Noticias

Los albergues gallegos alcanzan el 100% de su nivel de ocupación en vísperas del 25 de julio

Los albergues de peregrinos de Galicia registran un lleno absoluto en los días previos a la celebración de las fiestas del Apóstol Santiago. Fisterra, Sarria y Padrón habilitaron plazas en sus polideportivos municipales para afrontar la demanda de los caminantes que confluyen en Santiago el 25 de julio, coincidiendo con la celebración del Día de Galicia, y a pesar de las condiciones climatológicas adversas.

La tendencia de ocupación de los albergues de peregrinos de Galicia augura un "lleno total" en los próximos días coincidiendo con la festividad del Apóstol Santiago, a pesar de la situación meteorológica de lluvias y bajas temperaturas prevista. En algunos casos, los albergues se encuentran con una ocupación de hasta el 100% ya desde el pasado mes de mayo, como es el caso de las instalaciones de Fisterra, según confirmaron a Europa Press responsables de estas instalaciones.

Asimismo, según datos de la Consellería de Innovación e Industria, son cada vez más los peregrinos que se dirigen hasta este municipio coruñés, de forma que "un tercio" de los visitantes no finaliza su camino en la ciudad compostelana, sino que opta por prolongar las etapas restantes hasta este municipio de A Costa da Morte. Esta gran demanda ha obligado a muchos ayuntamientos a habilitar pabellones polideportivos para dar salida a la solicitud de alojamiento. Así, en el pabellón polideportivo de Fisterra durmieron la pasada noche 170 caminantes y se prevé que en los próximos días la falta de plazas se mantenga, según las estimaciones del propio albergue.

Otros municipios que han puesto a disposición de los peregrinos sus instalaciones deportivas son el ayuntamiento de Sarria o Padrón, donde tampoco hay plazas libres a día de hoy. De hecho, en el municipio coruñés, además de albergar a los viajeros en polideportivos ha sido necesario habilitar literas y otros espacios de cedidos por Protección Civil en sus oficinas, según informó el albergue.

En la capital gallega la situación es semejante. El albergue Monte del Gozo, situado en una de las habituales entradas a la ciudad para los peregrinos, que hasta hoy registraba una ocupación del 70% al 80%, prevé un lleno total el día 24, y "algo menos" el 25 porque los caminantes "suelen preferir bajar hasta el centro compostelano". En el caso de los albergues ubicados en Santiago ciudad, se calcula que hasta el 27 de julio no haya ninguna plaza vacante. Así, las instalaciones de San Lázaro presentaban un 80% de ocupación, pero tiene reservadas la totalidad de sus plazas.

El conselleiro de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia y el responsable de la S.A. de Xestión del Xacobeo inauguraron las obras de reforma del albergue de peregrinos de O Cebreiro.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, e do alcalde do Cebreiro, José Luís Raposo, inaugurou o albergue do Cebreiro, que foi reformado e acondicionado nunha actuación que tivo un orzamento de case medio millón de euros: o orzamento da obra supón 429.734,34 euros e o importe do mobiliario que se renovou ascende a 66.247,62 euros.

Dende que se inaugurara no ano 1993, este albergue tivo un uso intensivo, o que produciu o consecuente deterioro e ao mesmo tempo puxo de manifesto deficiencias funcionais do edificio. O proxecto levado a cabo pretendeu resolver estes problemas funcionais, así como os problemas construtivos e mellorar o illamento térmico do edificio. A nova distribución proxectada obrigou a demoler toda a tabiquería e a substituír todas as instalacións. Plantexouse, xa que logo, o acceso principal dende a planta intermedia, configurando unha nova porta de entrada, unha recepción e unha zona de estar contigua. Nesta mesma planta sitúanse os aseos de discapacitados, a enfermería, os dormitorios para os hospitaleiros, un dormitorio colectivo e as zonas comúns de estar e comedor.

A planta superior (baixo cuberta) conta con dous dormitorios colectivos. Na planta inferior sitúase outro dormitorio colectivo, a zona de lavandería e o cuarto de caldeiras. Optouse por dispoñer duns aseos mínimos nas plantas altas, situando no nivel inferior os aseos xerais. As obras executadas afectan á substitución íntegra da cuberta, introducindo illamento térmico, canelóns e baixantes; así como ao trasdosado e illamento térmico de todos os cerramentos. Substituíuse toda a carpintería exterior, as instalacións de fontanería, saneamento, electricidade e calefacción, así como os pavimentos.

Entre os problemas funcionais que se detectaron tras máis dunha década de uso destacaron a escasa frecuencia de peregrinos ecuestres, polo que non se xustificaba a existencia de cortes para os cabalos, podendo dedicarse estes espazos a outros usos máis demandados. Entre as patoloxías construtivas que presentaba o edificio están as lousas desprendidas da cuberta ou as humidades dos muros. Todos os cuartos húmidos tiñan unha ventilación insuficiente o que ocasionaba condensación e mofos nos forxados. Do mesmo xeito, as filtracións provocaban mofos nos teitos e a instalación eléctrica estaba obsoleta, xa que incumpría o vixente Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión.

Ademais de mellorar notablemente as características do albergue, que agora acollerá a 106 peregrinos de xeito simultáneo (fronte ás 92 prazas que tiña ata o de agora), tamén se interveu na urbanización da superficie que o rodea. Interveuse unicamente no pavimento da explanada previa á entrada principal, que se levantou e recolocou coa reposición das pezas deterioradas. Proxectouse, así mesmo, a restauración da caseta que alberga a caixa de protección e mais o modulo de contadores.

A superficie total construída do albergue é de 740,87 metros cadrados; dos que 516,2 metros cadrados son útiles. Debido ao uso continuado, o mobiliario do albergue estaba xa moi deteriorado, polo que o Xacobeo investiu máis de sesenta mil euros en renovar os mobles do albergue.

A oferta aloxativa do Camiño Francés vese incrementada coa apertura de novo das instalacións deste albergue. No que vai de ano 104.395 peregrinos fixeron o Camiño Francés a Santiago.

R., 2007-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES