Noticias

La CIG planta al conselleiro de Economía porque no consulta con los sindicatos sobre los presupuestos

El conselleiro de Economía de la Xunta de Galicia presentó ante los sindicatos los presupuestos autonómicos para 2007. Una cita a la que sólo asistieron UGT y CC.OO. ya que la CIG decidió no acudir en protesta por la actitud de la Consellería de no consultar con los sindicatos este documento. UGT y CC.OO. valoraron que el diálogo social se respalde a través de los presupuestos y piden agilidad y coordinación en la Ley de Dependencia.

La CIG decidió no acudir a la reunión convocada por el conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, con los sindicatos al entender que no consulta ni precisa a las centrales sobre los contenidos de los presupuestos para 2008. El máximo responsable de la central nacionalista, Xesús Seixo, explicó a Europa Press que, tras dos encuentros previos a los de hoy -en julio y la semana pasada-, "en los que no se avanzó nada", la CIG no quiere participar en una reunión "sólo por una formalidad o una foto". No obstante, confirmó que, una vez que se conozcan las partidas, hará "una evaluación" de las mismas.

Por su parte, tanto el secretario general de UGT, José Antonio Gómez, como el de CC.OO., Xan María Castro, valoraron que haya un respaldo presupuestario en 2008 a los nueve acuerdos consensuados por Administración, patronal y sindicatos en el marco del diálogo social. No obstante, aunque agradecieron que hubiese una mayor concreción de las cuentas públicas, aunque no toda la que desearían, si bien aseguraron que concuerdan con el conselleiro de Economía en los grandes objetivos presupuestarios. José Antonio Gómez cree que las partidas "apuestan por el camino correcto", en su opinión, "por la convergencia", tanto con España como con Europa, y por el cambio de modelo económico, sin poner en riesgo el gasto social. Xan María Castro también advirtió de que falta agilidad en la aplicación de la Ley de Dependencia en Galicia, pues considera que es muy larga la espera de evaluación de personas y su posterior ejecución de la ayuda, y coordinación entre las administraciones autonómica y locales.

Por su parte, José Ramón Fernández Antonio confirmó que los presupuestos "están cerrados", pero no quiso anticipar ninguna cuantía de las partidas, pues recordó que éstas serán aprobadas por el Consello de la Xunta el próximo jueves y entregadas al Parlamento el viernes. Así, se limitó a recordar que se prevé un crecimiento de la economía en 2008 "del 3,5 por ciento y la creación de 32.000 empleos". Indicó que las grandes prioridades serán "el crecimiento económico y por la inversión productiva, así como el fortalecimiento de las políticas sociales". Además, avanzó que el presupuesto para el plan de reequilibrio territorial, de carácter plurianual, tendrá "un fuerte incremento" en sus inversiones en relación tanto con el año 2006 como con el presente ejercicio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou que os orzamentos de Galicia para o próximo ano incorporan os compromisos do diálogo social, mantido polo Goberno galego coas forzas sindicais e os representantes empresariais. Así o explicou o conselleiro, logo de reunirse cos representantes de UGT Galicia, José Antonio Gómez; e de CC OO, Xan María Castro. O cumprimento deses compromisos, engadiu o conselleiro, darase en termos de políticas de empregabilidade, de mellora da calidade do emprego, e de creación de emprego, especialmente xuvenil. Ademais, indicou, se inclúen os obxectivos vinculados ás políticas de mellora da seguridade no traballo e de saúde laboral, así como os programas de igualdade no traballo recollidos nos acordos do diálogo social. Na reunión celebrada hoxe tamén participaron o director xeral de Orzamentos, Pedro Antonio Fernández; e o director xeral de Planificación e Fondos Comunitarios, Aureliano García González-Llanos.

O conselleiro salientou a sintonía nos obxectivos orzamentarios e as políticas propostas polas organizacións sindicais e lembrou que as políticas sociais dos orzamentos para 2008 concrétanse en primeiro lugar na mellora da calidade dos servizos sanitarios; e en segundo lugar, na extensión das políticas vinculadas ao benestar social e, en especial, a aplicación da Lei de Dependencia en Galicia. Tamén sinalou, neste ámbito, as políticas de mellora do transporte público e as relacionadas co impulso da vivenda protexida.

Xa no ámbito do outro gran obxectivo orzamentario –a aposta polo crecemento económico e o investimento produtivo- o conselleiro salientou que o impulso da actividade está vinculada á mellora das infraestruturas de comunicación, ao impulso do solo empresarial, e á aposta pola sociedade do coñecemento, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, e a innovación. O impulso á educación e á formación é outro dos puntais deste ámbito.

Todos estes obxectivos, engadiu o conselleiro, complementanse coas políticas de carácter horizontal vinculadas á cohesión territorial. Tras lembrar a elaboración do Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2007-2010, Fernández Antonio avanzou que terá o seu reflexo nos orzamentos de 2008 cun forte incremento dos investimentos en relación co 2007 e o 2006. Nesa liña, as políticas de desenvolvemento sostible e de medio ambiente tamén serán reforzadas. As actuacións en infraestruturas de depuración e o saneamento das rías é unha das prioridades dos orzamentos, que tamén afondarán nas actuacións xa iniciadas.

Por último, o conselleiro subliñou tamén os grandes obxectivos do ano que vén en termos económicos que son acadar un crecemento do PIB galego do 3,5% -dúas décimas por riba do previsto para España e moi por riba da media europea-; e a creación de 32.000 novos empregos. Iso supón, concluíu, que Galicia segue nunha senda de sólido crecemento económico e de creación de emprego. Para o actual exercicio, os obxectivos cumpriranse amplamente cun crecemento do PIB do 4% -fronte ao 3,4% previsto nos orzamentos 2007- e coa creación de 37.000 empregos –fronte a un obxectivo de 35.000-.

R., 2007-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES