Noticias

Presentado el Plan de Reequilibrio Territorial 2007-2010: infraestructuras y promoción económica centran una inversión de 2.670 millones de euros

Los principales responsables de la Xunta de Galicia presentaron el Plan de Reequilibrio Territorial 2007-2010 que contempla una inversión global de 2.670 millones de euros. Evitar que en Galicia haya zonas de primera y de segunda es el principal objetivo de este plan calificado como la «más potente respuesta colectiva nunca dada» a la cohesión de la Comunidad.

La Xunta invertirá hasta el 2010 un total de 2.672 millones de euros, cerca de 2.600 per cápita, en las zonas más desfavorecidas, un proyecto que constituye la «más potente respuesta colectiva dada nunca dada» a la cohesión de la Comunidad, para que no haya «ciudadanos ni territorios de primera y de segunda». Así lo ha expuesto el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, al presentar el Plan de Reequilibrio Territorial, en un acto en el que estuvo acompañado del vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, del conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, la mayor parte los miembros del Gobierno, la presidenta del Parlamento, Dolores Villarino, y otros cargos institucionales.

Además de la dotación presupuestaria de 2.672 millones, el plan prevé una aportación de otros 985 por el Estado, y la totalidad se invertirá en 254 municipios, en un total de 500 acciones concretas como infraestructuras, suelo industrial, saneamiento, o servicios sociales como residencias de mayores o dotaciones pesqueras o agrarias. El total de las inversiones va dirigido aproximadamente a un millón de personas y al 88,3% de la superficie de Galicia, y se ha perfilado para cuatro ámbitos diferentes: Lugo y el norte de A Coruña; la zona de A Coruña occidental, especialmente la Costa da Morte; Lugo-A Coruña sur-Pontevedra interior y Ourense-Pontevedra interior sur.

Para la puesta en marcha del plan se han identificado un total de 25 municipios con capacidad de dinamizar a las comarcas vecinas, en función de su mayor renta y población y su capacidad de atracción comercial y laboral. Igualmente, destaca la mayor inversión en las zonas de Ourense y Lugo. En el proyecto destacan los esfuerzos en infraestructuras productivas y promoción económica, que concentran el 55% de la inversión. El presidente gallego explicó en el acto, que guardó un minuto de silencio por la muerte de una mujer de Oleiros a manos de su esposo y por los soldados españoles fallecidos en el Libano, que Galicia atraviesa una «magnífica» situación económica, ya que está «recobrando pulso» y lidera el descenso del paro. Pero, agregó, todavía tiene la «asignatura pendiente» de su propio «reequilibrio interior». Apuntó que en el 88% del territorio se asienta menos del 37 de la población, mientras las zonas más atrasadas y envejecidas no alcanzan el 85% de la renta media.

Por su parte, el conselleiro de Economía citó, entre las 500 actuaciones que conllevará el plan, la vía de alta capacidad de la costa Norte (Ferrol-San Cibrao), con las variantes de Ortigueira y Viveiro; las de Carballo-Cee y Brión-Noia, la variante de esta última localidad; la de Serra de Outes-Noia y el acceso al puerto de Brens. Igualmente, se refirió a la vía Nadela-Sarria-Monforte, la carretera Baleira-Meira, el puerto seco de Monforte, entre otras infraestructuras, así como estaciones depuradoras, un centro de interpretación de las fraguas del Eume, así como diferentes equipamientos sociales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

NoticiaO presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que o Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2007-2010 constitúe “a máis potente resposta colectiva nunca dada ao desafío de construírmos un país cohesionado, onde non existan cidadáns nin territorios de primeira e de segunda”. Así o dixo o titular do Goberno galego na presentación deste ambicioso proxecto, que prevé un investimento de 2.672 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, aos que haberá que incorporar 985 millóns achegados polo Estado, destinado a frear as desigualdades de desenvolvemento entre as comarcas galegas.

Na súa intervención, Pérez Touriño subliñou que ese investimento total de 3.657 millóns de euros entre este ano e o 2010 _que supón preto de 2.600 euros per cápita nos 254 municipios acollidos ao Plan_, constitúe “unha poderosa rampa de despegue para eses concellos e terá un impacto moi significativo na vida do millón de galegos e galegas que os habitan”.

O máximo mandatario galego lembrou que Galicia atravesa unha magnífica situación económica, presentando taxas de crecemento que demostran “que está recobrando o pulso e superando a tradicional anemia que lle impedía converxer coas comunidades españolas e as rexións máis avanzadas de Europa”. Así mesmo, destacou que malia o escaso dinamismo demográfico, o país dispón na actualidade “do maior volume de emprego e do máis activo mercado laboral de toda a súa historia”, o que, engadiu, “permite abrigar fundadas expectativas de conquistar o pleno emprego nun prazo de tempo razoable”. “Nunca houbo tantos brazos e cerebros involucrados na tarefa de crear riqueza”, abondou.

Nun acto no que tamén participaron o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, e o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, o titular da Xunta sinalou tamén que en Galicia mellora a capacidade individual de crear riqueza, o que se reflicte no aumento da produtividade, na modernización e mellora tecnolóxica das empresas.

Nese marco, Pérez Touriño considerou necesario “aproveitar esta fase de impulso económico para reforzar a cohesión social e territorial”, que, segundo dixo, constitúe unha das prioridades das Administracións Públicas, especialmente para o Goberno galego “que leva impreso no seu frontispicio o principio de suprimir as desigualdades en todos os ámbitos sociais e entre todos os territorios”.

“Galicia aínda ten unha asignatura pendente: a do seu propio reequilibrio interior, a superación dun país de dúas velocidades, a súa converxencia interior”, espuxo Touriño, quen informou de que no 88 por cento do territorio galego se asenta menos do 37 por cento da poboación. E engadiu que esa Galicia “máis atrasada e envellecida non acada o 85 por cento da renda media”.

Fronte a isto, a iniciativa establece como principais obxectivos: planificar, priorizar e coordinar o investimento público en infraestruturas, equipamentos e servizos básicos; impulsar o desenvolvemento económico-empresarial endóxeno estimulando a competitividade e a innovación; desenvolver o potencial urbano e produtivo do territorio, harmonizando as esixencias socioeconómicas coas ecolóxicas e as culturais; reforzar a cohesión económica e social entre territorios, garantindo uns niveis de calidade de vida equivalentes para o conxunto da poboación; poñer en valor os abundantes recursos naturais e patrimoniais como elemento fundamental do desenvolvemento turístico sustentable; e impulsar o progreso acelerado da Galicia menos favorecida nos procesos de desenvolvemento da sociedade e da economía do coñecemento.

O Plan de Reequilibrio Territorial nace “como resposta a unha diagnose en profundidade da realidade de Galicia” que permitiu tecer “unha estratexia de dinamización para transformar a realidade do país a partir dun enfoque sectorial”. Pérez Touriño explicou, ademais, que se examinaron “os factores de estrangulamento que coutan o desenvolvemento de amplos espazos do noso territorio, examinar as potencialidades de cada zona e identificar os eixes prioritarios de actuación”.

O titular da Xunta concretou que ese enfoque permitiu delimitar catro zonas de dinamización económica, en función das peculiaridades e potencialidades de desenvolvemento endóxeno: a zona de Lugo-A Coruña Norte; a da Coruña Occidental; a de Lugo-A Coruña Sur-Pontevedra-Interior Norte; e a de Ourense-Pontevedra Interior Sur.

O Plan articúlase ademais en cinco eidos sectoriais _as infraestruturas produtivas, o medio ambiente, o equipamento social e vivenda, o medio rural e a pesca, e a promoción económica_ en torno aos que se encadran “500 actuacións en cuestións tan importantes como o transporte, urbanismo e mobilidade, comunicacións, sustentabilidade, educación e formación, saúde, infraestruturas sociais e vivenda, innovación e industria, economía e emprego, turismo e servizos, ou solo industrial”, anunciou Pérez Touriño.

Por outra banda, o titular do Goberno autonómico remarcou que o Plan de Reequilibrio Territorial significa “a superación da política de chuvia fina, que rega todo o territorio, con efectos ás veces beneficiosos pero sempre desiguais”, substituíndoa por unha estratexia que define núcleos dinamizadores como aqueles “municipios de cada área chamados a converterse na forza tractora da súa área de influencia”.

Nese sentido explicou que o Plan establece os 25 concellos que actuarán como polos de atracción da inversión, “imáns para fixar a poboación da Galicia interior e focos de crecemento económico” co papel de convertérense “nas dinamos de propulsión do desenvolvemento na súa contorna específica”.

Emilio Pérez Touriño insistiu en que o Plan non se limita a ser “un conxunto de medidas asistenciais ou de apoio conxuntural”, senón que ten un forte carácter inversor, e busca “crear as condicións axeitadas para que xermole a iniciativa privada, incentivar os proxectos emprendedores e desatar as capacidades locais de desenvolvemento”.

“Diante da vella e xa tópica disxuntiva entre subvención e investimento, o Plan opta pola cana de pescar en vez do peixe para hoxe, na procura do efecto multiplicador de cada euro invertido”, afirmou o presidente.

Desde ese punto de vista, o presidente da Xunta sinalou que o investimento do Plan de Reequilibrio Territorial se orienta cara ás infraestruturas produtivas e a promoción económica, que acaparan o 55 por cento do investimento, arredor de 1.465 millóns de euros en termos absolutos. “Estamos a falar da potenciación da rede de comunicacións que melloren a conectividade interna do territorio. Do despregamento de infraestruturas de apoio á actividade empresarial, como a creación de solo industrial, as telecomunicacións e as infraestruturas enerxéticas. De medidas que permitan compatibilizar o noso fabuloso patrimonio natural e histórico co desenvolvemento turístico. E de actuacións que impulsen as ramas produtivas que gozan de vantaxe comparativa en cada unha das zonas seleccionadas”, enumerou.

Pérez Touriño concluíu a súa intervención lembrando que o Plan de Reequilibrio Territorial constitúe o cumprimento dun “compromiso central” do Goberno galego, e que coincide coa súa aposta por un “desenvolvemento harmónico que pretende restaurar o reequilibrio territorial”. Reiterou que se procura un aproveitamento racional do potencial endóxeno de Galicia, así como “devolver a confianza a moitas comarcas que foran abandonadas á súa sorte e vertebrar o noso país”, establecendo “o mesmo ancho de vía para que, tamén no ámbito territorial, municipios e comarcas dispoñan de igualdade de oportunidades”.

R., 2007-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES