Noticias

Presentada la Denominación de Origen Protegida Mejillón de Galicia

Se trata del primer producto del mar al que la Unión Europea concede este distintivo.

El presidente de la Xunta de Galicia y la conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos presentaron en Vilagarcía de Arousa la Denominación de Origen Protegida Mejillón de Galicia. Un distintivo que concede por primera vez la Unión Europea a un producto del mar y después de 14 años de espera por parte del sector.

Durante el acto de presentación de este distintivo el presidente de la Xunta se comprometió a adelantar al 2010 la solución del problema del saneamiento de la ría de Vigo que ha suscitado la crítica de la Unión Europea y que obliga a las administraciones autonómica y local a unir esfuerzos para garantizar la calidad del agua de la zona lo que repercutirá directamente en la calidad del marisco, en general, y del mejillón, en particular.

Nota de prensa remitida por los Gabinetes de Comunicación de la Consellería de Pesca y de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse a quen antes do remate da lexislatura as rías galegas quedarán saneadas e depuradas. “Imos facer os deberes, imos facer un investimento para lograr que as rías, que é o mellor que o país ten, un dos bens que nos definen e nos soportan, consigan a excelencia para os seus produtos. Conseguiremos un territorio ordenado e con rías protexidas para acadar a calidade e a excelencia”, salientou.

Durante o acto de presentación do Mexillón de Galicia como denominación de orixe protexida, o presidente díxolle ao sector que “co seu esforzo e apoio” se vai conseguir o saneamento do conxunto das rías. “Imos facer un país de excelencia e calidade. É a Galicia á que hai que aspirar e a que hai que exixirlle ao Goberno”, sinalou.

O máximo mandatario galego asistiu en Vilagarcía de Arousa ao que considerou “un día de especial transcendencia para Galicia, para o mar e as xentes do mar”, ao dar a coñecer o recoñecemento á denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia. A presentación fíxose precisamente en Vilagarcía por ser este concello o primeiro n que se fondeou unha batea para a cría deste molusco no ano 1945. Esta certificación, que se deu a coñecer a través da publicación do seu regulamento no Diario Oficial das Comunidades Europeas, supón o recoñecemento internacional de calidade do mexillón galego, sendo o primeiro produto do mar que recibe esta certificación en Europa.

“É un día especial para o ben máis prezado que nos une e nos fixo nacer e desenvolvernos como país e reafirmar a nosa identidade”, subliñou Pérez Touriño, quen destacou que con este recoñecemento se dá cumprimento a un compromiso que xa figuraba no programa de Goberno e que daba conta da importancia que ten o sector mexilloeiro para o seu Executivo como “fonte de riqueza e emprego”. Un sector, agregou, no que Galicia é líder de produción en Europa e o segundo maior produtor do mundo, por detrás de China.

Na súa intervención, Pérez Touriño agradeceu o esforzo da ministra de Pesca, Elena Espinosa, e da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, e fixo un recoñecemento expreso á xente do mar por ter acadado a DOP, que marcará “un antes e un despois na historia e evolución nesa gran riqueza transformadora en valor e emprego que é o cultivo do mexillón”.

O titular do Goberno galego sinalou que a partir de agora hai que crear un novo “escenario de futuro por estarmos ante un vector estratéxico na achega e creación de riqueza, facendo ría e país”. “Temos que facer das costas un horizonte esperanzador de vida e traballo co que me comprometo co futuro do mar e da xente do mar”, expresou.

Neste sentido, o presidente destacou que o cultivo do mexillón “ten sido e segue a ser” un dos “piares” para o desenvolvemento económico de Galicia, que conta na actualidade con 3.300 bateas e cunha facturación de 400 millóns de euros anuais e a xeración de máis de 11.000 postos de traballo.

O presidente animou aos membros do sector a ter “orgullo” de sumar para conseguir as mellores metas. “A Galicia da unión poderá ter días de triunfo e ledicia”, destacou. Nesa liña, animounos a seguir facendo “o que mellor saben”, que é faenar, cultivar, fortalecer e innovar nas estruturas de comercialización.

Para acadalo, amosoulles “toda a entrega da Xunta de Galicia, da Consellería e o meu compromiso como presidente para que non falte o paio e empeño para acompañarvos nesta tradición, neste futuro que o sector ten por diante”.

Pola súa banda, a conselleira de Pesca que en escasos 60 anos os produtores galegos foron quen de acadar unha posición de liderado mundial, convertendo o cultivo do mexillón nun sector estratéxico no desenvolvemento económico, presente e futuro, da comunidade galega.

Carmen Gallego sinalou que o mexillón de Galicia se converte así no primeiro produto europeo da pesca con denominación de orixe protexida, o que abre unha nova etapa na evolución deste sector en Galicia.

Por último a conselleira manifestou que este logro significa ratificar o compromiso de todos os produtores galegos coa estándar de excelencia na calidade dos procesos de produción e, polo tanto, do mexillón de Galicia. E salientou que chegou o momento dun sector exercendo en bloque o seu liderado nos mercados internacionais, cun produto de calidade certificado.

A Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia é un distintivo de calidade que diferenza o mexillón orixinario de Galicia do de calquera outra procedencia a través dunha certificación de calidade a nivel europeo.

Por este motivo, a obtención da DOP significa que o produto que se venda como mexillón de Galicia cumpre uns estándares de excelencia da calidade dos procesos de produción.

Palabras da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos no acto:

NoticiaA Consellería de Pesca convocouvos en Vilagarcía de Arousa para falar do futuro do sector mexilloeiro. Sei que esta convocatoria causou certa estrañeza, pero nin o contido, nin a elección da data ou do lugar foron casuais.

Aquí, na ría de Arousa, fondeouse a primeira batea de cultivo en 1945. En escasos sesenta anos, os produtores galegos acadaron unha posición de liderado mundial. Galicia é hoxe en día a segunda produtora mundial de mexillón, por detrás de China, e a primeira de Europa, por diante de Holanda, Dinamarca, Francia e tamén Italia.

Entre todos fúchedes quen de convertir o cultivo do mexillón nun sector estratéxico no desenvolvemento económico, presente e futuro da comunidade galega. Desenrolouse un sistema de produción peculiar: un cultivo artesanal que se realiza en bateas. Un modelo de produción integrado co medio, que utiliza tecnoloxías non agresivas co mexillón e aberto á incorporación de innovacións desenvolvidas por técnicos galegos.

Acadouse un produto único, resultado do sistema de cultivo e das condicións naturais das rías galegas. Gracias a vós logrouse unha calidade que diferencia ao mexillón orixinario de Galicia de calquera outra procedencia. Tedes un produto que se adapta á perfección ás esixencias de calidade, sabor, alimentación saudable e nutritiva que demandan os consumidores actuais.

E contamos cun sector dinámico. Homes e mulleres coa enerxía suficiente para consolidar, en moi pouco tempo, unha actividade económica multiplicadora de recursos e xeradora de emprego nas rías galegas. Pero aínda queda moito por facer. Hai que seguir avanzando cara á consolidación das estruturas produtivas, a mellora da xestión da produción e dos canais de comercialización. Fáltanos, sobre todo, diferenciar a calidade do noso produto no mercado.

Por iso estamos aquí. Para falar do futuro do sector. Para celebrar que, por fin, o Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe, 28 de decembro, o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. ¡Noraboa a todos! ¡Conseguímolo! O mexillón de Galicia será ó primeiro produto europeo da pesca con Denominación de Orixe Protexida.

Quero felicitar, en primeiro lugar, a todos os membros do sector que no seu momento viron clara a necesidade de diferenciarse a través dunha certificación de calidade. Tamén me gustaría salientar o apoio do Ministerio de Agricultura e Pesca, da Secretaría General de Pesca Marítima e do comisario de Pesca da Unión Europea, Joe Borg, que amosou dende o principio o seu apoio a esta iniciativa a pesares de ser a Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea a que ten competencias nesta materia. Asimesmo, quero felicitar a todos os que deron os primeiros pasos de cara á Denominación de Orixe Protexida. Aos que xa non están na primeira liña do sector, pero sentaron as bases do seu futuro. A todos eles temos que agradecer o esforzo, e incluso o custe persoal, volcado na consolidación do sector mexilloeiro galego. Vexo a algúns deles aquí, entre nós. Moitas grazas polo voso empeño. Pídovos un forte aplauso para eles.

Chegar ata aquí non foi doado. A historia do sector mexilloeiro galego escribiuse a través de grandes avances e tamén de tramos de camiño desandado. Pero hoxe estamos na ría de Arousa, na orixe do sector mexilloeiro, para falar de futuro.

A Denominación de Orixe Protexida significa a satisfacción do recoñecemento da Unión Europea ao voso sistema de traballo e ao mexillón de Galicia. Supón un impulso cualitativo na evolución do sector e no seu posicionamento no mercado. E significa sobre todo unha grande responsabilidade. Significa ratificar o compromiso de todos os produtores galegos co estándar de excelencia na calidade dos procesos de produción e, polo tanto, do mexillón de Galicia. Temos por diante 6 meses de traballo para ratificar o que hoxe nos concedeu a Unión Europea.

Neste escenario, será clave o papel do Consello Regulador do Mexillón de Galicia como máximo responsable da estrutura de control da Denominación de Orixe Protexida. O Consello Regulador xestionará as etiquetas, os rexistros: de bateas, de centros de depuración e de elaborados. E vai ser o garante da calidade dos procesos de produción e do mexillón diferenciados co distintivo da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

Todas as entidades que formamos parte do Consello Regulador, é decir, o conxunto do sector e a propia Consellería de Pesca, estamos dende hoxe comprometidas máis que nunca neste obxectivo. Estou convencida de que, entre todos, faremos da Denominación de Orixe Protexida o emblema dunha nova etapa na evolución do sector mexilloeiro galego. Chegou o momento dun sector compacto. Chegou o momento dun sector exercendo en bloque o seu liderado nos mercados internacionais cun produto de calidade certificada. Ese modelo de sector polo que todos levamos anos traballando. Adiante! Tedes a oportunidade nas vosas mans!

Moitas grazas.

R., 2006-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES