
El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, ha presentado la Red Gallega de Centros de Día, que prevé el funcionamiento de 61 centros en las cuatro provincias gallegas a finales de 2007, y aseguró que la aspiración del Gobierno es que haya uno en cada ayuntamiento de la comunidad.
En rueda de prensa en la sede de Vicepresidencia, Quintana ha detallado que su departamento destinará 6,3 millones de euros a un total de 80 centros, entre los que además figuran miniresidencias y viviendas comunitarias, y agregó que esta Red se gestionará a través del Consorcio Gallego de Servicios Sociales, una entidad pública en la que participan la Xunta y, hasta el momento, 90 consistorios.
El objetivo de esta iniciativa es, según el vicepresidente gallego, que las personas mayores y con algún tipo de dependencia puedan recibir la atención que necesiten «sin que tengan que abandonar su casa, pueblo o barrio».
Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta:
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana presentou en Santiago a Rede Galega de Centros de Día no que a Vicepresidencia investirá 6.313.479 euros con actuacións nun total de 80 centros. Esta rede de centros xestionarase a través do Consorcio Galego de Servizos Sociais, entidade participada polos concellos e a Xunta de Galicia.
As actuacións previstas, que executarán os concellos, son a construción de 45 novos centros, 32 deles serán centros de día, 12 miniresidencias e 1 vivenda comunitaria cun importe de 4.564.033 euros. Ademais reformaranse 10 centros de día, 1 residencia e 1 vivenda comunitaria e ampliaranse 2 centros de día, cun importe de 1.012.175 euros. A Vicepresidencia tamén financiará con 608.052 euros o equipamento de 16 centros de día, 2 centros residenciais e 1 vivenda comunitaria. Finalmente, destinaranse 129.217 euros a adquisición de inmobles para a construción de 1 centro de día e 1 miniresidencia.
Esta primeira fase da Rede Galega de Centros de Día, entraría en funcionamento, de xeito paulatino, entre finais do ano 2007 e principios do 2008.
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, sinalou que o obxectivo desta rede é acadar que todos os concellos de Galicia dispoñan dun centro de día, porque o que se pretende é ofrecer servizos á xente maior ou as persoas dependentes para que podan continuar coa súa vida no seu propio espazo habitacional.Trátase pois, segundo dixo, dun servizo complementario ao das residencias e co que se busca un envellecemento activo das persoas maiores.
Estas actuacións enmárcanse dentro da liña de axudas ao investimento en centros de titularidade municipal, o que pon de manifesto a cooperación co eido local. O financiamento para a adquisición, construción, ampliación ou equipamento de centros de día, centros residenciais e vivendas comunitarias, responde ás solicitudes recibidas polos concellos e outorgáronse en función da capacidade de execución de cada entidade local.Esta rede de centros xestionarase a través do Consorcio Galego de Servizos Sociais.
O obxectivo da Rede Galega de Centros de Día é ampliar e fortalecer os servizos de atención diúrna co fin de construír unha verdadeira rede con capacidade para prestar servizos próximos e de calidade aos galegos e galegas que están en situación de dependencia, favorecendo a permanencia no entorno propio, a integración e o benestar social. Trátase de prestar unha atención igual para cidadáns iguais, independentemente do lugar onde vivan superando así, as dinámicas de desequilibrio territorial. Outro obxectivo é estender a ratio de cobertura dos centros residenciais así como poñer en marcha alternativas residenciais para maiores e para persoas con discapacidade. Finalmente tamén se pretende impulsar a corresponsabilización e a colaboración interadministrativa na aposta polo investimento social.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.