Noticias

Presentados los conciertos que darán ritmo a las fiestas de San Froilán 2006 en Lugo

Pablo Milanés, Ojos de Brujo, Falete y Susana Seivane, entre los conciertos programados.

Las fiestas de San Froilán, que se celebran en Lugo del 4 al 12 de octubre, acogen un total de 21 conciertos musicales para jóvenes y adultos y 30 actividades para los más pequeños. Estos festejos disfrutarán por primera vez de la consideración de fiestas de interés turístico nacional, lo que permitirá, entre otras ventajas, su divulgación por todo el mundo, a través de Tur España, tal y como ha destacado la concejal de Cultura, Concepción Burgo. Uno de los objetivos de estas fiestas es, según ha indicado Concepción Burgo, es «superar» los 400.000 visitantes que acudieron a Lugo el pasado año para disfrutar de la programación del San Froilán.

Durante estos días se pueden contemplar, entre otras, las actuaciones de Pablo Milanés, Los Sabandeños, Susana Seivane, Falete, Najwa, Ismael Lo, Loquillo y los Trogloditas, Huecco, Rosario, Ojos de Brujo o Barricada.

Burgo hizo hincapié en que se trata de un programa con una estructura donde se mezcla la cultura tradicional con la moderna, hasta conseguir unas actividades «equilibradas y donde todos los gustos encontrarán algo de su interés». Una de las novedades de este año es que se celebrarán conciertos en lo que se denominada como «nueva plaza de Ramón Ferreiro», donde se ubicará el escenario «más grande del mundo» que se trae desde Lisboa (Portugal).

Nota remitida por el Gabinete de Prensa del Concello de Lugo:

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentaron o programa oficial das festas de San Froilán 2006, que teñen lugar entre o 4 e o 12 de outubro. “Quere responder ó compromiso que ten este equipo de goberno de ofrecerlle ós lucenses e visitantes cada ano as mellores festas”, afirmou o rexedor. O amplo programa, que aposta pola calidade e unha gran variedade para chegar a todos os públicos, combina a tradición e a modernidade e está marcado pola estrea de ser de Interés Turístico Nacional desde o 16 de maio. Na edición anterior, 400.000 persoas participaron no San Froilán.

Ducias de actos gratuítos conforman o programa oficial do San froilán. “Somos a única cidade de España que ofrece unhas festas destas características totalmente gratis”, subraiou Concepción Burgo. Celebraranse 21 concertos con 30 artistas. Apostouse pola calidade, “nunca apostamos polo éxito fácil, polo máis comercial... senón por varios artistas dunha importante calidade e éxito”, explicou a Concelleira. Os principais artistas son: Ojos de Brujo –un dos grupos españois con maior proxección internacional-, Rosario, Pablo Milanés, Los Sabandeños, Susana Seivane –que fará de pregoeira tamén o día 4-, Falete, Najwa, Nena Daconte –rachou nas listas de música deste verán e foi seleccionada como cantante da Volta Ciclista-, Ismaël Lô –unha das primeiras figuras musicais de África-, Loquillo y los Trogloditas, X Alfonso –ofrecerá en Lugo o seu primeiro concerto en España en gran formato acompañado por 17 músicos no escenario móbil máis grande do mundo; foi este ano Premio da Música en España, ó igual que en edicións anteriores Shakira ou Juanes-, Los Lunnis, Huecco, Josele Santiago, Proxecto Diversons, Lamatumbá, Xira dos 100 anos de Estrella Galicia –con La Banda del Camión, Juan Rivas, The Gift, Iván Ferreiro, Miguel Costas & Silvia Superstar-, Barricada, etc.

É de subraiar a importancia que terán os grupos locais que forman parte do censo municipal de música. 7 grupos actuarán de teloneiros nos grandes escenarios ou ofrecerán concertos propios. “Cremos que hai que darlle unha plataforma a estos grupos. Temos moitos grupos e moi bos”, dixo Burgo.

Destacan 4 sesións de pirotécnica, 11 actuacións de orquestras, a celebración do IV Festival de Folclore Internacional, actuacións todos os días de música tradicional nas rúas da cidade, a clásica apertura das Portas da Muralla–a cargo das entidades sociolaborais-, animación na rúa, a tradición do polbo á feira, etc.

Presentarase o terceiro libro da colección O San Froilán dos Devanceiros, unha obra de Fernando Arribas Arias sobre o cine en San Froilán que recuperará parte da Historia lucense. Haberá dúas exposicións abertas ó público en colaboración coa Xunta de Galicia, ademais da celebración de Expolugo 2006. As mostras son: “San Froilán. Culto e Festa” e a continuación da exposición “Os capítulos da Irmandade”.

San Froilanciño: “Por segunda vez nestes anos imos dedicar un programa especial para os máis pequenos: o Sanfroilanciño. Reúne 30 actividades gratuítas e ten como gran espectáculo Los Lunnis”, dixo a Concelleira.

O punto central de referencia deste programa será unha carpa instalada na praza do Campo Castelo.

• No Festival Internacional de Monicreques participarán nove compañías de prestixio procedentes de Kenia, Arxentina, Bélxica, Alemaña, Brasil, unha de Aragón e tres máis de Galicia.

• Complementarán estas actuacións grupos de teatro de rúa: Cornelius Estratokaster, Arturello di Popolo, Raúlez, Teatro Bruto, Teatro Caramuxo, Fredi-Circanelo, Os Sete Magníficos Máis Un.

• Haberá xogos de materiais reciclados o día 11 na praza Maior. Na carpa do Campo Castelo, ás 19.30 horas haberá espectáculos de maxia, contacontos, pallasos ( Willy Monroe, Magos Rafa e Teto, Pallaso Tanito e Máxico Brais, Ana Carreira, Codia e Miolo e Maricuela) e un espectáculo formativo de Ciencia Divertida os días 9 e 10.

• Este ano haberá un espectáculo de gran formato, Los Lunnis, o sábado día 7 ás 13.00 horas no patio do Seminario. É axeitado para nenos entre 2 e 10 anos acompañados dos seus pais.

San Froilán deportivo: Comprende 26 actividades de 18 modalidades deportivas diferentes nas que participarán 2.500 deportistas. É unha das bazas das festas na que se fixo un gran esforzo. O XXXII Torneo de Iudo e o XXIX Memorial de Atletismo Gregorio P. Rivera son algunhas das actividades máis destacadas. O colofón chegará coa Gala do Deporte Lucense no Auditorio Municipal o día 12 ás oito e media da tarde.

Ventaxas como festa nacional: O San Froilán terá máis promoción ca nunca. Editaranse 55.000 programas de adultos e 3.500 programas do San Froilanciño. 15.000 carteis de promoción están distribuídos por toda España e 3.500 do San Froilán dos nenos. A isto hai que engadir 5.000 revistas sobre as festas –non editada polo Concello e, polo tanto, totalmente gratuíta para as arcas municipais- e 500 quilos de caramelos.

As ventaxas desta edición xa se deixaron notar, como sinalou Concepción Burgo. En primeiro lugar, notouse a nova condición de Fiesta de Interés Turístico Nacional nos patrocinadores. A diferenza doutros anos, grandes empresas dirixíronse ó Concello para patrocinar economicamente as festas ou colaborar nelas. Concepción Burgo destacou a Xunta de Galicia, Fundación Caixa Galicia, Movistar, Estrella Galicia, La Caixa, Caixanova, Begano e Café las Candelas.

Outra novidade é a proxección exterior a través de Turespaña. San Froilán forma parte das 87 festas que hoxe son de Interés Turístico Nacional, estará pois en 31 oficinas en 23 países desta entidade e en 194 feiras turísticas internacionais. De feito, San Froilán xa están en webs estranxeiras como a web turística danesa. “É unha promoción impagable que en anos sucesivos será aínda maior”.

R., 2006-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (escolarizacion.jpg) Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantís: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.
Foto de la tercera plana (sergas-camas.jpg) Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da Secretaría de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñía desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.

Notas

Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que científicos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en química, física, bioloxía, medicina, nanotecnoloxía e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por título 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanía a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES