
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o subdirector xeral de Caixanova, Luis Vela Alarcó, asinaron un convenio de colaboración cultural para a catalogación da obra antolóxica do pintor Tomé. O acto de sinatura celebrouse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Este traballo conxunto entre ambas as dúas entidades, para o que Caixanova achegará 15.000 euros, terá a súa primeira manifestación nunha mostra organizada pola USC a través da Vicerreitoría de Cultura que permanecerá aberta ao público entre os días 14 de xullo e 8 de outubro.
A mostra X.M. Tomé. Antolóxica recolle por primeira vez unha antolóxica da súa obra composta por 66 pezas de diferentes técnicas, estilos e tamaños que permitirán ver a evolución artística deste pintor (1942-2005) que chega a Santiago en 1960 para cursar estudos de Medicina. Tomé pronto destacou polos debuxos comezando así a ser coñecido como pintor para, en 1971, expoñer por primeira vez.
A década dos 70 foron para Tomé anos de procura dunha estética persoal nos que evoluciona desde uns pequenos debuxos á prumiña de paisaxes e escenas costumistas ata desembarcar nunha figuración neoexpresionista, de carácter tenebrista nos que comeza a tomar forma a súas galerías de personaxes e cabezas solitarios e agrupados.
Neses anos traballa tamén con outra serie de obras próxima á temática surrealista, realizadas a partir dunha táboa con materia pictórica á que lle prende lume para, tras apagalo, acabar atopando nas manchas deixadas inesperadas sorpresas. Son acrílicos e óleos queimados que se moven nunha gama cromática escura.
A inicios da década dos oitenta destaca na obra de Tomé a aparición de novas cores como azuis, verdes e laranxas, e a mediados desa década comezará a empregar chamativos vernices no seu empeño persoal de experimentar con novas solucións e, o mesmo tempo, a necesidade de conservar e evitar a destrución da súa obra.
A segunda metade dos 80 son anos nos que a influencia de Bacon é notoria. Van desaparecendo as figuras decantándose progresivamente pola abstracción redonda, na que unhas formas ao principio recoñecibles (corpos, bodegóns ou pedras) deixan paso a un mundo de néboas cheo de suxestións.
Nos 90 vai descompoñendo as formas e substitúe o lenzo tradicional por outros soportes máis alternativos como cartóns ou papeis pintados, e mesmo telas de sacos ou arames, nos que plasma unha estética cubista.
Os anos finais dos 90 e ata o seu falecemento en 2005 é unha etapa moi próxima ao informalismo dos anos 50. As experiencias de Miralles ou do grupo Dau al Set son fundamentais para comprender os últimos anos da súa produción.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.