
La Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Innovación e Industria, presentó a los empresarios turísticos el borrador de la nueva Ley de Turismo de Galicia que reconoce el carácter estratégico del sector.
Además, el nuevo texto legal dado a conocer pretende establecer un marco normativo que propicie un entorno competitivo al tiempo que favorece la actividad empresarial y la creación de empleo. La profesionalización del sector, el desarrollo de un turismo sostenible y de calidad, y la cooperación interadministrativa y con la iniciativa privada, entre los objetivos de la nueva ley.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:
O borrador da nova lei de Turismo de Galiza foi entregado aos representantes do sector turístico polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e mais polo director xeral de Turismo, Rubén Lois. Blanco e Lois, acompañados do xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, foron os encargados de explicar polo miúdo os principios nos que se basea a nova lexislación en materia turística e mais os conceptos relacionados coa estrutura do documento e co contido fundamental do mesmo.
Entre as razóns que se argumentan para o cambio de lexislación está a consideración do turismo como sector estratéxico para a economía galega. Este feito fai preciso que o marco normativo que regule o turismo sexa flexible e propicie a creación dun entorno competitivo que favoreza a actividade empresarial e a creación de emprego. A protección dos usuarios e dos recursos turísticos tamén se considera esencial para incluír no novo contexto legal.
Entre os principios que inspiran a nova lei está a adecuación da mesma ao contexto internacional sobre o sector e, particularmente, a documentos como a recente Comunicación da Comisión Europea de 17 de marzo de 2006 na que se recoñece o potencial do turismo para xerar emprego e crecemento económico e o seu papel na preservación do patrimonio natural e cultural, así como a súa contribución ao diálogo intercultural e ao fortalecemento da propia identidade.
Doutra parte, o borrador da nova lei persegue afondar nun desenvolvemento turístico sustentable e que garanta o emprego. O turismo de calidade é, segundo o novo documento, a única posibilidade de conseguir ganancias estables de competitividade no sector, de xeito que se acade unha mellora da productividade, e non pola artificial redución dos prezos. Promocionar os valores e recursos propios, como elemento diferenciador da nosa oferta turística e afondar na cooperación interadministrativa e co sector privado son outros dos principios inspiradores do borrador entregado hoxe ao sector. Segundo se explica no documento, é necesario, así mesmo, actualizar a clasificación dos establecementos turísticos e adecualos ás demandas do mercado, potenciar o espazo rural e flexibilizar as categorías de empresas turísticas, coa fin de abrir a porta a novas realidades.
A nova Lei estruturarase nun preámbulo, nove títulos que comprenden 87 artigos e dúas disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e tres disposicións finais.
O seu contido fai fincapé na adaptación da lexislación á realidade social imperante e impulsa a profesionalización e autorregulación do sector, pero respectando e garantindo os valores propios da cultura e da identidade galegas, e promocionando Galiza como marca turística de calidade.
Outra das novidades incorporadas por este borrador é a creación do Consello Regulador do Turismo de Galiza, órgano desconcentrado dependente da Consellería competente en materia de turismo e que constituirá o foro de participación do sector na toma de decisións.
A ordenación da oferta turística e a referencia ás profesións e á disciplina turística (inspección e réxime sancionador) son outros dos puntos que aborda o novo borrador. Neste último aspecto salienta a actualización do importe das sancións e a tipificación dunha nova infracción como moi grave: a vulneración do dereito á intimidade dos clientes nos establecementos turísticos.
Outros aspectos novedosos da norma entregada hoxe ao sector é a creación dunha Rede Galega de Oficinas de Turismo e a referencia específica ás comunidades galegas no exterior, coas que se afirma que se poderán acadar acordos en materia turística.
O documento base da nova Lei de Turismo entrégase ao sector para que faga as alegacións que considere oportunas, e unha vez recibidas o borrador continuará a tramitación administrativa até a súa aprobación polo Consello da Xunta, paso previo á remisión ao Parlamento de Galiza.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.