Noticias

Ya está en funcionamiento la web del Observatorio Galego da Sociedade da Información

El OGSI espera convertirse en una fuente de referencia para el estudio del nivel de penetración de las nuevas tecnologías en Galicia y su desarrollo, evaluando la eficacia del impacto de las políticas públicas aplicadas en la sociedad de la información.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria vén de poñer en marcha o portal web do Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), co obxectivo de informar sobre o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) en Galiza. No sitio www.ogsi.sociedadedainformacion.eu, os internautas poden consultar enquisas, diagnósticos, estudos sectoriais e monografías, elaborados polo propio Observatorio, a iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria.

A creación do Observatorio, que efectivizou a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellaría, é unha das actuacións contempladas no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), o documento que guía a política de novas tecnoloxías do Goberno galego.

O OGSI aspira a converterse na fonte de referencia para o estudo e do grao de penetración das novas tecnoloxías en Galiza e as tendencias do seu desenvolvemento. Tamén busca facilitar a avaliación da eficacia e do impacto das políticas públicas nesta materia.

Para logralo, a nova web conta cunha sección de documentación que permite acceder, dun xeito sinxelo, a unha selección actualizada dos estudos e informes estatísticos de referencia de ámbito galego, estatal, europeo e internacional.

Ademais, a web do OGSI ofrece as últimas noticias e convocatorias sobre as novas tecnoloxías en Galiza. Tamén dispón dun boletín semanal coas novidades do OGSI e un clip de titulares web. O portal, que segue a desenvolverse, foi realizado na súa totalidade en código aberto, utilizando a ferramenta de xestión de contidos (CMS) Typo3 e conta con avanzados criterios de accesibilidade e licenzas Creative Commons.

Durante estes primeiros meses o sitio web irá completando os seus contidos, asumindo algunhas das funcionalidades e contidos relevantes do sitio http://www.observatoriotic.org/, que continuará a funcionar, durante un breve período de tranferencia, como repositorio histórico das métricas da sociedade da información realizadas en Galicia até 2005.

R., 2007-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES