Noticias

Casi 140.000 estudiantes gallegos inician el curso de ESO, Bachillerato, Programas de Garantía Social, Conservatorios y Arte Dramático

Desciende un 2'57% el número de estudiantes matriculados en el curso 2007-2008. El Bachillerato registra la mayor bajada de alumnos -un 4%-, mientras se incrementan en algo más del 1% los jóvenes que estudian Arte Dramático. La materia Educación para la Ciudadanía se impartirá el próximo curso.

La Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, ha reiterado que la asignatura de Educación para la Ciudadanía se impartirá en los colegios de Galicia el próximo curso, como ya empezó a hacerse en los centros educativos de siete comunidades autónomas desde el inicio del curso escolar.

La titular de Educación recuerda que la materia ya se imparte en 19 países europeos, con un contenido basado en la Declaración Universal de los Derechos Humanos. Sánchez Piñón también destacó que el próximo año la materia será obligatoria para los alumnos de sexto de primaria, porque así se recoge en la Ley Orgánica de Educación (LOE) y, posteriormente, se introducirá en la educación Secundaria.

La Conselleira de Educación se reunió con el alcalde de Ferrol, el socialista Vicente Irisarri, para suscribir un convenio con el Ayuntamiento por un importe aproximado de 80.000 euros, que compromete al Ejecutivo autonómico a financiar el servicio de comedor y diferentes actividades extraescolares en distintos centros del municipio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:

Un total de 139.766 alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, Programas de Garantía Social, Conservatorios de Música e Danza, e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) incorporaranse ás clases o día 19 de setembro, segundo as estimacións elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Con respecto ao curso 2006-2007, o número de matriculados na ensinanza secundaria (ESO e bacharelato) reduciuse nun 2,9%.

En concreto, un total de 95.859 alumnos comezan o novo curso académico na Educación Secundaria Obrigatoria, fronte aos 98.392 do curso pasado, o que supón un descenso do 2,57%. A provincia que conta con máis estudantes nesta etapa educativa é A Coruña, con 37.997 alumnos. Destes, 27.270 estudarán en centros públicos, 9.627 en concertados e 1.100 en privados.

Séguelle de preto Pontevedra, con 36.642 rapaces nesta etapa educativa. Así, 24.684 iniciarán as clases en centros públicos, 11.208 en concertados e 750 en privados. Lugo conta con 11.027 estudantes, dos cales 8.801 cursarán ESO en centros públicos, 1.971 en concertados e 255 en privados.

Ourense é a provincia con menos alumnos na Educación Secundaria Obrigatoria, cun total de 10.193 alumnos, segundo os datos estimativos da Consellería. Destes, 6.531 iniciarán os seus estudos en centros públicos, mentres que 3.467 o farán en concertados e 195 en privados.

En bacharelato inician o curso 33.059 alumnos, fronte aos 34.467 que o fixeron o curso anterior. A provincia cun maior número de matriculados é A Coruña, con 13.425 estudantes. Destes, 10.578 acudirán a centros de titularidade pública, mentres que os restantes 2.847 iniciarán as aulas en centros privados.

En Pontevedra comezan o curso neste nivel un total de 11.920 alumnos. Segundo a titularidade do centro, 9.939 estudarán en centros públicos, e 2.040 en privados. Na provincia de Lugo, iniciarán o bacharelato un total de 4.067 alumnos. Destes, 3.783 están en centros públicos, e 284 en privados. Por último, Ourense conta coa taxa máis baixa, con 3.647 alumnos, dos cales 2.903 acudirán a centros públicos, e 744 a privados.

Ademais, este curso 2007-2008 o bacharelato en réxime de adultos contará con 5.566 alumnos, segundo as estimacións da Administración educativa. No curso 2006-2007 foron 5.564 o número de estudantes matriculados en bacharelato de adultos.

O día 19 de setembro tamén iniciarán as clases os alumnos dos Programas de Garantía Social (PGS), destinados a mozos entre 16 e 21 anos que non posúen o título de graduado en educación secundaria, nin outra titulación de Formación Profesional. Este ano, un total de 2.234 alumnos comezarán os seus estudos neste nivel.

Por provincias, Pontevedra rexistra o índice máis alto, con 928 alumnos, dos cales 700 estudarán en centros públicos, 172 en concertados e 56 en privados. Séguelle A Coruña, con 819 alumnos. Destes, 738 estudarán en centros públicos, 68 en concertados e 13 en privados.

Lugo conta con 297 alumnos, segundo os datos estimativos de Educación, todos eles en centros públicos. Na provincia de Ourense, 190 estudantes iniciarán o novo curso nos Programas de Garantía Social. Deles, 128 acudirán a centros públicos, 40 a concertados e 22 a privados.

O día 19 tamén iniciarán o curso escolar os estudantes de réxime especial de música e danza, que suman un total de 8.535 alumnos, o que supón un incremento do 1,08%. En concreto, as ensinanzas de música rexistran unha cifra de 8.267 alumnos, fronte aos 8.171 do curso anterior. Deste total, 7.188 estudarán en conservatorios e 1.080 en centros autorizados de música. Nas ensinanzas de danza iniciarán o curso 268 alumnos, dos cales 217 estudarán en conservatorios e 52 en centros de danza. A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) contará con 79 alumnos.

R., 2007-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES