
El rector de la Universidad de Santiago de Compostela, Senén Barro, ha anunciado que la junta de Gobierno del centro ha decidido por unanimidad «rechazar» la concesión del título de doctor honoris causa otorgado al dictador Francisco Franco en 1965. Barro ha precisado que Franco «no disponía de los méritos académicos suficientes» para atribuirle este título que, sin embargo, se le otorgó en un momento en el que ejercía de máximo representante del Estado, según ha argumentado.
Entre los distinguidos con este título de la Universidad gallega figuran el ex presidente argentino Raúl Alfonsín, el ex presidente uruguayo Julio María Sanguineti, el ex presidente portugués Mario Soares y, más recientemente, el actual presidente de Brasil, Lula da Silva, quien todavía no ha podido desplazarse a Galicia para ser investido con este galardón.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela acordou na súa xuntanza do xoves 10 de novembro de 2006 rexeitar a concesión do título de doutor honoris causa ao ditador Francisco Franco, que contaba con este grao honorífico en Ciencias dende o 27 de xullo de 1965. Os presentes na reunión acordaron por asentimento revogar o título a Franco por entender que non reúne méritos científicos nin persoais para ostentar dita honra. En consecuencia, retirarase da listaxe de ilustres honoris causa da USC.
Os Estatutos da USC sinalan, no seu artigo 163.1, que o grao de doutor honoris causa se lle recoñecerá a aquelas persoas físicas sobranceiras no eido da investigación ou da docencia, no cultivo das artes e das letras, ou ben daquelas actividades que teñan unha repercusión notoria e importante desde o punto de vista universitario no terreo científico, artístico, cultural, tecnolóxico e social.
O réxime político ditatorial do que Francisco Franco era o máximo representante e a falla de liberdade e democracia hai catro décadas non eran alleos á Universidade, carente de autonomía para decidir practicamente sobre calquera ámbito, circunstancias nas que lle foi concedida a distinción ao ditador. A vontade libre da Universidade, argumentan os promotores da iniciativa, era así anulada por completo de tal xeito que, a diferenza doutros supostos de doutorado Honoris Causa outorgados incluso na mesma época histórica, non se concedera a honra a un prestixioso persoeiro das letras e das ciencias, senón ao xefe dun Estado fascista carente de calquera mérito científico, artístico, cultural, tecnolóxico e social.
Aínda que a USC non pretende revocar actos administrativos de hai mais de corenta anos, si busca con esta medida realizar actuacións que axuden a corrixir puntos negros da historia da universidade e restauren a dignidade da institución.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.