Noticias

Acuerdo para crear una sociedad mercantil para la producción cinematográfica gallega

Inicialmente dotada con 3 millones de euros, se trata de un nuevo instrumento para convertir a Galicia en un espacio preferente del audiovisual gallego. Nace con el fin de traspasar fronteras y fomentar la promoción de la identidad gallega en el exterior.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, destacou no acto de sinatura do convenio de colaboración entre o Goberno galego e Caixa Galicia que a colaboración que comeza “supón cubrir un baleiro na política de produción audiovisual en Galicia” nun ámbito considerado unanimemente como estratéxico mediante a creación dunha sociedade mercantil inicialmente dotada con tres millóns de euros.

O presidente destacou que o convenio entre o Goberno galego e a entidade financeira Caixa Galicia ten como finalidade establecer vías de cooperación para apoiar e promocionar a produción cinematográfica galega. Ambas as dúas partes achegan para o desenvolvemento das accións descritas no convenio unha contía económica global de 3 millóns de euros que se destinarán a posibilitar a participación na produción de longametraxes cinematográficas en Galicia que presenten unha manifesta vocación comercial e se consideren economicamente viables.

Salientou que se avanza na consolidación do sector audiovisual, ao ir máis aló da política de subvencións ou os acordos puntuais xa existentes, como o asinado recentemente con Brasil, e “dar un paso novidoso: o de complementar a política de subvencións con unha política de acompañamento da iniciativa privada”. “O instrumento que nace con este convenio non vai facilitar subvencións en ningún caso, se non que vai coparticipar con idéntico risco en grandes proxectos cinematográficos que aporten valor engadido a Galicia”.

Asegurou que “estamos diante dun instrumento innovador” para a produción audiovisual en Galicia, dos “máis importantes que poden existir neste momento en España, respondendo a unha necesidade urxente de captar recursos que contribúan a suplir as carencias existentes no modelo actual de produción de cine”.

O titular do Executivo galego sinalou que se trata dunha medida complementaria que nace co obxectivo de “traspasar fronteiras, tendo en conta que o cine é un dos instrumentos máis válidos para a promoción da identidade e para pór en valor a diversidade cultural do territorio”.

Na mesma liña, o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, valorou na súa intervención o convenio asinado, xa que “vai permitir a promoción da produción audiovisual galega, ao tempo que conseguirá proxectar a idea do que é a nosa comunidade, a imaxe non coñecida do noso territorio”. Méndez destacou o apoio da administración e da entidade que dirixe, cunha das áreas “con porvir e capacidade para desenvolverse en Galicia”.

Así, tal e como se recolle no texto do convenio, está previsto que se cree un instrumento xurídico participado polo Fondo Social Caixa Galicia, F.C.R; o Fondo Adiante, F.C.R do Instituto Galego de Promoción Económica e o Consorcio Audiovisual de Galicia co fin de promover os filmes realizados en Galicia que posúan unha serie de requisitos.

Tal e como se establece no texto do convenio, o instrumento xurídico que se creará poderá participar naqueles proxectos cinematográficos de empresas produtoras independentes galegas que estean inscritas no Rexistro de empresas audiovisuais correspondente ou establecidas nun Estado membro da Unión Europea con sede permanente en Galicia.

Porén, estas empresas produtoras deberán acreditar dunha banda ter producido, alomenos, dúas longametraxes cinematográficas estreadas e exhibidas ao público en salas comerciais; demostrar nos seus balances e contas unha evolución e un resultado positivo co conseguinte incremento de recursos propios; e dispor de recursos humanos e materiais suficientes para a total execución da actividade de produción audiovisual.

Por outra banda, tamén se financiarán filmes procedentes de produtores independentes, entendidos estes como persoas físicas ou xurídicas que non sexan obxecto de influencia dominante por parte das entidades de radiodifusión televisiva. Este proxectos deberán acreditar, para acceder ao financiamento deste instrumento xurídico, un orzamento de execución igual ou superior a 2,2 millóns de euros; unha clara vocación comercial orientada aos mercados nacionais e internacionais; e un investimento mínimo de recursos propios do produtor de, alomenos, 100.000 euros.

O texto do convenio establece, ademais, outros requisitos que se valorarán á hora de subvencionar os proxectos tales como a participación doutro coprodutor galego en cada un deles; que exista unha porcentaxe de equipo técnico e artístico galego; que a produtora presente un contrato de distribución asinado ou ben que a distribuidora sexa coprodutora do proxecto; o volume de copias que se distribuirán en Galicia; que se efectúe a rodaxe en Galicia; a constatación do gasto que se realice na Comunidade Autónoma; ou a realización do acto principal de preestrea en Galicia.

Doutra banda, o investimento mínimo que se efectuará polo instrumento xurídico constituído ao efecto (que participará nos filmes como coprodutor) calcularase en base ao plan de financiamento e de recuperación do investimento, cun límite máximo de participación de 600.000 euros. Tamén explica o texto do convenio que, no contrato de coprodución, estableceranse as porcentaxes e a forma de recuperación do investimento e dá conta da opción de compra sobre os dereitos, que corresponderían, nun principio, ao novo instrumento xurídico que se orixinará, froito deste convenio de colaboración.


R., 2007-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES