Noticias

Creado el voluntariado de activación lingüística para promover la lengua y cultura gallegas

El programa, al que se puede acceder a través de la web www.valingua.org, se pone en marcha de forma experimental en Santiago de Compostela.

La Vicepresidencia de la Xunta de Galicia pone en marcha de forma experimental en Santiago de Compostela el programa de voluntariado de activación lingüística por el que personas que hablan gallego comparten su tiempo con quienes desean aprender o perfeccionar el uso de la lengua de Galicia, practicando conversación para ampliar los conocimientos.

El programa, al que se puede acceder a través de la web www.valingua.org, cuenta con la colaboración de la Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia y el principal objetivo es fomentar el uso del gallego y el conocimiento de la cultura de Galicia, así como activar la solidaridad y el intercambio cultural.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Vicepresidencia da Xunta -a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade- e A Mesa pola Normalización Lingüística poñen en marcha por primeira vez en Galiza un programa de voluntariado lingüístico, unha iniciativa deseñada para promover a cultura e a lingua galega e para activar a solidariedade e o intercambio cultural. O programa foi presentado en Compostela polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón; e o concelleiro de cultura de Santiago de Compostela, Néstor Rego.

Na presentación deste programa, o vicepresidente salientou que, para construír unha Galiza máis igualitaria e solidaria, “debemos dar saída ao potencial que como galegos e galegas temos”, e unha desas potencialidades que se debe impulsar é a da lingua e a cultura galegas, historicamente maltratadas e aínda con moito por descubrir. Quintana indicou que o voluntariado lingüístico vai servir para promover espazos para o uso do galego e para a interrelación social entre as persoas, de aquí e de fóra, algo que redundará no desenvolvemento dunha Galiza máis plural, máis solidaria e máis orgullosa de si mesma.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, subliñou a colaboración entre a Administración e o movemento cidadán e manifestou que este programa quere contribuír a “un futuro baseado no diálogo, a intercomunicación e a pluralidade cultural”. O concelleiro de cultura de Santiago, Néstor Rego, sinalou que “hai máis de mil anos que a cidade de Santiago é un símbolo do diálogo e o intercambio cultural” e sinalou que a capital “acolle feliz” esta experiencia pioneira que se irá estendendo progresivamente a toda Galiza.

Programa

É unha iniciativa aberta dirixida tanto a persoas individuais como a asociacións e organizacións. As persoas interesadas en participar só teñen que cumprir un requisito: ser maiores de idade. A partir de aí, poden anotarse nunha das dúas categorías que estabelece o programa: ou voluntarios ou activos. As persoas voluntarias deben ter un bo nivel de galego e, a través deste programa, compartirán os seus coñecementos da lingua e da cultura galega con outras persoas que o precisan (as activas). Pola contra, as activas son aquelas persoas que desexan coñecer máis sobre Galiza e sobre a súa lingua e cultura. En moitos casos, as activas poden ser persoas que veñen de fóra para instalarse temporal ou permanentemente no noso país (estudantes, traballadores, etc), pero tamén pode ser calquera galego ou galega que queira afondar no coñecemento da nosa realidade.

A Universidade de Santiago de Compostela vai integrar o programa como fórmula de acollida dos estudantes foráneos para o vindeiro cuadrimestre.

O programa de activación lingüística está tamén aberto a asociacións e organizacións que se queiran sumar. Só teñen que cumprir tres requisitos básicos: promover a participación e o desenvolvemento no programa, ter un uso do galego preferente na súa actividade e documentación e fomentar o achegamento de persoas foráneas á organización.

Desenvolvemento

O programa consiste en promover a formación de parellas de voluntarios e persoas (activas) que queiran aprender máis sobre a lingua e a cultura galegas. A cada voluntario asignáselle un activo e ambos comprométense a relacionarse un mínimo de 20 sesións dunha hora, coa premisa de falar galego ou de tentar falalo o máximo posíbel. A persoa voluntaria encárgase de guiar a persoa activa no maior coñecemento da cultura e da lingua galega. Trátase de superar as dificultades de falar en galego e poder aplicalo á vida cotiá, ademais de promover en moitos casos a relación de persoas de distintas culturas. As parellas que se conformen poderán facer aquilo que sexa do seu interese, dende falar e xantar até ir ver unha exposición ou facer trámites administrativos.

No caso das persoas activas que sexan de fóra, facilitaráselle a súa estadía en Galiza, podendo apreciar ademais a diversidade das manifestacións culturais galegas, xa que o programa propiciará ademais actividades de lecer e de intercambio. Foméntanse así as relacións interculturais e o intercambio de experiencias tendo como vehículo fundamental a lingua galega.

Todas as persoas e asociacións interesadas nesta iniciativa poden obter información sobre a mesma na páxina web www.valingua.org, (onde mesmo xa se poden inscribir), no teléfono 900 400 800 da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e no teléfono 981 563885 da Mesa.


R., 2006-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES