Presidencia ha confirmado la dimisión de José Rodríguez González, director xeral de Función Pública, tras la crisis desatada por la desaparición de unos exámenes ya realizados de una oposición de aparejadores. «Aunque por ahora no se conocen las causas de estos hechos, el director xeral asumió su responsabilidad política y ha renunciado a su puesto», confirma la Xunta.
El departamento liderado por Méndez Romeu ha decidido abrir una investigación sobre la pérdida de las hojas de examen del primer ejercicio de la oposición de arquitectos técnicos «para determinar las causas de que no se localice la prueba y depurar consecuentemente las posibles responsabilidades». El resultado de estas indagaciones se pondrá a disposición de la Fiscalía.
La Xunta ha anunciado que repetirá la prueba a los aspirantes que se presentaron al examen. El tribunal de la oposición se reunirá con urgencia para determinar la nueva fecha «con la mayor brevedad posible y con el fin de ocasionar el menor perjuicio a los opositores».
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia de la Xunta:
José Rodríguez González presentou ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a súa dimisión como director xeral de Función Pública, logo de coñecer a desaparición das follas de exame do primeiro exercicio da oposición de Arquitectos Técnicos (Grupo B). Aínda que polo de agora non se coñecen as causas destes feitos, o director xeral asumiu a súa responsabilidade política e renunciou ao seu posto.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ordenou a apertura dunha investigación para determinar as causas de que non se localice a proba e depurar consecuentemente as posibles responsabilidades. Do resultado da investigación se dará conta á fiscalía.
A Xunta de Galicia repetirá dita proba aos aspirantes que se presentaron ao exame. Así, o Tribunal da oposición reunirase de inmediato para fixar á maior brevidade posible unha nova data de realización do primeiro exercicio, co fin de ocasionar o menor perxuízo aos opositores.
Sobre o extravío de exames feitos tras unha oposición, o conselleiro explicou que, en primeiro lugar, o Tribunal terá que adoptar unha decisión que pasa obviamente pola máis que probable repetición do exame. Méndez Romeu afirmou así mesmo que xa se ten iniciada unha investigación que dará lugar a responsabilidades administrativas ou xudiciais, e lembrou así mesmo que ten dimitido o director xeral de Función Pública, José Rodríguez González, asumindo así a responsabilidade no sucedido, con independencia do resultado da investigación.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.