Noticias

Se crearán comisiones territoriales de prevención de riesgos en grandes construcciones que inspeccionarán el trabajo diario a pie de obra

Se trata de una de las medidas con las que la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia pretende frenar los accidentes laborales en el sector de la construcción. El Ejecutivo gallego llegó a este acuerdo tras una reunión con los tres principales sindicatos de Galicia ante los que también se comprometió a analizar la situación laboral de los trabajadores con las grandes constructoras que operan en la comunidad autónoma.

La Consellería de Traballo se comprometió con los sindicatos a analizar de manera pormenorizada la situación de los asalariados en cuanto a medidas de seguridad laboral y condiciones de trabajo que trabajan en empresas constructoras que operan en Galicia.
Este departamento autonómico anunció que se pondrá en contacto con las empresas de la construcción que están desarrollando grandes obras en Galicia para promover una reunión sobre seguridad y salud laboral en la que participen también representantes de los sindicatos.

Por otra parte, Traballo también garantizó a los sindicatos CC.OO., UGT y CIG que presentará la planificación correspondiente al Plan de Actuación Especial en Grandes Obras de Construcción que será desarrollado hasta que finalice este año. La Consellería de Traballo se ha comprometido con los sindicatos a crear comisiones territoriales de prevención de riesgos para grandes obras tras los últimos accidentes que se registraron en la construcción de la infraestructura del AVE en la Comunidad gallega. El acuerdo al que se ha llegado permitirá crear un plan específico para las grandes obras, en principio está previsto que se dé el visto bueno a la puesta en marcha de las comisiones territoriales de prevención que ejercerán las inspecciones pertinentes para saber como se esta desarrollando el trabajo a pie de obra, según Manuel García.

Los representantes de los trabajadores Manuel García, por UXT, Xesús Varela, de CC.OO, y Víctorino Ares, de la CIG, mantuvieron una reunión con la directora xeral de Relaciones Laborais, Pilar Cancela, la segunda que celebran en un breve espacio de tiempo tras el accidente que se registró a principios de mes en O Carballiño, con un fallecido y tres heridos, y el último en Cerceda, con una víctima mortal y un herido grave. En agosto se registró otro siniestro laboral en este último tramo de la provincia de A Coruña, fue una explosión que, según los sindicatos, apenas trascendió a los medios informativos.

Xesús Varela recordó que en lo que van de año se registraron 15 fallecimientos en el sector de la construcción en Galicia, sólo uno menos que en el mismo periodo del año anterior, y por encima de 180 accidentes graves.

Víctorino Ares denunció que las jornadas laborales que se realizan en estas obras «son excesivas» y aseguró que existe escaso control hacia las empresas subcontratadas para la construcción de esta infraestructura. También declaró que el último accidente fue por «una negligencia total» y avanzó que a partir de ahora se abre un espacio a la esperanza porque, concluyo, «vamos a estar nosotros (los sindicatos) vigilantes» para que se respeten las medidas de seguridad que corresponden.

Las centrales fueron informadas de que la Consellería de Traballo, en colaboración con la Inspección de Trabajo, proseguirá las actuaciones con especial intensidad durante lo que queda de año. Además, la planificación para 2008 será abordada con la Comisión Territorial de la Inspección de Trabajo. La comisión se reunirá previsiblemente en diciembre para tratar los objetivos que deberán establecerse para el año que viene.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Traballo porase en contacto coas empresas de construción que están a desenvolver grandes obras en Galicia co fin de promover unha reunión sobre seguridade e saúde laboral na que participen tamén representantes dos sindicatos.

A intención do departamento dirixido por Ricardo Varela é facer unha posta en común sobre a situación actual da seguridade e saúde laboral dos traballadores das grandes obras de construción que se están a desenvolver na Comunidade. A vontade da Consellería de Traballo é levar a cabo unha análise pormenorizada da situación destes asalariados en canto a medidas de seguridade laboral e tamén respecto ás condicións de traballo.

Por outra banda, este departamento da Xunta comprometeuse esta mañá cos sindicatos CCOO de Galicia, UGT-Galicia e CIG a presentarlles a vindeira semana a planificación correspondente ao Plan de Actuación Especial en Grandes Obras de Construción que será desenvolvido ata que remate 2007.

As centrais sindicais foron informadas de que a Consellería de Traballo, en colaboración coa Inspección de Traballo, proseguirá estas actuacións con especial intensidade durante o que queda de ano. A planificación para 2008 será abordada coa Comisión Territorial da Inspección de Traballo. Esta comisión reunirase previsiblemente en decembro, para tratar os obxectivos que deberán establecerse de cara ao ano que vén.

Non obstante, a Consellería de Traballo garantiu aos responsables sindicais que seguirá con especial atención a situación do sector da construción tal e como ten establecido nos seus obxectivos estruturais no campo da seguridade e saúde laboral.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de CC.OO.:

Sindicatos e Administración acordan crear comisións provinciais para garantir o cumprimento da normativa en materia de seguridade e saúde laboral nas obras públicas que se executan en Galicia. Este foi o compromiso da reunión que mantiveron a secretaria xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pilar Cancela; o secretario xeral da Federación da Construción de Comisións Obreiras (FECOMA-CCOO), Xesús Varela; e representantes da CIG e de UGT.

O acordo ao que se chegou consiste en crear catro comisións provinciais mais unha mesa nacional en Santiago de Compostela. Nestas instancias estarán representados os tres sindicatos maioritarios e a Administración.

As comisións crearanse ao abeiro dun plan que podería estar listo a finais deste mes, e terán a finalidade de lles esixiren aos empresarios das grandes obras o cumprimento escrupuloso da normativa. Ademais, pediráselles a documentación sobre os seus plans de prevención, e a Inspección de Traballo realizará visitas semanais a todas estas infraestruturas.

A reunión adiantouse con respecto á data prevista inicialmente debido ao último sinistro mortal no AVE, no que un traballador perdese a vida o pasado venres nun tramo á altura do concello coruñés de Cerceda.

R., 2007-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES