
La Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) apoya la declaración de la casa del escritor rianxeiro Daniel Alfonso Rodríguez Castelao como Bien de Interés Cultural y Público.
La AELG insistió en la importancia que supone el legado de Castelao para el "nacionalismo y el galleguismo" de este siglo, por lo que entiende que su obra debe ser "democratizada" y quedar para el "bien y goce de su pueblo", según informó hoy la propia AELG en un comunicado de prensa.
Además, la asociación destacó el valor de la propia obra del autor en sí, y propuso que estos trabajos elaborados por Castelao sean declarados igualmente Bien de Interés Cultural.
Nota de prensa remitida por la Asociación de Escritores en Lingua Galega:
É liña a seguir por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega traballar pola conservación, restitución e difusión das figuras, do pensamento e da obra daqueles escritores e escritoras galeg@s, que, estando ou non estando xa con nós, foron alicerce da palabra e da cultura de Galiza.
É por iso, que dende a AELG non podemos deixar de apoiar a defensa e a democratización do legado que un escritor e artista imprescindíbel coma Castelao deixou para ben e goce (lectura e estudo) ao seu Pobo, pois foi Castelao un home entregado a Galiza, unha personalidade exemplar e profética para o galeguismo e o nacionalismo do que seguimos a aprender e a desenvolver no noso século.
Un Pobo non debe ser negado do seu pasado, da súa cultura e da memoria daqueles que, coma Castelao, traballaron polo futuro do pobo dos galegos de calquera tempo e lugar. A memoria é o mellor ben que temos como Pobo, e calquera que pretenda ocultala (secuestrala ou silenciala) está a soterrarnos a nós mesmos, galegas e galegos, con ela. Pois a memoria énos común e debe ser integrada na casa comunal, libre e colectiva, en Galiza.
Apoiamos de xeito inequívoco que a casa de Castelao sexa declarada ben de interese cultural e público onde se conserve a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, obra gráfica e escrita que tamén merecería a súa propia declaración como Ben de interese cultural.
O inmoble sito en Rianxo non debe ter un único dono con carácter privado, senón que a súa función é a de estar a disposición de todos os galegos e as galegas en xestión de carácter público e institucional co fin de contribuír á difusión do pensamento e da obra do creador.
Aproveitamos a ocasión para mostrar o noso recoñecemento á Fundación Castelao que preside Avelino Pousa polo seu traballo incansable na defensa da obra de Castelao e, consecuentemente, acompañalos no camiño de loita e ilusión que levan demostrado ao longo dos anos. Para que a casa de Daniel Castelao sexa un lugar público e aberto de encontro e de estudo para todas as galegas e todos os galegos. Ao mesmo tempo que non nos esquecemos de facer un chamamento a toda a sociedade galega, ao actual dono da casa e ás institucións para obraren conforme á nosa memoria e ao noso futuro como galeg@s. Pois a palabra, a maior ferramenta dun escritor, só é palabra cando pode ser contada e contemplada, estudada e investigada, difundida, por todos aqueles que estamos dispostos a recibila.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.