinido. Oito de cada dez novos asalariados teñen un contrato indefinido, subliñou o conselleiro, que tamén destacou que en 9 trimestres a poboación asalariada feminina con contrato indefinido aumentou nun 25,4%. Ademais, sete de cada dez empregos novos foron ocupados por mulleres.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.