
La Librería Paz ha sido galardonada con el Premio Ourense de Banda Diseñada en reconocimiento a su trayectoria pionera en Galicia. Destacar la importancia que tiene la librería en la difusión de la banda diseñada y defender al sector librero gallego son los principales objetivos de este galardón.
Nota remitida por la Casa da Xuventude de Ourense:
O Premio Ourense de Banda Deseñada, con que cada ano a Casa da Xuventude e mais a Concellaría de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense buscan distinguir unha iniciativa ou unha traxectoria dentro da banda deseñada galega, recae este ano na pontevedresa Libraría Paz, á fronte da cal se encontra Cano Paz.
A Libraría Paz, unha das pioneiras no país en prestar atención especializada á BD, tense distinguido por ser unha das grandes difusoras do medio, percorrendo media Galiza a través de feiras e eventos de todo tipo. Así foi como moitos afeccionados aos cómics puideron, durante moitos anos, acceder aos álbums e revistas que non chegaban ás librarías e aos quioscos en lugares como a cidade de Ourense.
Hoxe, afortunadamente, as librarías especializadas e as xeneralistas que prestan unha atención notábel aos cómics son unha realidade ao longo do país, mais non en 1990, cando Cano Paz decidiu dedicar á banda deseñada boa parte da libraría fundada polos seus pais (Isidro Paz e Dolores García) en 1968. Así, a Libraría Paz e outras iniciativas ao longo da xeografía galega algunhas aínda en activo, como a Libraría Komic, de Santiago foron abrindo camiños para que a percepción social dos cómics fose gañando parte do espazo que lle pertence.
Non hai que esquecer que, ademais de ter levado a BD a moitos lugares, Cano e a Libraría Paz están detrás do proxecto BD Banda desde os seus inicios, cando a edición de BD galega estaba ben lonxe do que está chegando a ser.
Outorgar este premio a unha libraría pretende salientar a importancia capital que para a banda deseñada supón a súa difusión a través delas, e defender un sector, o dos libreiros, que é o punto de contacto directo co público e o máximo axente divulgador da Novena Arte. Do compromiso e a sensibilidade cultural dos libreiros depende boa parte do futuro dos cómics na nosa sociedade.
O Premio Ourense de Banda Deseñada entrégase no transcurso das Xornadas de Banda Deseñada (cuxa décimo oitava edición decorre entre o 4 e o 22 de outubro); está dotado cunha estatuíña deseñada expresamente para a ocasión polo artista plástico Manolo Figueiras.
Até o de agora, foron galardoados co Premio Ourense nesta categoría Xaquín Marín, Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais, Miguelanxo Prado, A Nosa Terra, o equipo de A Familia Perpetua (Carvallo, Héitor e Robledo), a Deputación da Coruña, a Biblioteca Club 33 de Santiago, Fausto Isorna, o programa Xabarín Club, o Festival Viñetas desde o Atlántico, Fran Jaraba, a Deputación de Lugo, o Consello da Cultura Galega, a revista Golfiño, Pepe Carreiro, o Colexio de Arquitectos de Galicia e a revista BD Banda.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.