Noticias

Medio centenar de expositores participan en la feria ElectroActiva 2007

El 27 de octubre se presentan en Santiago de Compostela las novedades del sector y los electrodomésticos más modernos. Se exhiben modelos que hablan con los usuarios y otros interactivos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de ElectroActiva:

Un total de 52 expositores, entre os que se atopan os principais fabricantes de electrodomésticos do mundo, estarán presentes na VI edición da feira ElectroActiva, que se celebra no Multiusos Fontes do Sar en Santiago o día 27, para mostrar as últimas novidades do sector e os electrodomésticos máis modernos. Entre outras innovacións, exporanse electrodomésticos que falan co usuario e modelos interactivos, segundo informou esta mañá en rolda de prensa Andres Pérez, director de ‘ElectroActiva’, acompañado por Ana Cerqueiro, responsable de Marketing.

‘ElectroActiva’ chega a súa sexta edición consolidada como un certamen sectorial de referencia e único en Galicia, que crece este ano nun 40% en número de expositores. Pero tamén medra cualitativamente sobre as novidades que presenta, como gran escaparate das últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas ao sector, no que se se exhibirán electrodomésticos moito máis prácticos e eficaces, que gañan en ergonomía e manexabilidade, con deseños funcionais, enerxéticamente máis eficentes e máis respectuosos co medio ambiente: lavadoras, lavalouzas e frigoríficos interactivos que facilitan o seu funcionamento e ademais falan co usuario.

A firma Balay presentará na feira a súa nova serie ‘Lógica’, unha gama que simplifica o seu modo de uso, incorporando un innovador módulo de voz. O sistema de voz electrónico destes electrodomésticos intelixentes guía ao usuario en todo momento no uso do apararello, axudándolle a seleccionar a función que desexe sen necesidade de consultar o manual de instruccións. Ademais, informa do estado do proceso do lavado, nas lavadoras e lavalouzas, realiza recomendacións de uso e emite sons avisando de posibles erros ou incidencias, e controla e axusta o programa necesario en todo momento. Os frigoríficos desta serie indican a secuencia de botóns que temos que pulsar para conseguir a función desexada e se comunica co usuario para confirmarlle a activación ou desactivación das mesmas. Asemade, informa acerca do estado do aparello avisando nos casos, por exemplo, nos que a porta quede aberta.

Outro fabricante, Ardo, presenta unha nova gama que cambia radicalmente o diseño e aspecto externo dos electrodoméstricos, propoñendo modelos realizados integramente en cor negra, como novo concepto estético para decorar as cociñas.

No marco desta feira ofreceranse sesións técnicas complementarias, entre as que destaca a presentación dun estudo anual de referencia para o sector, titulado “O observador da distribución”, que revela as tendencias nacionais de consumo, cara onde vai o mercado e os intereses dos consumidores. Os asistentes tamén poderán presenciar demostracións dos produtos e establecer os seus contactos de negocios cos representantes das marcas.

A feira, organizada polo Grupo Comercial Galego, GRUCOGA, responsable das cadeas Activa Galicia e Decoractiva en Galicia, está dirixida aos profesionais do sector dos electrodomésticos, informática e telefonía móbil, estando confirmada xa a participación de máis de 900 profesionais.

R., 2007-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES